A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A SOLUCIÓN: NACIONALIZACION XA!

As plantillas de Alcoa de San Cibrao e AluIbérica na Coruña e Avilés levan meses de loita contra o peche e na defensa dos seus postos de traballo.
No caso da Coruña e Avilés, cando Alcoa quixo marchar, a solución dos gobernos da Xunta e central foi buscar outra empresa privada que a comprase. Solución nefasta: despois de máis dun ano as plantas seguen sen ter carga de traballo pola falta absoluta de plan empresarial, houbo unha venta fraudulenta a outra empresa polo camiño, e as e os traballadores, que seguen a manifestarse nas rúas, están a sufrir unha dura represión sindical.

Alcoa en San Cibrao continúa a súa folla de ruta. E os gobernos propoñen a mesma ?gran idea?: ?Non vos preocupedes! Nós buscamos unha empresa compradora!?. Ten que ser unha tomadura de pelo, para a plantilla.

Alcoa negocia e despois deixa de negociar, porque non se quere desfacer exactamente de toda a planta, e ó final anuncia que bota á rúa a case toda a plantilla. E volven a aparecer os gobernos e as súas ocurrencias, esta vez aprobando unha moción.

Qué aprobou o Congreso?

PSOE e PP aprobaron no Congreso, a iniciativa do BNG, una moción para a ?intervención pública temporal para a súa posterior venda a un investidor privado que garanta un proxecto industrial viábel, para o mantemento da actividade industrial e dos postos de traballo na factoría de Alcoa en San Cibrao?.

De verdade que a solución segue sendo a Intervención, para que? Para canto tempo?


Que oculta o goberno e por qué o apoia o PP?


O goberno ten un proxecto chamado Axenda 2030 que ten o obxectivo de reformar a economía para facela máis sostible. Por qué non aproveita o goberno a oportunidade de poñer a súa axenda en práctica directamente, en lugar de intervir temporalmente a planta para venderlla a unha empresa privada?

A ?intervención temporal? é pan para hoxe e fame para mañán, porque todo plan de transición ecolóxica que actúe baixo criterios de rendabilidade de empresas privadas vai traer mais cedo que tarde custes sociais, en postos de traballo, saqueo do público, condicións de vida e laborais. A intervención temporal somentes servirá para que o goberno de turno, sexa POSE-PODEMOS ou PP, volva invertir millóns e millóns de cartos públicos en poñer a planta ó gusto do futuro comprador; que se suman ós millóns e millóns en subvencións que apañou Alcoa e que parece que non pensa devolver. Esta é a idea de PSOE e PP: continuar as políticas neoliberais destes anos poñendo todos os recursos públicos a disposición do capital privado.

Esa transición ecolóxica da que PSOE-PODEMOS falan é outra mentira mais se non se leva a cabo mediante a nacionalización das eléctricas e as empresas estratéxicas como Alcoa e AluIbérica. É a única garantía de non destruir mais postos de traballo e poñerlo ao servizo das necesidades socias, agudizadas baixo a pandemia para a maiora da poboación traballodra.

En definitiva, vemos para San Cibrao o mesmo plan que para as plantas de Coruña e Avilés.

E para iso tanto tempo? Para iso tanto tempo de loita dos e das traballadoras, tempo en folga, de pasar frío, de viaxar a Madrid? De verdade seguimos a pensar que existen os reis magos? De verdade as direccións sindicais seguen pensando que a Xunta do señor Feijóo vai a facer algo para conservar os postos de traballo, cando está deixando morrer a industria en Galicia? De verdade as direccións sindicais que xa firmaron a venda de Coruña e Avilés, seguen confiando nestes gobernos que aínda despois dun ano non garanizan do proxecto prometido? De verdade a clase obreira seguimos a pensar que a solución é unha INTERVENCIÓN do goberno do capital e non unha NACIONALIZACIÓN baixo control obreiro?

Non parece tan díficil nacionalizar. A desnacionalización foi ben fácil: o que antes era público pasou a mans privadas en 1998 cando o estado vendeu a Alcoa estas fábricas. Tampouco o resgate aos bancos en 2008 foi tan complicado: nacionalizaron as perdas, privatizaron os beneficios, e a vivir do conto.

Pero ante o plan clarísimo dos directivos de Alcoa dende hai anos, e a colaboración dos gobernos, as direccións sindicais seguen respostando co ?sálvese quen poida?. Agora que lle toca a San Cibrao, seguen a plantexar mobilizacións divididas coma se fosen problemas diferentes por ser fábricas ou empresas diferentes. E non o son. Como demostra a historia ata o de agora, o problema seguirá si esto se afrenta de maneira dividida. A unidade fai a forza.

Corrente Vermella e a Liga Internacional dxs Traballadorxs insistimos en que a única solución para garantir os postos de traballo e o mantemento dunha industria sostible en Galicia é impoñer a nacionalización das industrias estratéxicas como Alcoa e AluIbérica.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 15-10-2020 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0