A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unidade contra a destrucción da Sanidade Pública
A semana pasada manifestáronse 40.000 personas en Vigo pola dignidade da sanidade pública, trala dimisión de 25 cargos da área sanitaria de Vigo a primeiros de decembro polo deterioro da atención primaria sanitaria.

As urxencias de Santiago, o personal das ambulancias, as plantillas dos Puntos de Atención Continuada, a atención primaria, o personal precario da sanidade, e colectivos como a Marea Branca e a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública levan moito tempo denunciando e mobilizándose para defender un dereito tan básico como o da saúde.

Pódese dicir que os conflitos levan bastante tempo sendo constantes tanto en Galicia coma no resto do Estado, onde recentemente houbo mobilizacións desde Catalunya ate Andalucía.

Tamén fai unhas semanas que vimos ós chalecos amarelos de Francia arrancarlle ó seu goberno (tan austericida coma os nosos) concesións bastante significativas: em catro semanas de mobilizacións acadaron mais que con catro anos de ?preguntas parlamentarias?. Demonstrase asi que mobilizarse funciona, cando as consignas políticas son claras.

Personal que reclama estabilidade, máis medios e plantilla e xente usuaria que non poden facer fronte ós repagos de medicamentos ou derivacións a centros privados,... Todas estas protestas teñen en común a denuncia e loita contra os recortes e privatizacións que está a sufrir o sistema sanitario público, as políticas de austeridade que fomenta a UE e que os gobernos centrais e da Xunta non teñen ningún reparo en aplicar baixo o paraugas do artigo 135 da Constitución e da Lei 15/97.

Pero se queremos unirnos para acadar unha sanidade 100% pública, gratuíta e universal, con condicións laborais axeitadas para que as plantillas desenvolvan o seu traballo, non ten sentido confluír con organizacións como PSOE (lembremos, o partido do governo central), CCOO e UXT que todos estes anos demostraron que non están contra as privatizacións nin contra os recortes, nin polas condicións do personal sanitário; son parte da aplicación da lei 15/97 e do artigo 135 da Constitución.

A estes so interessa-lles o que poda desgastar eletoralmente o gran destrutor da sanidade, o PP e Feijoo mas non recuperar o privatizado e parar a destrucción da sanidade: o PP hai que botalo, mas non para substituir um privatizador por outro. Por isso, bem lles ven as mobilizacións illadas umha doutra, para pressionar e desgastar, mas non para gañar. A única maneira de parar a destrucción da sanidade pública é loitar ate gañar.

Por isto, dende Corrente Vermella, que fai parte da LIT-CI, chamamos a todas aquelas organizacións que si defenden a sanidade pública a romper cos privatizadores (PSOE, CCOO e UXT) e a traballar para organizar unha xornada de loita unitaria contra o desmantelamento da sanidade pública e recuperación do privatizado.

Os colectivos, activistas e organizacións que participamos nestes movementos debemos fomenta-la unidade de todas esas loitas en base á esixencia da derrogación do artigo 135 da Constitución e da Lei 15/97. A destrucción da sanidade e a sua privatización é umha politica de estado, que estase a levar adiante desde alo menos 1997, polos sucessivos governos. Por isso, goberne quen goberne, a sanidade defendesse.

Corrente Vermella chama á poboación traballadora a participar na manifestación convocada pola Comisión de Centro do CHUS (Centro Hospitalario Universtario de Santiago), o vindeiro 9 de xaneiro, ás 19 h, na Pza Roxa de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 02-01-2019 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0