A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Neste 25 de Xullo, mais ca nunca: Galiza é o emprego e os servizos 100% publicos |
|
Este 25 de Xullo producese nunha ?crise dentro da crise?, a desatada pola pandemia, que pon de manifesto o fin da fase neoliberal do capitalismo que dominou todos estes anos, xerando umha situación que resúmese en dúas palabras; ?crise? e ?incerteza? polo futuro.
Mesmo a burguesia europea non sabe cal é o camiño a tomar para saír desta crise, os chamados ?frugais? europeos (holandeses, austríacos, suecos, ...) apostan por profundar no neoliberalismo a ultranza, pois viven da especulación financeira para soster os seus sistemas económicos baseados nas privatizacións; en contra, os do sul, Italia, Estado Español ou Francia apostan por umha versión social liberal do capitalismo: manter un pequeno estado do benestar pois a diferenza dos ?frugais?, eles teñen umha gran poboación que soster, e así evitar grandes conflitos sociais.
Neste cadro, Galiza, nazón periferica nun estado, o español, cumha crise económica, política e social moi dura ,onde os ataques as condicións de traballo (mais reformas laborais e de pensión) e sociais (privatizacións) vanse combinar cumha recentralización acelerada do estado, ten pouco que contar salvo que poña a loita obreira e social no centro da sua perspectiva.
Tras as eleccións temos umha nova maioría absoluta no parlamento do PP, non así na sociedade onde 2 de cada 3 galegos e galegas non o votaron. Mas séntese avalado polas eleccións, a pesares de perder 50 mil votos, para continuar a sua política de destrución dos servizos públicos, de desindustrialización e de desgaleguización da sociedade.
Non pasaran nin 48 horas e xa pechara umha planta de Pediatría no Alvaro Cunqueiro, de Alcoa nin se fala e deixa a Mariña lucense sen urólogo, ou a xeneralización da atención sanitaria telefónica... E non pasaran nin 48 horas que os traballadores e traballadoras de Alcoa manteñen a loita contra o peche da fábrica, xunto coas vendidas a Aluiberica; que as mobilizacións en defensa da sanidade mantense ou que o sector educativo sae á rúa contra os protocolos para reabrir os centros de ensino en setembro sen ningún reforzo. É dicer, por moito que pasaran as eleccións, o camiño da loita na rúa mantense.
Co acordo na Unión Europea, subscrito polo goberno central do PSOE UP, onde entre os prestamos que hai que devolver de maneira prioritaria polo artigo 135 da constitución (pactado polo PPSOE), e as transferencias a fondo perdido mas con condicións de facer mais reformas, o PP seguirá a mesma folla de ruta destes 11 anos.
Esta é a Xunta que deixou morrer a centos de persoas pola hepatite C, que morreran persoas por falta de atención medica (A Estrada), que fomentou a desindustrialización, que non vai parar con Alcoa ou as térmicas, mentres Alemaña e Marrocos abren-nas e venden o que aquí deixase de producir. Xa anuncian Gamesa e outras que van ir tras eles.
Ademais, nas condicións actuais de pandemia mundial, estas políticas teñen un aspecto mais criminoso se colle: non fortalecer a sanidade publica directamente mata, non só nos posibles contaxiados de coroa virus, mas tamén doutras doenzas que non desapareceran. A xente sigue enfermando e o sistema sanitario semella que so serve para enfrontar o Covid... para todo o demais, derivacións á sanidade Privada.
Está claro que Galiza non aguanta 4 anos mais do PP e Feijoo, e agora toca botarllos pola vía da mobilización. Non podemos fiar todo a unhas futuras eleccións porque dentro de catro anos pode non haber Galiza que defender: a tarefa de botarllos segue sendo tan actual como antes do 12X.
Os resultados electorais son versións desvirtuadas da realidade, serven para ver a fotografía dun momento concreto, mas non para ver a realidade da loita de clases, non está escrito en ningures que un goberno non poda ser forzado a dimitir antes dunhas eleccións, non sería nin o primeiro nin o ultimo. Mas para iso non abondan mobilizacións simbólicas, illadas dumhas doutras como se non tiveran nada que ver, co único obxectivo de desgastar o PP cara as eleccións do 2024.
É importante termos conciencia de que as cousas non cambiarán para mellor dentro deste réxime político, dentro da estrutura e das regras parlamentarias, onde a sua máxima institución, a Monarquía esta corrompida ate a medula.
Desde Corrente Vermella chamamos as organizacións sindicais, políticas e sociais que acreditamos na vía da mobilización fronte os ataques que tras os acordos da UE, van levar adiante tanto goberno central como a Xunta, a agruparnos para impulsa-la desde a base.
Este 25 de Xullo non ha nada que celebrar nin é propiedade de ninguén. Alen do mais, non ha nada mais insultante que este 25 de xullo a visita do rei para o pobo traballador galego. Namentres milleiros de postos de traballo están en xogo Feijóo vai se pasear da man da monarquía corrupta.
En Galiza queremos emprego, en Galiza queremos sanidade 100% publica, en Galiza queremos decidir sobre nosos recursos, Galiza ten dereito a decidir as súas relacións co estado. Todo elo no cadro de loita por uns proceso constituíntes a nivel estatal e nacional que rompa co réxime monárquico do 78.
Desde Corrente Vermella chamamos ás organizacións sindicais, políticas e sociais que acreditamos na vía da mobilización fronte os ataques que tras os acordos da UE, van levar adiante tanto goberno central como a Xunta, a agruparnos para impulsa-la desde a base. Ha comezar comezar a levantar un plan de mobilizacións obreiras e sociais ate botar ao PP e a Feijoo da Xunta; un plan acordado en asembleas de centros de traballo e estudo, barrios e vilas. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|