A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ruptura de En Marea, o fin dun ciclo
Co pase ao grupo mixto e os anuncios de novas forzas políticas, como Galiza en Común, a xeira de ANOVA cara setembro e a proposta de Villares doutra organización, formalizase o que era un feito, a ruptura de En Marea.

Na rolda de prensa de Villares onde facía um balance da ruptura, e aínda que pode ter moita razón na deslealdade coa que actuaron desde Podemos (non era nengumha novidade) e a incoerencia de ANOVA, non vai ate o final na sua avaliación: Podemos actuou como fixo por motivos políticos, cuns obxectivos ben claros, sacar a loita da rúa, institucionalizala e laminar calquera opción que soara rupturista co réxime.

Un balance político é umha aprendizaxe para o futuro: se umha organización que xurde como "espazo rupturista co réxime" convertese en parte de esse réxime -porque ese e non outro é o centro do problema- a sua desaparición é a consecuencia inevitable: está traizoando as súas orixes. E agora temos a uns procurando un encaixe no goberno do PSOE como Podemos, outros defendendo algo que non saca ningumha conclusión política do fracaso destos anos; e uns terceiros navegando entre ambas opcións sen rachar co ADN que provocou esta situación: o electoralismo e o institucionalismo.

Porque este é o fondo do problema. Tanto AGE como despois as ?mareas?, e Podemos a nivel estatal, xurdiron dun dos grandes acontecementos políticos dos anos da crise, o 15M, cando centos de miles de persoas rompen cos partidos do réxime, nomeadamente co PSOE, ao calor da revoltas árabes, do levantamento obreiro e estudantil de Wisconsin, ... da traizón do PSOE cando lanza a guerra social contra os traballadores / as, asumindo as directivas da Unión Europea e a Troika.

Entre o 2011 e o 2014 asistimos no estado español a un gran ascenso da loita social masiva, obreira e popular; con folga xerais, mobilizacións sectoriais como as ?mares? en defensa dos servizos públicos (sanidade, educación, etc.), a loita contra os desafiuzamentos, que pon contra as cordas non só á xustiza mas tamén o sector financeiro, etc., etc. Este ascenso culmina coas Marchas da Dignidade do 22M do 2014, que xunta centos de miles de persoas en Madrid baixo o lema ?pan, traballo, teito e dignidade?.

Pouco despois, o rei JC, acosado pola corrupción, ten que dimitir (abdicar), abrindo unha crise sen precedentes no réxime do 78: o herdeiro directo de Franco para garantir o ?atado e ben atado?, ten que deixar a Xefatura do Estado para buscar continuidade a un réxime en horas baixas. A sua abdicación abre unha nova porta na loita, a esixencia dun referendo ?monarquía ou república?.

Neste momento de crise social e política amplios sectores da sociedade en loita achan no chamado ?mover ficha? de decembro do 2013 unha canle para expresar o seu desacougo coa situación. O chamado ?mover ficha? transformase nun partido, Podemos, que presentase como a ?nova política? que din recoller ás esixencias do 15M, do ?chámanlle democracia e non o é?, etc., prometendo loitar por abrir un proceso constituínte que de solución ás esixencias sociais.

Este fenómeno estatal de Podemos, ten as suas expresións nacionais; e na Galiza tras as pegadas de AGE, e o longo do 2014 e 2015 xurden umha morea de reunións, asembleas abertas, etc., cara a constitución de organismos de ?unidade popular?; ate o BNG sumase a esta lóxica. O final cristaliza en dúas candidaturas, o BNG mantense e En Marea que ven a substituír a AGE.

Mas todas elas teñen o mesmo ADN, o electoralismo. Fían a forza da resposta social á sua expresión electoral e institucional, a acadar postos nos parlamentos, nos concellos, nas deputacións,... como se este fose un novo comezo; mas esquecendo o fundamental, os parlamentos, os concellos e xa non digamos ás deputacións, non so son parte do estado burgués en xeral, senón que son institucións dun réxime, o do 78, herdeiro do franquismo. E como non podía ser doutra maneira, elas tamén son herdeiras do franquismo.

Poñer as esperanzas de ?cambio? numhas institucións deseñadas para o contrario, e poñer a mobilización e organización independente da poboación traballadora en función do numero de cargos públicos, era facerlle un fraco favor ás necesidades sociais. O único que podía resultar era o debilitamento da mobilización e organización social independente do estado, fose a que fose a institución, e o fortalecemento das forzas políticas da direita, incluído o PSOE. Co que poucos contaban era que ese fortalecemento dera vida a un partido tan reaccionario como VOX.

