A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NACIONALIZACIÓN INMEDIATA DAS PLANTAS DE ALU IBÉRICA E ALCOA!!
Corrente Vermella apoia a Marcha dos traballadores e traballadoras da Alu Iberica A Coruña, o vindeiro xoves 28, ás 11.30 diante da Fábrica na Grela.

NACIONALIZACIÓN INMEDIATA DAS PLANTAS DE ALU IBÉRICA E ALCOA!!

Cada día que pasa, xs traballadorxs temos máis sensación de estar rodeados de ladróns e vagos de "colexio privado"

No seu día, a poderosa empresa pública Inespal foi regalada a unha multinacional privada por Aznar, que é un señor que opina que os empresarios privados merecen moitos beneficios porque teñen moitos másteres e corren moitos riscos. Pero o único que fixo Aznar nos seus mandatos foi afeitar o bigote, meternos nunha guerra, e montar un tinglado de engominados que aínda viven do teto das privatizacións das empresas, dos servizos e dos cartos públicos.

E moito risco non parece que corran: despois de arruinar comarcas e nacións enteiras sempre, sempre seguen a vivir como dios; porque teñen a "papa estado" para resgatalos das súas aventuras, como fixeron na última crise cos bancos, aos que lles deron mais de 60 mil millóns de euros.

Pero a responsabilidade non é soamente dos da bandeiriña "rojigualda" porque o PSOE, que estaban antes deles no goberno, e que volven a estar agora, teñen tamén boa parte de culpa; foron os que comezaron as privatizacións e a desindustrialización coa reconversión industrial dos 80.

Cando os mangantes de Alcoa dixeron que marchaban porque o que lles daba o Estado lles parecía pouco, e as eléctricas non lles querían dar nada do que tamén chupaban do público, a ministra de Industria do PSOE daquela así como o goberno actual, prometeron vixiar que Alcoa fose adquirida por un empresario solvente con ideas para reactivar a antiga gran empresa pública de aluminios.

Que vixiaron?. A empresa mercouna un fondo suízo que por detrás lla vendeu a un impresentable que fai negocios cun DNI falso; xente que non ven a outra cousa que apañar o que poda e cando se arruíne todo o problema é de quen veña detrás.

Porque iso é o capitalismo. Xa o vimos coa pandemia, que nin mascaras de papel daba abastecido, cos estados roubanbase uns a outros os cargamentos, convertendo os aeroportos en centros de poxa, e coas residencias de maiores privadas que agochaban os mortos debaixo das camas para que non se soubese o incompetentes e ladróns que son. Eses son os engominados estudados capitalistas que disque fan progresar á sociedade.

Por outro lado, xa se ve a preocupación que teñen os do PSOE e Unidas Podemos polxs traballadorxs. Nin saben a quen lle venden a empresa, nin lles importa, nin tampouco deixan protestar: porque estamos baixo estado de alarma. Estado de alarma que podían aproveitar para facer algo como asegurar o traballo e a empresa, e nacionalizar XA as plantas de Alcoa e Alu Iberica.

Pero, se non o fixeron co sistema sanitario e coas empresas farmacéuticas e de subministracións no peor momento da epidemia, por qué o van facer agora?, se é mais fácil usar o estado de alarma para mandar calar ó pobo traballador que para poñer a andar as empresas expropiándollas ós ladróns que as posúen.

Vivimos épocas estrañas nas que xusto os que máis protestan son os caseiros, os terratenentes, os amigos dos curas pederastas, os toureiros, os inversores en fondos como Parter e os engominados de "colexio privado". A clase de impresentables que pensan que Domenech, o comprador de Alu Iberica, é un empresario emprendedor dos que levantan as economías dos estados. Os que máis protestan son os que comezan a ver que se lles acaba o conto porque o réxime que lles deu de mamar estes corenta anos comeza a esgotarse. Evidentemente o pobo traballador non pode fiar nesa banda capitalista de saqueadores do público; lembremos a Gurtel e a centena de casos de corrupción nas que están envoltos.

Pero tampouco pode fiar no goberno débil de PSOE e Unidas Podemos, que demostrou sobradamente que non ten intención ningunha de garantir os direitos dos traballadores / as: a defensa a ultranza da vicepresidenta de economia da reforma laboral, demonstra que os direitos da clase traballadora non son os direitos a defender, senón os da CEOE e a banca.

A clase traballadora debe organizar XA o seu propio bando para obrigar a que se nacionalicen as empresas como Alu Ibérica e Alcoa, para asegurar o traballo e a transición ecolóxica que precisamos, asegurarnos as medidas de protección fronte ó virus, e en fin, para que os dos "colexio privado" calen un pouco a boca e se poñan a traballar coma todo quisque, que facendo desfiles con bandeiriñas dun réxime en crise non se levanta unha economía.

Mas non umha nacionalizacón "temporal" como propon a Unión Europa, que so vai servir para resgatar ás empresas socializando as perdas, para despois devolverllas ao capital privado, aos "emprendedores"; senón umha nacionalización no cadro dun control obreiro que planifique democraticamente os recursos ao servizo das necesidades sociais.

É obvio que esta nacionalización non colle dentro dos estreitos marxes dun réxime construído ao servizo dos "emprendedores" de "colexio privado", senón esixe umha organización social e política da clase traballadora, disposta a levalo ate o final, ata a ruptura con ese Rexime e a Unión Europa, e a transformación socialista da sociedade.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 26-05-2020 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0