A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A OSG podese salvar
Crise na Orquesta Sinfonica de Galicia

Unha das grandes institucións culturais galegas está ameazada de extinción. Esta é a situación na cal a Xunta presidida por Feijóo deixa a Orquestra Sinfónica de Galicia, tras deixar de cumprir o acordo de aporte anual de 3 millóns de euros dende o 2010, sumando unha débeda de 5 millóns de euros a día de hoxe. Esta é unha das mostras da esencia do PP: o desmantelamento do patrimonio público para beneficiar o privado.

A OSG é unha referencia no eido da música clásica internacional. A súa actividade proporciona un desenvolvemento cultural incalculábel para o pobo galego, xa que a orquestra está formada por músicos da máis alta gama que non se limitan a presentarse na Coruña, como tamén en toda a Galiza.

A OSG é un patrimonio cultural e, polo tanto, a cuestión non é só a de a preservar; A Xunta tiña o deber de medrar o investimento na orquestra para que a música que ela produce acadase os sectores menos favorecidos da sociedade con subvencións para baixar a estes os prezos das entradas, aumentar o investimento en propagandas educativas que amosen a importancia da música e da fruición das grandes obras aínda descoñecidas pola maioría.

É unha música que sempre foi apropiada, primeiro pola Igrexa, logo pola aristocracia e agora pola burguesía que non ten o mínimo interese en que a clase traballadora teña alcance a ela. O Estado, como é burgués, está para asegurar que os traballadores non teñan acceso ao cine, ao teatro, á música, á arte en xeral como teñen os empresarios. A clase traballadora ten que ter dereito á arte!

E a desidia da Xunta do PP vai máis alén, ela acada a todos e todas as traballadoras implicadas na OSG que ven medrar o perigo da precariedade e da perda dos seus postos de traballo.

O capitalismo é así. Os xestores do Capital, comezando polos empresarios ata os políticos, actúan en beneficio propio ás custas da desgraza dos traballadores e traballadoras que, para eles, non son nada máis que seres serventes, útiles mentres lles proporcionan a eles o aumento das súas contas bancarias e do valor das súas empresas.

Todo está pensado; é un ?modus operandi? moi habitual en calquera parte do mundo. A orde do día é deixar o servizo público sempre máis precario, insuficiente, vergoñoso, para que apareza unha empresa privada ?salvadora? que, coa súa ?intervención milagrosa?, proxecte unha imaxe positiva cara a sociedade engadindo valor á súa marca. Con iso, a sociedade perde o control e os traballadores pasan a estar nas mans do inversor, que non demorará en aplicar os típicos recortes nas condicións laborais do cadro de persoal, empezando polos despidos. Un negocio redondo! A vida dun traballador e/ou dunha traballadora non é, para o capitalista, nada máis do que ?custo de produción?, un custo para ser diminuído para medrar o seu lucro.

Un goberno capitalista ten a función de ser un xestor do Capital e servir de contención de masas nas administracións públicas, sexa el do PP, PSOE ou de calquera outro partido que pretenda facelo dentro do capitalismo. E o PP, con toda a súa base franquista, máis aínda. O desmantelamento do público, como se pode ver, é xeral; é esta a intención. Non se pode esperar por eleccións. Feijóo non pode seguir destruíndo as vidas galegas.

Fóra Feijóo! Fóra o PP!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 04-02-2020 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0