A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Corrente Vermella diante das eleccións do 5A |
|
Feijóo adiantou as eleccións galegas para facelas coincidir coas de Euskadi e pola enorme mobilización do 9 de Febreiro contra o deterioro da Sanidade Pública, tentando evitar un desgaste maior polas suas políticas de recortes e privatizacións.
Comeza de novo toda a ?festa? electoral de presentación de candidaturas, programas, pactos e coalicións; polo que fai ó chamado ?espazo do cambio?, Unidas Podemos e Anova xunto coas Mareas municipalistas, pactaron presentarse en coalición.
Están no seu perfecto dereito pero non nos parece en absoluto un pacto progresivo, pois abandona-se o proxecto orixinal de AGE que sempre apostou por unha opción rupturista entre forzas nacionalistas e estatais fronte a este réxime, e acadara certa presencia tanto nas institucións como nos movementos sociais con ese discurso.
Pero o qué significa rupturismo a día de hoxe? Dende o goberno central de PSOE e Unidas Podemos vemos como pretenden vendernos coma "cambio" políticas que non son cambio ningún. Rupturismo non significa botar ó PP. Non significa facer teatro a costa de Felipe VI. Non significan cambios cosméticos nas políticas de recortes do capitalismo, mantendo o fundamental e dentro dos límites da UE e o Réxime.
Rupturismo significa única e exclusivamente revertir as políticas que o réxime do 78 e Bruxelas levan a cabo, e derrubar as institucións construídas para tal fin mediante a adaptación da vella estructura montada durante a Transición en base ó tinglado franquista. Derrubamento que somentes podese dar coa mobilización social e desde fora das institucións, sen renunciar á presencia dentro delas: estar presente nas institucións do réxime non significa participar do réxime. O primeiro é un altofalante da ruptura e o segundo un puntal para o que se quere derrubar.
Nestas semanas de goberno de PSOE, Podemos e IU pretenden vendernos que hai que estar dentro dele para facer políticas para a xente, cando realmente ningúen ve ningún cambio máis alá doutros pines nas solapas e de mudar o ?Sí se puede? pola vella xustificación de todas as forzas que pactaron co PSOE ó longo destos anos: ?Es que no se puede?. O PSOE é a garantía de que os límites do réxime e a UE non se traspasen nunca.
Por iso, pactar con Podemos signifca a día de hoxe pactar co goberno do réxime, e supón liquidar case definitivamente un proxecto que tentaba dar resposta a todas estas contradiccións, mandando a paseo as esperanzas de moita militancia honesta que fica vendo como tras todo o traballo feito terminan por impoñerse os que entenden que rupturismo é somentes unha maneira de falar.
Non dubidamos que habemos atopar loitando nas rúas a moita desa militancia que se sinte defraudada por este pacto. E que berraremos cada vez con máis certeza que ?Goberne quen goberne, os dereitos deféndense?, pois a realidade é moi teimuda. Neste sentido, chamamos a todos aqueles activistas a que constrúan con nós espazos unitarios desde onde desenvolver estas loitas.
Desde CV sempre defenderemos a construcción dunha alternativa obreira e rupturista, que teña claro que para derrogar e revertir todas as politicas dos gobernos de PP e PSOE (reformas laborais, de pensións, privatizacións, artigos 135 ou leis mordazas) é preciso enfrenta-lo réxime do 78 e a Unión. Para CV estas serían as bases dese programa de ruptura:
-en defensa do carácter publico dos servizos e as pensións
-pola derrogación de todas as reformas laborais e de pensións dos gobernos do PSOE e o PP
-pola defensa dos direitos democráticos, como a derrogación da Lei Mordaza e a amnistia para todos os presos políticos
-polos direitos dos pobos a decidir o seu futuro e a relación que queren manter co resto
-por uns procesos constituintes que garantan estos direitos sociais e políticos
-pola ruptura co rexime da monarquía a pola saída da Unión Europea.
-por unha Europa dos Traballadores / as e os pobos. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|