A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Á MONARQUÍA DERRÓCASE NA RÚA
O circo do Réxime do 78 continúa sen o mínimo de pudor. A Fiscalía española prefire investigar a xente que chama ?ladrón? aos Borbóns antes que aos propios Borbóns!! Todo moi "normal" e tamén moi práctico para as organizacións reformistas disfrazadas de rupturistas que agora poden lucir medallas sen facer realmente nada para derrubar este Réxime. Todo perfecto e o circo segue igual.

O fuxido rei emérito é o mesmo que onte era presentado como ?o mellor embaixador de España?. O mesmo que metera no peto, dende os anos 80, fabulosas comisións por cada barril de petróleo saudita, pola venda de armas españolas ou por facer de intermediario ?rexio? das grandes empresas do IBEX 35 coas cales comparte impunidade; o mesmo que estaba detrás do ?caso Noos? e é tambén o mesmo que estaba detrás do xeneral Armada do 23F, mais foi santificado despois como o ?grande defensor da democracia española?.

Que o Estado Español está cheo de franquistas, sabémolo todas e todos.

Son estes aos que non lles importa a existencia da Monarquía, pois é o réxime herdeiro dos golpistas criminais que destruiron a II República na Guerra Civil. E eles se consideran herdeiros deses golpistas de Franco. É un réxime de continuidade do fascismo cun verniz democrático.

A estes, non lles importa que o Xefe de Estado reciba unha fortuna mensual e viva de facer pose coa súa familia en propiedades luxuosísimas pagadas co suor de milleiros e milleiras de traballadoras currando a tempo completo, horas extras e, aínda así, vivendo na precariedade, sendo despedidos cando os seus xefes non lucran o que querían.

Eses son aos que non lles importa que, con todo ese luxo, o Xefe de Estado aínda acepte sobornos de empresarios/as, roube dos cofres públicos e fuxa do país con centos de millóns de euros.

A eses neofranquistas non lles importa que o Xefe de Estado sexa hereditario, non sexa electo polo pobo, por iso a eses non lles importa que o Goberno mande a policía botar malleiras a cidadáns que queiran votar.

A eses lles interesa este Réxime neofranquista, esta Monarquía corrupta, porque é o que mantén os privilexios económicos e ditatoriais da burguesía e aristocracia española.

Porén, o goberno do PSOE-PODEMOS limitábanse a dicir que non sabían onde estaba e a separar o mandato de Juan Carlos I do de Felipe VI como se non fosen a mesma institución, e Iglesias limítase a dicir que é indigno que fuxe do país, que ten que ser xulgado aquí.

Onde están os que se declaran republicanos de boquilla? Nin están, nin se lles espera porque son parte do Réxime, tanto é así que en Marivent, este verán, están Ministros/as do PSOE apoiando á Monarquía para que non caia. E a vida de eles continúa. E a nosa, a da clase obreira, cada vez mais pobres e mais explotados/as.

Mais onde están os e as traballadoras que saen perdendo?

Onde están as fillas e os fillos dos que foron asasinados polos franquistas?

Onde están os e as traballadoras que están no paro, en ERTES, nas listas de espera para consultas médicas, na rúa sen casa, sen comida e sen traballo?

Non hai máis espazo para esa humillación. Para loitar por un verdadeiro plano de rescate á clase traballadora, destruamos ese Réxime monárquico corrupto!!

Se acabamos con esta Monarquía corrupta, dinamitaremos un réxime feito a medida dos grandes empresarios do IBEX 35 no cal as vellas élites franquistas continuaron vivendo e seguen medrando.

Que devolvan o roubado!

Que sexan xulgados e paguen co cárcere polos seus delitos.

Temos que nos organizar, ir ás rúas, manifestarnos para derrocar ese Réxime corrupto.

Chamamos a unir forzas para mobilizarnos contra a Monarquía corrupta!

Chamamos a unir forzas para loitar por um referéndum!

Non podemos deixar esta tarefa para os partidos que se din republicanos con aprobar mocións nas institucións, con iso non chega.

Nas administracións, non farán nada pois son parte do sistema. Se queremos librarnos deste lastre que nos impide de saír da precariedade, temos que actuar dende os barrios e vilas, dende os centros de traballo, na rúa, o noso único campo de batalla.

Abaixo a Monarquía corrupta!

Referéndum xa sobre a Monarquía!

Fora o réxime monárquico do 78 e toda a súa herdanza franquista!

Eleccións libres a Cortes Constituintes!

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-08-2020 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0