A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alcoa, agora pola NACIONALIZACIÓN |
|
Corrente Vermella estará, como estivo ate o de agora, cos traballadores / as de Alcoa, e de todas as empresas que loitan contra a crise capitalista, na procura da unidade de todas elas cara a frear definitivamente as súas consecuencias. Ser "radical" é ir á raíz das cousas, e isto significa ir á "raíz" do capitalismo, a propriedade privada dos medios de produción, distribución e financeiros e o mercado como criterio de futuro.
"Capitulo final del culebrón de Alcoa, Parter compra la metalúrgica", din nun titular La Voz de Galicia. O "culebrón" ao que refírese La Voz era a ameaza sobre os 650 traballadores de Alcoa, mais de 350 na Coruña, que de non loitar, hoxe verían as súas portas pechadas, co silencio absoluto de La Voz e o seu amo, a Xunta do PP, que para iso é quen lle paga.
Se os traballadores / as de Alcoa non tiveran loitado, o peche sería un feito desde outubro pasado, cando a empresa presentou o plan de indemnizacións por despido. Foi a resposta dos traballadores e traballadoras na rúa a que conseguiu, primeiro umha prorroga en xaneiro, que remataba en Xuño, e despois un mes mais, ate onte, no que Alcoa decidiu vender a Parter.
Foron os traballadores e traballadoras, coa súa loita, os que conseguiron este aprazamento. Pola Voz, como pola Xunta ou o goberno central (salvar a empresa nacionalizándoa era "comunismo", dicía a ministra: viva o comunismo!), Alcoa hoxe estaría pechada, e os traballadores / as ou no desemprego ou na emigración.... Para que despois veñan e fagan supostas políticas contra a queda demográfica: a primeira pedra dunha política contra o envellecemento é que as persoas xovenes teñan traballo na terra e non en Madrid ou Londres.
é o fin do camiño a venda a outra empresa?
Pois vai ser que non. Aos exemplos remitímonos: agora as auxiliares de R están ameazadas pola deslocalización e o despedimento (novamente os traballadores / as galegas, fronte a disxuntiva de "ou desemprego ou emigración", coa Xunta mirando para outro lado), porque a empresa foi mercada por Eukaltel e este a súa vez por un fondo de inversións, que non ve rendible R.
Vai ser que non porque Ferroatlántica pende dun fío, tamén vendida polo sr Villar Mir a outro fondo de inversión. Barreras en Vigo ameazada porque a Xunta do PP permitiu a sua venda supostamente fraudulentamente a Pemex, a empresa de petróleos de Mexico (estatal, por certo).
Hai que ser categóricos, mentres o futuro dumha empresa veña determinado pola rendibilidade no mercado e non as necesidades sociais, nunca haberá fin para o "culebrón". Mentres sexa a rendibilidade capitalista dos empresarios, dos bancos ou os fondos especuladores de inversión, o criterio para manter os postos de traballo, toda conquista é temporal; durará o tempo que as contas de resultados lles dean beneficios. No momento que isto non sexa así, pecharan e punto.
Parter comprometese por dous anos a manter o emprego, nisto é honesta, non engana a ninguén; dinlle aos gobernos, a Xunta e sobre todo o Central, tedes dous anos para resolver o problema da electricidade, senón voume coa musica a outra parte, e vos deixo con 650 desempregado máis. As eléctricas, oligopolio que manda no goberno español como ningún, non teñen pinta de ir deixar de gañar o que veñen gañando ate o de agora gracias os gobernos do PPSOE; que para iso danlle ?traballo? os seus ex presidentes, ex ministros e demais.
E isto agravase porque acontece numha nazón como Galiza, periférica no Estado Español e na Unión Europea, que por mor da división do traballo imposta pola forza e os canons (a ultima a vitoria franquista na Guerra Civil) está condenada de por vida á emigración e a exportación de materias primas; cumha clase dirixente e umha Xunta cuxo obxectivo na vida é administrar este papel e nada mais.
Sen loita nin nacionalización, pode ser a "crónica dun desastre anunciado"
Mas non se pode quedar nunha simple nacionalización das empresas que sanee, para devolverllas á propiedade privada como acontece case sempre; senón umha nacionalización baixo control dos traballadores e traballadoras, no camiño da planificación democrática da economía, baseada en plans industriais acorde coas necesidades sociais e que sexa sustentable respecto á súa relación coa natureza.