O réxime do 78 vai da Xefatura do Estado ate o ultimo concello, e del fan parte os partidos institucionais, os sindicatos maioritarios, etc.; era todo este entramado institucional o que dun xeito confuso rexeitábase no 15M do 2011, baixo o lema ?chámanlle democracia e non o é?; non entender isto é a chave que levou ao fracaso da ?nova política?, que rematou reintegrando a forza social desatada ese ano dentro dos cadros do réxime. Agora vemos a Podemos suplicar un pacto co goberno do PSOE, cando o 15 M as rúas cansáronse de berrar, ?PSOE-PP, a mesma merda é?.

Non é a primeira vez que un proceso de loita social masiva remata no charco do electoralismo; a Transición española é o máximo exemplo de como a foza social da clase obreira, dos estudantes, das mulleres, da veciñanza,... foi levada ao pantano das eleccións no 77. E todas as aspiracións de ruptura co réxime de Franco ficaron no que hoxe vívemos, un réxime administrado polos herdeiros de Franco, con Felipe VI a cabeza.

A participación nunhas eleccións nunca poden ser un fin en si mesmo, senón que son parte dumha loita moito máis profunda, a que enfronta as formas políticas, os réximes dos que o capital dotase para mellor explotar e oprimir, que no estado español chamase ?réxime do 78?. Non ter en conta esta relación de que as eleccións son parte da loita política e non o inves, leva inexorablemente a claudicar ás institucións do estado.

Ben, o debate concreto é de como encarar o futuro é, un, como tras o desastre destos anos de experiencia institucional reconstruímos o espírito que deu orixe a AGE, o bloque rupturista co réxime do 78, e o que derivase disto diante do 25 de Xullo e as eleccións galegas do ano que ven: non deberíase recoller a idea dumha candidatura rupturista co rexime? En Marea morreu, é hora de lanzarse á construción dum movimento baixo esa proposta rupturista.

Mas o 15 M tiña outro contido, mais social e tamén confuso, que foi traizoado por aqueles que desde a ?nova política? arrogáronse o papel dos seus voceiros. O 15 M non so berrou contra o réxime do 78 e os seus partidos, senon contra o carácter da crise, cando levantouse as palabras de orde, ?non son as persoas, é o sistema?, ou ?abaixo a ditadura dos mercados?.

Con estas propostas, aínda que sen moita claridade apuntábase que o simple recambio nas persoas que xestionan o sistema non chegaba; que había que ir mais alo. As forzas políticas que como en En Marea simplificaron os lemas, defenderon que coa substitución dos corruptos por persoas honradas, chegaría o ?cambio? ou ben trabucáronse ou ben traizoaron as loitas; o resultado foi o mesmo, todo ficou dentro dos marcos das institucións cun retroceso na mobilización social e os seus obxectivos.

Para o futuro faise imprescindible, diante dos ataque se veñen ?non ha mais que ver compón a nova dirección política da UE, umha neoliberal alemá do Partido Popular Europeo, a ex do FMI, Lagarde e o ministro de asuntos exteriores, J Borrell-, novos recortes, novas reconversións industriais, mais limitacións nos direitos democráticos, hai que poñer no centro das loitas dos direitos laborais, sociais e políticos.

Mas, aprendamos do pasado: as institucións do réxime do 78, como a Unión Europea, non serven para enfrentar estos ataques e non son reformábeis desde dentro, calquera política que levante a menor ilusión en que é posible un ?cambio? sen loitar contra as súas estruturas políticas, so conduce á desmobilización social e, de últimas, ao reforzamento do inimigo de clase e os seus partidos.

O programa que se levante ten que ter como principios fundamentais a independencia total das institucións e as empresas, a democracia na toma de decisións e a confianza só na mobilización social, a partir dos métodos da clase obreira, folgas e manifestacións. O 15 M apuntaba, a súa maneira, neste camiño, e este é o que temos que retomar, sacando todas as leccións precisas destos anos de confianza do ?cambio? desde as institucións.
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 04-07-2019 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ou de como escribir un tixolo de máis de 1400 palabras sobre o n#blgtk08#acionalismo galego sen usar unha soa vez a palabra nacionalismo
Comentario por Verea (15-07-2019 19:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0