A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
POR UMHA SAÍDA OBREIRA, DEMOCRÁTICA E POPULAR Á CRISE |
|
NO 1º de MAIO
POR UMHA SAÍDA OBREIRA, DEMOCRÁTICA E POPULAR Á CRISE
Este 1º de maio prodúcese sumido no tsunami electoral, das recentes eleccións xerais, e as vindeiras europeas e municipais; e temos que reafirmarnos no lema de que ?goberne quen goberne, os direitos deféndense?, porque tanto a patronal como a UE marcan os limites das políticas do goberno que entre, teña a cor que teña.
O longo destos mais de dez anos de crise, o balance é demoledor: no 2007 ser mileurista era ser pobre, hoxe ser mileuristas é un privilexio.
Mas novos pantasmas dumha nova recesión xa témolos aquí a través dos EREs, ERTEs, non pagamento de salarios, mais privatizacións e deslocalizacións. Alcoa, Ferrotlántica, Ence, Térmicas, La Voz de Galicia, Dia, Vodafone, Bosch, súmanse a destrución planificada dos servizos públicos.
Son umhas ameazas que non afetan só a clase traballadora galega, senon o conxunto da Unión Europea; na Alemaña comezan a despedir a temporais pola queda das exportacións (é o estado mais exportador do mundo), e na Franza manifestase coa caida do consumo, que únense o Brexit británico e as imprevisibles consecuencias. A recente aprobación do Produto Europeo de Pensións, que supón un plan de conxunto de toda a UE para o desmantelamento das pensións publicas, e a sua privatización, é un anuncio da que se ven.
Para superar esta nova recesión, o capital e os seus gobernos teñen declarado a guerra social contra os direitos sociais e políticos da clase traballadora e os pobos, non son só os ?Trump? españois os que marcan os limites do terreo de xogo: a destrución definitiva das conquistas chamado ?estado do benestar?, senon gobernos como o de Macron en Franza, contra as que teñen se levantado os ?coletes amarelos?, ou Syriza en Grecia os que aplican esas políticas.
As deslocalizacións, os peches de empresas, as privatizacións de servizos públicos, a redución dos salarios, ... só teñen un obxectivo, aumentar os beneficios empresariais, e para isto, os gobernos poñen toda a carne no asador, aumentando as medidas represivas de recorte de liberdades (lei mordaza, restricións o direito de folga, etc.) , que dificulten ou impidan directamente a resposta obreira e social aos recortes.
Umha saída obreira, democrática e popular
Despois de anos de neoliberalismo e retrocesos, ancorados nas perspectivas electoralistas e pacto social, os traballadores e traballadoras temos que recuperar os obxectivos e métodos de loita que levaron ás conquistas que están a ser desmantelados; a xornada de 8 horas, os contratos fixos tras 15 días de proba (non indefinidos), a Seguridade Social pública, o seguro de desemprego tras 6 meses de traballo, pensións publicas tras 8 ou 15 anos de cotizacións, xubilación voluntaria aos 61 anos, etc.
Contra a guerra social desatada polo capital e os seus gobernos esixe loitar por un PLAN DE EMERXENCIA SOCIAL que de umha saída obreira e popular á crise, no camiño da transformación socialista da sociedade.
1.- Defensa de todos os postos de traballo; cun desemprego do 15% da poboación activa, e unha nova diáspora na emigración, Galiza non se pode permitir a perda dun só posto de traballo.
2.- Nacionalización das empresas baixo control das organizaciones obreiras, con plans industriais ao servizo das necesidades socias, baixo a planificación da democrática da economía.
3.- Renacionalización dos servizos privatizados, e contratación de persoal para resolver as profundas carencias do sistema.
4.- Derrogación de toda a lexislación dos gobernos do PPSOE que impuxo os recortes , desde as reformas laborais, das pensións, da sanidade, etc., etc.
Todo isto é pan para hoxe mas fame para maña, se non enfrentamos as institucións do réxime que fan posíbel estes recortes, abrindo un proceso constituínte onde se garantan todas as conquistas da clase traballadora. O réxime do 78 establece os limites legais que permiten aos sucesivos gobernos aplicar as políticas decididas na Unión Europea.
A partir do recoñecemento das condicións concretas da clase traballadora na Galiza e dos seus direitos nacionais, frente os plans de ?guerra social? dos gobernos, da Xunta ou do Central, non colle o ?sálvese quen poda?, que é a mellor garantia de ?aquí non se salva nin deus?.
O 1º de maio é, desgraciadamente, o día no que obrigase aos traballadores / as que a todos os días loitan xuntas nas fábricas e empresas, a escoller baixo que bandeiras queren se manifestar.
Por elo, temos que avanzar na reconstrución da unidade da clase traballadora, con xornadas de loita unitarias contra os planes de desindustrialización e despidos, contra as privatizacións e o desmantelamento das conquistas sociais.
Facer o contrario, é absolutamente defensivo e só conduce a novos retrocesos. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|