Esta é a única garantía de manter todos os postos de traballo e rematar, agora si, cos "culebrons" que ameazan non so Alcoa, senon R, e todas as demais, dentro e fora da Galiza, numha reconversión industrial e económica de fondo calado, e que pagarán como sempre, os traballadores e traballadoras.
Porque o "culebrón" chamase economía capitalista, e mentres haxa capitalismo, haberá culebróns, en Galiza, en Asturias, en Barcelona ou Madrid, en Franza, en Gran Bretaña, nos EE UU e na China. Son os beneficios capitalistas os que determinan a existencia destos "culebrons", e so acabando con eles, poderemos darllos por rematados.
Frente a esta realidade non abondan as saídas defendidas polas cúpulas sindicais de remitir á simple negociación cun capitalismo en guerra contra os direitos laborais, sociais e políticos da clase traballadora, como se pon de manifesto día a día en todo o mundo: inestabilidade social, precariedade, saqueo de servizos públicos e riquezas, políticas criminais contra os que fuxen das miseria e da guerra, os refuxiados: a lóxica é a mesma, os beneficios de empresarios e bancos.
As ameazas sobre Alcoa son parte desta guerra social á que as cúpulas sindicais e políticas están respondendo cos métodos de épocas de "paz social", e non van mais aló de saídas que non son tais, senón "prorrogas" nun ataque permanente, e afrontan os planes como se como se cada conflito fose algo illado dos demais.
É a crise capitalista a que une todos os conflitos, desde as reconversións da industria ate as privatizacións masivas de servizos públicos ou o saqueo de riquezas naturais (megamineria), porque é umha "refundación" do capitalismo, do que os gobernos, desde a Xunta ate a Unión Europea, pasando polo Central, son os seus xestores.
Os traballadores e traballadoras de Alcoa teñen o reto por diante de se preparar para o novo asalto, dentro de dous anos, aprendendo do que ate o de agora fixeron e conquistaron. Rematar co "culebrón" non é esperar un Estatuto de Enerxía que impoña a outras multinacionais, as "eléctricas" que son tan empresas multinacionais como a "industria electro intensiva" uns prezos que lles dean perdas.
Os traballadores e traballadoras non poden ser a "man de obra" da súa patronal para enfrontarse a outra patronal, o seu futuro non está en confiar naqueles que só teñen como criterio os beneficios empresariais; e irán alí onde os teñan mellores.
O seu futuro esta por construír umha alternativa independente duns e doutros, dos seus empresarios e dos empresarios que especulan coa enerxía, levantando propostas PROPRIAS: sintetizada numha idea, NACIONALIZACIÓN, mas BAIXO CONTROL OBREIRO. Nacionalización da industria en crise, e nacionalización das empresas eléctricas donas dun ben básico, a electricidade, co que especulan e saquean os petos dos traballadores / as como consumidores individuais.
Mas para acadar este obxectivo é preciso superar os estreitos marcos das empresas, illadas ate o de agora umha doutra, e ver que a perspectiva é a de enfrentar xuntos o que é unha política contra todos e todas, a nova reconversión económica e industrial, que está levándonos de volta, nas condicións de traballo e vida, ao século XIX; xornadas de 10 e 12 horas, salarios de miseria, precariedade inestabilidade no emprego, desmantelamento dos servizos públicos, etc.
O "culebron" de Alcoa, como o de toda a clase traballadora e o pobo en xeral, só pode ter un fin real, cando se acabe co sistema que xera umha profunda inestabilidade social e individual, roubando o futuro das persoas, e conseguindo unha outra sociedade, o socialismo.
A inmensa maioría das organizacións sindicais e políticas, ao perder esta perspectiva de transformación social, incapacítanse para ser o protagonistas do fin do "culebron", pois admiten como boa a lóxica expresadas no titular de La Voz de Galicia: co cambio de propietario, de Alcoa a Parter, os traballadores / as poden respirar tranquilos. Mentira!, para preparar as novas loitas que de verdade, rematen co "culebrón", hai que dar un salto na organización da resposta política e sindical, superando as organizacións que fican atadas á época da "paz social". |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|