A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MANIFESTACIÓN A CORUÑA, APOIO A ALCOA |
|
contra a perda de postos de traballo
UNIDADE DAS LOITAS
Os e as traballadoras de Alcoa levan mais de dous meses de loita en defensa dos seus postos de traballo, e o único que encontran como resposta dos gobernos que resgatan bancos e autoestradas, deixar facer ás empresas ou como moito marear a perdiz prometendo "compradores"; porque o de intervir empresas, nacionalizando-as, para garantir os postos de traballo é "comunismo", como din a ministra.
Este peche non cae en "ceo sereo". Nos últimos tempos asistimos a unha cadea de peches e EREs; La Voz de Galicia, Ferroatlantica Cee, ameaza sobre as Centrais Térmicas, Bricodepot e Comcor na Coruña, que se veñen a sumar aos destruídos o longo da crise, como os 6000 que desapareceron na sanidade ao servizo da súa privatización. Xunto os EREs na empresa privada, o ano pasado as cúpulas de CCOO, UXT e CSIF asinaron un ERE encuberto na Administración que supón a perda de miles de postos de traballo.
Esta é a realidade que enfronta a clase traballadora galega e española; froito dumha crise que xeraron os empresarios e banqueiros e que estamos pagando toda a clase traballadora, uns cos postos de traballo (Alcoa, Ferroatlántica, e as que veñan), outros coa precarización absoluta das condicións de traballo (na Galiza aumentaron un 30% os contratos de semana e dia), e todos e todas cos servizos públicos, onde a perda de postos de traballo supón a sua destrución para a privatización. E despois de traballar 40 anos, quedarannos umhas pensións públicas de miseria, a maior beneficio dos mesmos que xeraron a crise, os bancos e grandes empresarios.
O pasado mes de decembro o pobo traballador de Vigo saiu á rúa masivamente contra a destrución da sanidade; fai dous dias milleiros de persoas en Santiago polo mesmo motivo. Hoxe na Coruña contra o peche de Alcoa, ... Ate cando imos respostar co "sálvese quen poda" ante o que é un plan de conxunto de todos os gobernos, a Xunta e o Central: empobrecer á clase traballadora e o pobo para beneficiar os mais ricos.
O "sálvese quen poda" é a mellor garantía de que aqui "non se salva nin deus". Aprendamos do pobo traballador francés, non esperaron catro anos a "votar"; eles non loitan para protestar e irse para casa, esperando do "político" de quenda boas palabras; ELES LOITAN PARA GAÑAR.
Frente a un plan de conxunto do que é parte o peche de Alcoa, só podemos dar umha resposta unitaria. Todos os sectores en loita, desde Alcoa ate a Sanidade, pasando polos pensionistas, as mulleres -agredidas día si e día tamén-, a xuventude ten que construír desde a base, desde os centros de traballo e estudo, desde os barrios e as vilas, umha XORNADA DE LOITA RECONDUCIBLE (TODOS OS DÍAS VOTASE EN ASEMBLEAS A CONTINUIDADE OU NON DA LOITA), ATE DERROTAR Á XUNTA DO PP E O GOBERNO DO PSOE.
Ambos os dous son os responsabéis das sucesivas reformas laborais, de pensións, dos recortes (artigo 135 da Constitución),... que truxeron-nos ate aquí, e que este goberno negase a derrogar. So a derrogación das reformas, dos recortes e as medidas legais que os avalan, garante que as conquistas non sexan efêmeras.
Ademais, a única maneira de defender os postos de traballo ameazados significa sacar das mans privadas e a lóxica do beneficio ás empresas. Por iso nacionalizar Alcoa, e as empresas estratéxicas como as eléctricas, parar as privatizacións dos servizos públicos e renacionalizar todo o privatizados, defender as pensións publicas, etc., é a principal garantía da súa continuidade.
É tarefa das organizacións sindicais, sociais e políticas que rexeitamos os plans de empobrecemento social dos gobernos, poñernos a traballar neste sentido.
Corrente Vermella chama a participar na manifestación de apoio aos traballadores / as de Alcoa, o domingo 13 X, ás 12 na Palloza (A Coruña). |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|