A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
FRONTE Á RECONSTRUCIÓN DA ECONOMÍA O SERVIZO DO CAPITAL |
|
UN PLAN DE CHOQUE SOCIAL
O que venderon como mellor sistema do mundo, o capitalismo, demonstrouse absolutamente inútil para enfrentar a pandemia e salvar vidas; foi o maior atranco a adopción das medidas imprescindibles para a defensa da saúde publica, desde a sanidade privada que mantívose o marxe da loita contra o Covid, mentres os hospitais públicos eran desbordados, ate a traxedia das residencias de maiores maioritariamente privatizadas, ou as esixencias constantes da patronal de abrir os centros traballo, houbera ou non medidas de seguridade.
A Xunta de Feijoo, tras a reunión do comité de Expertos para a reconstrución da economía, non deixa lugar a dubidas, a saúde publica non lle importa nada, toda a sua preocupación é ?dotar de seguridade xurídica e certeza? aos empresarios, e que vai facelo desde o punto de vista ?empresarial?. Tras a demonstración da inutilidade do capitalismo, é un insulto á poboación traballadora dicer que hai que reconstruír a economía desde un ?un punto de vista empresarial?.
O que propón a Xunta é evidente; os beneficios e as contas dos empresarios e autónomos están por riba da seguridade dos traballadores e traballadoras, que poden ir a traballar aínda que sexa obvio para todos e todas que para outono vai haber outra onda de Covid 19, pois non ha vacina, segue sendo tan contaxioso como o comezo e ainda non se chegou o que os especialistas chamase ?inmunidade de grupo?.
Garantir a saúde d@s traballador@s é o primeiro, é indiscutible, non é negociable con ou sen camas sobrantes nos hospitais. Non se pode permitir que ninguén adoeza se se pode evitar. Temos diante de nós un virus aínda descoñecido e, polo tanto, todo o coidado é pouco. Mas á Xunta e o seu comité de expertos preocúpalles mais a ?seguranza? dos negocios dos ?empresarios e autónomos?.
Tan pouco lle preocupa esta segunda onda, que xa despediron a centos de sanitarios e sanitarias que contrataran eventualmente, porque ?xa non fan falla?, como se antes a Sanidade estivera no paraíso; non abren as camas hospitalarias pechadas estes anos, nin rompen cos concertos coa sanidade privada (POVISA, Quiron, HM, Rosaleda, etc.) para contar cos seus medios.
Frente a este recoñecemento aberto da Xunta de que goberna ?desde o punto de vista empresarial?, aínda non se escoitou as cúpulas sindicais denuncialo nin chamar á clase traballadora a organizarse frente a umha ?reconstrución? o servizo dos negocios de ?empresarios e autónomos?; que esperan, entrar a negociar con esta Xunta?
Pola contra, as direccións sindicais e políticas temos que nos prepararnos para facer frente a desescalada que a Xunta e os empresarios/as teñen preparada e rexeitar estas medidas que como fan as e os traballadores/as de NISSAN, Alcoa, etc.
Corrente Vermella opina que as organizacións da clase obreira non poden entrar a negociar absolutamente nada; senón que temos que presentar unha frente de defensa da ?seguranza? dos traballadores / as, un Plan de Choque Social, comenzando polos sanitarios e sanitarias, e con eles, o conxunto do pobo traballador que vai sufrir o desleixo da Xunta dos empresarios:
- Rompendo os concertos coa privada, nacionalizándoa e contratando o persoal sanitario necesario
- Para nacionalizar as residencias de maiores e evitar a traxedia que a súa privatización causou, tomando o control das empresas que podan fabricar respiradores, UCIs, e demais medios para combatir a pandemia...
- Para que os traballadores / as podan ir os centros de traballo con seguridade, pechando os que sexan precisos, e con mascaras e as luvas necesarias para garantir a saúde publica.
- Moratoria do aluger e hipotecas para a clase obreira.
- Nin EREs, nin rebaixas do salario, basta de precariedade laboral.
- Ningún recorte nin privatizacións dos servizos públicos, renacionalización dos privatizados.
Como eles mesmos recoñecen, a Xunta do PP é o maior atranco para a adopción de medidas de choque social e cada que pasen na Xunta mais problemas vai ter a clase traballadora e o pobo, poren, temos que comenzar urxentemente umha verdadeira campaña unitaria para botarllos fora da Xunta, a través dun plan de mobilización social discutido e aprobado desde a base, no momento que se relaxe o confinamento, e sen esperar a procesos electorais nos que todo xogase ao voto individual.
Non fiamos para nada nun goberno, o central, que tomou o ?mando único? para aplicar a lei mordaza e as medidas represivas, mentres non facía nada ante o desastre das Residencias de Maiores ou a sanidade privada, que seguía baixo competencia das CCAA. Puideron evitar desastres como o de Madrid, e non moveron un dedo... Poren, se para adoptar este plan de choque social hai que romper co estado español e o ?mando único?, rompese.
FORA A XUNTA DO PP E FEIJOO |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|