A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Convocatoria da Plataforma Galiza Pola Republica e o Direito a Decidir
Corrente Vermella apoia a concentración convocada pola Plataforma Galiza pola República e o Direito a Decidir, o sábado 21, ás 18.30 no Obelisco (A Coruña).

A fuxida do rei “emérito”, polas sospeitas mais que fundadas da sua andaina corrupta, puxo branco sobre preto o que realmente significa a monarquía no estado español; unha institución da que non lles importa o seu grado de corrupción se serve para garantir a “unidade da patria española” e os seus negocios.

A corrupción do “emérito” cos pagos de Arabia Saudí non só beneficiáballe a el, mas tamén a toda a “corte” de empresarios da construción e banqueiros, que eran os que facían os negocios; el so era un “comisionista” ao servizo dos interese desa corte.

A existencia da monarquía é a que garante a estabilidade política e xurídica necesaria para que esa corte poda seguir facendo os seus lucrativos negocios. Se cobran ou non “comisións” é secundario, pois o seu salario “base” xa está nos Orzamentos, que este ano suben un 9%. Será para substituír a perda das comisións de Arabia Saudí?. Mentres, a clase traballadora e a poboación sofren ERTEs, ameazas de desafiuzamentos, cortes de luz e auga, e mais pobreza, peches de pequenos negocios, etc.

Por iso, manteñen a monarquía contra vento e mare, porque é a única maneira que teñen de manter o chiriguinto que herdaron do franquismo. Esta institución é a cabeza dunha constitución e unha morea de institucións que defenden eses negocios, o poder xudicial e o exercito principalmente; onde o termo “democracia” permite-lles tapar a suas vergoñas neofranquistas. Acabar coa monarquía supón romper con todas as institucións e a constitución que conforman o “réxime do 78”.

Agora, cunha pandemia que comezou como un problema de saúde transformouse, polas políticas dos gobernos, nunha verdadeira “pandemia económica e social”; a sua negativa rotunda de fortalecer os servizos públicos, a sanidade, a educación, os transportes, etc., deixoulles so unha alternativa: as medidas restritivas sobre a poboación. O medo ao contaxio fai o resto e as transforma a meirande parte das veces en autorrepresión e autocensura.

Esta “pandemia económica e social” que traduce-se en paro, precariedade a mais pobreza para a poboación traballadora, tensa todas as relacións sociais desde os particulares da xente que ve en perigo o seu posto de traballo, a sua vivenda, os seus servizos básicos, ate os mais complexos,que coa pandemia, as tensións sociais aumentan, froito do empobrecemento da sociedade, o neofranquismo instalado no aparello do estado sae a relucir nas políticas de restrición das liberdades, baseado no medo inducido na sociedade.

A loita por un Plan de Emerxencia Social que enfronte á pandemia desde as necesidades sociais e non da defensa dos beneficios das empresas e bancos, bate de fronte coa existencia dun réxime que é a garantía deses beneficios.

Un Plan de Emerxencia Social que garanta uns servizos públicos fortes fronte a pandemia, que nacionalice á industria estratexica e esencial, como a a banca, a enerxía, as farmacéuticas ou o transporte,... para garantir os direitos sociais (luz, auga, vivenda,...) e todos os postos de traballo, que adopte medidas para evitar o empobrecemento masivo da poboación traballadora (autónomos, etc.), é inconcibible nun réxime cunha familia o fronte que o longo dos anos foi a “comisionista” desas empresas e bancos.

Se a poboación traballadora quere que os seus servizos, o seu posto de traballo, a sua calidade de vida, mantéñase non ten outra saída que enfrontar a quen é a cabeza visible de que iso non suceda, a monarquía e o réxime do 78, cos seus gobernos o frente.

Mas é claro que iso supón, non só abrir un proceso constituínte para substituír o rei por un presidente; senón que ese proceso constituínte ten que ir mais aló: disolver as institucións herdadas do franquismo, como a Audiencia Nacional, derrogar toda a Constitución do 78, que impide o direito a decidir dos pobos, e da lexislación que da impunidade aos criminais da ditadura, como a Lei de Amnistía, expropiar e nacionalizar todas a empresas que beneficiaron-se da ditadura, que constitúen o 60% do IBEX 35.

A ruptura co réxime do 78 non pode pararse nun cambio cosmético, mantendo o “ovo da serpe”, o capitalismo que financiou e beneficiouse isto 80 anos grazas a existencia desas institucións. O camiño da ruptura co réxime do 78 é o camiño da ruptura co capitalismo, e a loita pola transformación socialista da sociedade.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-11-2020 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0