A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alcoa, Parter / Alu Iberica, Riesgo... que será o seguinte? |
|
Nun momento no que a empresa privada tem demonstrado a súa inutilidade para respostar aos problemas de saúde pública ante a pandemia de Covid 19, co sucedido nas Residencias de Maiores, en mans de fondos de investimento e grandes empresas, como feito máis tráxico, a antiga Alcoa cambia de mans, vendida por Parter ao Grupo Riesgo; unha empresa da que hai serias dúbidas da súa solvencia.
Esta é a lóxica infame do capitalismo, dá igual que sexan seres humanos ou aluminio, o que interesa a calquera empresa é facer caixa a final de ano; xa sexa especulando como Parter, xa sexa aumentando a explotación dos traballadores /as. O que conta é repartir beneficios. Por iso, desde Corrente Vermella sempre defendemos que a única solución para defender os postos de traballo en Alcoa e o futuro industrial de tres comarcas, a da Mariña, aínda en mans de Alcoa, a de Aviles e a de Coruña, pasaba pola nacionalización das empresas.
A ameaza do peche é máis que real e a solución non é nin a venda a Parter, como se demostrou, nin a solución que buscaban desde Aviles, aceptando a entrada de Quantum só na súa fábrica e pechando as demais, nin moito menos, a de quedar en mans de Alcoa, como se está vendo en San Cibrao.
Hai xa dous anos que Alcoa quixo pechar as fábricas, e grazas á loita dos traballadores e traballadoras foise postergando até o acordo con Parter; pero o peche do aluminio primario no Estado Español é unha realidade e non só afecta a Aviles ou Coruña. Aos capitalistas sáelle máis barato producir en Arabia Saudí, unha das ditaduras máis sanguentas do mundo, ou ben importalo de China cun exceso de produción brutal. A falta de plans industriais, primeiro de Parter e agora de Risco, así como os peches de cubas en San Cibrao demostra cal é o obxectivo real de todos eles, especular e punto.
O aluminio é un material necesario para multitude de usos sociais, desde o automóbil até o papel de aluminio de uso diario; se o Estado Español queda sen fábricas de aluminio primario, os procesos industriais posteriores (extrusión, farmacéutica, etc.) terán que importalo de China, Arabia Saudita, de Islandia ou de Noruega. E xa se ha visto que cando un estado se desindustrializa, ante un acontecemento como o Covid 19 a resposta queda en mans das compras que se poidan facer aos que si apostan pola industria.
A nacionalización ten un dobre sentido, un, defender todos os postos de traballo, non só os da matriz, senón os das empresas auxiliares normalmente os máis precarios e os primeiros en desaparecer, dous, sentar as bases dun plan industrial imprescindible para que unha sociedade teña os medios materiais necesarios para desenvolverse. Por iso, non vale calquera nacionalización que rescate ao capital privado, chámese como se chame, e despois de "saneada" póñaa á venda; senón unha nacionalización baixo control obreiro, que poña ao servizo das necesidades sociais.
Nesta crise do Covid 19 Alcoa-San Cibrao foi considerada polo goberno industria esencial, certo, pois como tal industria esencial ten que ser nacionalizada con todas as demais, as eléctricas primeiramente; acabando así, cun dos lastres que ten a industria electrointensiva no Estado Español, ter que pagar a enerxía máis cara de Europa.
Esta é unha das consecuencias fundamentais da pandemia do coroa virus, o capitalismo en todas as súas manifestacións ou ben mata directamente, como as residencias de maiores, ou ben destrúe postos de traballo empobrecendo sociedades enteiras; de calquera xeito, a loita en defensa de todos os postos de traballo, en Aviles, en Coruña ou en San Cibrao, pasa por enfrontar a propiedade privada que só busca beneficios, enfrontando a uns con outros; dividindo-os coma se fosen problemas diferentes.
Aquí non cabe o "sálvese quen poida"
O goberno "de progreso", cunha ministra de Traballo "comunista", non pode permanecer impasible ante esta nova manobra contra os traballadores e traballadoras do aluminio (dos tres centros!). A anterior ministra do PSOE, cando se lle esixiu nacionalizar as empresas, ao comezo do conflito, dixo que iso era facer "comunismo"; pois ben ministra "comunista", este goberno ou toma medidas activas, nacionalizando xa o tres fábricas, ou demostra que o de "progresso" é pura fachada.
A recorrente crise do aluminio en Estado Español demostra que aos capitalistas pouco impórtalles a saúde publica e os empregos, cando de beneficios trátase. Á saída do confinamento, que xa se está relaxando, as organizacións obreiras e sociais deben ter como eixo a mobilización contra as raíces que trouxeron aquí, a propiedade privada de fábricas, residencias de maiores, de hospitais privados non tocados ante o Covid, de empresas esenciais non postas ao servizo de traballar contra a pandemia como as farmacéuticas.
Para Corrente Vermella, ou se combaten esas políticas, ou se seguirá confiando en que veña un capitalista "bo" que saque á clase traballadora do abismo social. Os e as traballadoras do aluminio non poden confiar nin en Alcoa, nin en Parter/Quantum, ou Riesgo; só nas súas propias forzas e autoorganización para loitar por un plan industrial de futuro ao servizo das necesidades sociais, e decidido democraticamente.
En defensa de todos os postos de traballo
NACIONALIZACIÓN XA!
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|