A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Todos o 9F a Compostela: Non á destrucción da Sanidade Publica |
|
Cando a finais do pasado ano a Xunta do PP pechou o paritorio de Verin, de seguro que non esperaban a resposta social que se deu; milleiros de persoas na rúa, peche no Hospital, concentracións en toda Galiza.
As carencias en todas as areas sanitarias, desde A Costa da Morte ate Valdeorras, pasando polas urxencias e os hospitais das cidades, fai do peche unha parte dun proxeto moito máis amplo, a privatización total da sanidade pública, deixandoa como Beneficencia.
Non é un problema de ?mala xestión? de Feijóo, como dín os partidos parlamentarios. É boa xestión para as clínicas privadas e aseguradoras, os Quiron, HM, e demais, que xa controlan o 25% da sanidade, e en aumento, alimentadas pola destrucción do Sergas. Todo elo coas indicacións da Unión Europea, de control do déficit ao 2%, e das leis 15/97 e o artigo 135 da Constitución aprobadas polos gobernos do PP e do PSOE, para o pagamento da débeda dos bancos.
Desde hai tempo a poboación galega e os traballadores / as da sanidade veñen loitando con mobilizacións e folgas, contra esta demolición, mas fanno, na meirande parte dos casos dun xeito illado; como se o peche do paritorio do Verin non tivera nada que ver coa falta de pediatras en Zas, de médicos en A Cañiza ou A Estrada, Valdeorras; coa privatización nos feitos do Alvaro Cunqueiro de Vigo (construido e xestinado por empresas privadas), de servizos como limpeza, cociñas, etc.
A mellor maneira de facilitarlle o traballo a Feijóo e á Xunta é loitando divididos, pois aplican a máxima de ?divide e vencerás?.. Verin, Zas, ... e calquera servizo desmantelado só salvase se salvamos a Sanidade Pública no seu conxunto. Nesta división están instalados, desde sempre, as organizacións politicas e sindicais agrupadas na Plataforma SOS Sanidade pública, que limitase a convocar á mobilización umha vez o ano; como por exemplo esta do 9 de febreiro, mais preocupadas en desgastar ao PP e a Feijoo, na espera do cambio numhas eleccións.
Para frear a destruccion da Sanidade Pública é preciso segui-lo camiño de Verin, non ceder na mobilización por moitas promesas que dean, unificar as loitas de todos os servizos, facer plans de mobilizaciónes debatidos e aprobados en asambleas de traballadores/as incorporar ás mobilizacións aos e ás usuarias, e ter claro o obxetivo: a derrogación da lei 15/79, e o artigo 135 da Constitución en defensa dunha sanidade 100% pública. Mentras estean vixentes, calquera victoria estará en perigro de ser revocada polo goberno de quenda.
Embora, isto non abonda; o problema non é exclusivamente nin tan siquer de Galiza, é de proxecto que afecta a todo o estado. O PP, o PSOE e outros gobernos das Comunidades Autónomas cumplen coas políticas dictaminadas dende da Unión Europea, contra as que están loitando tamen en Franza; unir as loitas desde Andalucia ate Catalunya, pasando por Galiza contra o proxeto de destrucción da sanidade pública.
Desde que comezou a crise no 2007/8 levan coa teima da privatización de todos os servizos públicos, non só a sanidade, mas tamen as pensións, a educación, a dependencia, etc. Para iso estableceu o control de déficit público, para que haxa menos investimentos nestos servizos, e deriven cara a privada.
Na Galiza, mentras a Xunta este en manos do PP ou de calquera forza que defenda estas políticas de privatización da Unión Europea como o PSOE, non teremos garantido uns servizos 100% públicos; só botando fora da Xunta ao PP e a Feijóo a través da mobilización social, poderemos abri-lo camino na sua defensa: non é un problema de boa ou mala xestión, é un problema de proxecto político que partillan todos aqueles que defenden esta Unión Europea.
FORA A XUNTA DO PP E FEIJOO |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|