A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Por un 25 de Xullo de clase |
|
Este 25 de xullo a clase traballadora galega que hoxe loita contra a os despidos, os peches e os EREs ten que ter un protagonismo central: non podemos permitirnos o luxo de perder un só posto de traballo máis, se non queremos-nos converter nun deserto industrial.
Galiza vive un novo proceso de profunda desindustrialización, que ameaza miles de postos de traballo na industria; desde Alcoa ate a liquidación de Vulcano, desde o peche de Poligal ate o das centrais térmicas, os despidos en R, pasando pola chamada ?industria electrointensiva? como Ferroatlántica, Ence, etc. Se non o paramos, a emigración seguirá a ser a única saída para a xuventude galega.
Deste xeito ponse de manifesto o carácter ?periférico? da nazon galega, dentro dun estado que fai séculos impuxo o seren mono cultivo para a exportación de materias primas e man de obra barata, mentres a industria da elaboración vai para outros lugares. Exportamos para importar produtos manufacturados, esta é a relación que ten Galiza co resto do estado e de Europa.
A Xunta do PP, como o goberno Central, quen cando se lle prantexou a nacionalización de Alcoa dixo que era ?comunismo?, están deixando facer ás empresas privadas, vendendo e comprando umhas (Alcoa), pechando outras (Poligal) ou directamente liquidándoas (Vulcano); nunha sorte de ?ruleta rusa? onde as vítimas son os traballadores e traballadoras.
Neste cadro, a desertización do rural golpeado pola inexistencia dun transporte colectivo público e políticas que estruturen o territorio, dáse da man da desindustrialización da Galiza e o desmantelamento sistemático de todos os servizos públicos, da sanidade, da educación, de dependencia, das pensións,...
Todas as políticas que a Xunta e o goberno central desenvolven respecto a Galiza, é para mante-la no seu papel exportador de matérias primas e man de obra, demonstrando que como pobo non temos encaixe posible no réxime do 78. Ao capital español sóbralle umha parte da poboación galega.
Mas tamen hai que suliñar que o que acontece na Galiza non é exclusivo; os planes de desindustrialización, de desertización do rural, de desmantelamento dos servizos son europeos, son partillados por todos os gobernos, desde a Xunta e o Central español, ate o de Macron, as mobilizacións dos ?coletes amarelos? son a resposta do rural francés a estas políticas, Merkel ou Orban.
Asturias enfrenta un proceso semellante con Alcoa-Avilés e Arcelor á cabeza, en Barcelona Nissan ven de presentar un ERE de 600 traballadores / as, e Renault Valladolid ten un futuro negro. Andalucía está sendo desmantelada polo goberno tripartito da extrema direita. Nin a clase traballadora nin os pobos que fan parte do Estado Español teñen encaixe nel, como vemos a cotío na práctica ocupación militar de Catalunya coa GC facendo rexistros cando quere nas dependencias da Generalitat, e esa farsa de xuizo que é o do ?proces?.
Hai que poñer no centro a confluencia na loita contra as institucións que desenvolven esas politicas, o rexime do 78 e a Unión Europea. Doutro xeito, só pode ser ?pan para hoxe e fame para mañan?.
O 25 de Xullo non é patrimonio de ninguén, é o día do pobo traballador galego, do que o 70 % son asalariados / as, e debe ser umha data para loitar polos nosos direitos sociais e políticos, que son indisolubles. O 25 de Xullo ten que ser umha canle para unir todas as loitas que o pobo traballador galego está a dar no social e no político.
A unidade na loita e a sua coordinación hai que construí-la desde a base, e non sobre acordos cupulares; desde as asembleas de fábrica, de vila e barrio, a resposta ás políticas da Xunta e da Unión Europea, votando plans de mobilización no camiño das xornadas de loita que sexan precisos ate derrotar esses planes.
Para CV a saída pasa por construir um amplo movimento social que loite pola ruptura co réxime, abrindo un proceso constituínte que garanta a resolución das necesidades sociais, a partir dun plan de emerxencia social e nacional de urxencia,
1.- Nacionalizando as empresas en crise, Alcoa, Vulcano, Ferroaltántica, Poligal, R, ... e estratéxicas (electricas, térmicas, telecomunicacions, ...), renacionalice todos os servizos privatizados en sanidade, dependencia, educación,... baixo control dos traballadores / as e usuarios / as.
2.- Garanta pensión publicas de mínimo 1080 euros, blindadas como direito constitucional e non como umha esmola.
3.- Un transporte publico e colectivo que integre o territorio, e poña freo a desertización do rural.
4.- Que derrogue todas as reformas laborais, de pensións e legais, que o longo destos anos fixeron retroceder os nosos direitos sociais e políticos destas décadas (lei mordaza, lei de partidos, etc.)
5.- Por plans industriais planificados democráticamente, a partir das necesidades da poboación traballadora e sustentable, que garanta todos os postos de traballo. ¡Non podemos permitirnos o luxo de perder un só posto!
Na Galiza, como nazón oprimida, só fundindo as loitas da clase obreira á loita polos direitos políticos como nazón pódese abrir portas para que a unidade non sexa ?uniformidade?; o direito a decidir do pobo galego é irrenunciable neste camiño de construír o movimento pola ruptura co réxime.
Galiza, como o Estado Español, precisa loitar por outra sociedade, polo socialismo, que rompa coa espiral de crise, inestabilidade e saqueo á que nos somete o capitalismo todos os días.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|