A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ALCOA: A LOITA POLA NACIONALIZACIÓN CONTINUA
O preacordo asinado en Madrid entre os Comités de Coruña e Avilés, CCOO e UXT, e a empresa, so ten que significar umha prorroga para conquistar a única garantía do mantemento do 100% dos postos de traballo, a nacionalización da empresa.

Ante a cerrazón desta, cuxos planes reais aínda están por descubrir, e o silencio cómplice do goberno, que consideraba a nacionalización como "comunismo", este acordo previo pode dar un pouco de oxixeno tras mais de dous meses de loita, a condición de manter a tensión da loita, e estendela a outras empresas ameazadas como Ferroatlántica ou Bricodepot.

Pola contra, se o que realmente pretendese co acordo previo é soltar presión, e abrir unha rolda de negociacións para procurar recolocacións ou prexubilacións, a súa sinatura é abrirlle as portas á empresa para que acade os seus obxectivos.

Por último, pode ser unha trampa que destape os verdadeiros obxectivos da empresa, que esta comprométase á manter 286 postos de traballo e investir 20 millóns de euros en mellorar as instalacións. Non será que o obxectivo real de Alcoa era "desfacerse" dumha parte dos cadros de persoal, os que teñen mais antigüidade (prexubilizacións), para despois reflotala con novos traballadores / as sen conquistas e absolutamente precarizados, como acontece xa en moitas outras industrias e empresas?.

Sexa o que sexa, a única garantía de manter os postos de traballo, con condicións dignas, é loitar pola nacionalización de Alcoa.

Este é o único sentido que pode ter o acordo previo, recuperar forzas, e traballar xunto co resto da clase obreira, comezando polos ameazados polos mesmos ataques de despidos e precarización, para respostar dun xeito unido aos ataques o emprego que están se a dar na Coruña (Ferroatlántica, Bricodepot, Comcor...), Galiza (Ere Citroen, Sanidade publica, etc.) e o Estado Español (Vestas, CEMEX, Vodafone, etc.).

As cúpulas sindicais teñen que deixar moi claro que o centro do acordo previo non é para negociar postos de traballo por indemnizacións, como xa nos teñen acostumado; senón para preparar novas loitas en defensa de TODOS OS POSTOS DE TRABALLO, haxa ou non inversor.

Non será hora de facer umha reunión de comités afectados polos despidos, Alcoa, Térmica, Bricodepot, Comcor, Vodafone, La Voz, Ferrotlántica... E convocar umhas mobilizacións conxuntas, na defensa de TODOS OS POSTOS DE TRABALLO? Que van deixar A Coruña nun sitio onde non se vai recolocar nin deus, porque non haberá postos de traballo: La Toja Culleredo pechárona tamén coa promesa de recolocacións, e abriron no solar (especulación) un Outlet onde traballan algúns dos de La Toja; os demais carne de emigración e subemprego.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 18-01-2019 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0