A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Alcoa non se pecha
NACIONALIZACIÓN BAIXO CONTROL OBREIRO

Os e as traballadoras de Alcoa de A Coruña e Avilés comezaron umha loita contra o peche das fábricas que pretende a multinacional ianqui, despois de se embolsar 1 mil millóns de euros en subvencións e de non investir nin un duro na mellora das instalacións.
Polas condicións concretas da produción de aluminio, en fornos, desde o comezo da loita o cadro de persoal ten que mantelos acendidos, pois de non seren así, o metal solidificaríase e recomezar a atividade daría argumentos para o peche das fábricas: o custe de reiniciar os traballos sería altísimo.
Esta é umha primeira demonstración práctica de para que serven realmente os empresarios, á hora do traballo: para se embolsar os beneficios... porque a produción é cousa dos traballadores e traballadoras. Umha fábrica pode funcionar sen que os empresarios existan.
Mas para manter a produción son precisas materias primas, combustible, electricidade, etc..., a patronal de conxunto pode asustarse do exemplo de que non serven para nada, e boicotear a chegada dos elementos imprescindibles para o funcionamento da factoría, paralizando desde fora o que os traballadores desde dentro, manteñen viva.
Fronte a elo faise necesaria a esixencia de que o estado fágase cargo de manter o traballo, aportando os insumos necesarios para ese funcionamento, garantindo con feitos e non con palabras e pactos, todos os postos de traballo.
A suma de ambas medidas, a dos traballadores / as e o estado, chamase "nacionalización baixo control obreiro". O Estado faise cargo do que os traballadores / as xestiona; mais claro a auga.


A solidariedade da clase traballadora

A perda de postos de traballo están á orde do día, non so en Alcoa e outras industrias como Vestas León fai pouco; mas tamén nos servizos públicos, como a sanidade, a educación, servizos sociais,... ou grandes empresas como hospital privado POVISA en Vigo, que ameaza co despido de 1500 traballadores e traballadoras da sanidade.
Os despedimentos nos servizos públicos teñen como obxectivo privatizalos, como fixeron no seu momento con Inespal, industria estatal vendida a Alcoa, que de 11 fábricas so quedan 3, e van camiño de que non quede ningumha; para que o final, sexan grandes empresas as que leven os beneficios.
A loita de Alcoa en defensa dos postos de traballo non é diferente; porque están xogo os direitos laborais conquistados o longo dos anos, en sanidade, en pensións, en condicións de traballo,... a unidade e a solidariedade da clase traballadora en DEFENSA DE TODOS OS POSTOS DE TRABALLO é imprescindible: é umha loita contra as políticas que recortan en direitos á clase traballadora.

A ultima palabra: os traballadores e traballadoras
A experiencia demonstra que as negociacións entre sindicatos e empresa sempre... SEMPRE, redundan nun mercadeo de diñeiro e indemnizacións por postos de traballo, co peche da empresa no final do camiño. É preciso lembrar os exemplos na Coruña?, a listaxe é longa, polo que so mencionaranse os mais senlleiros: Mafriesa, SIDEGASA, Fenosa, Caramelo (dúas veces), Banco Pastor,... Todas elas hoxe pechadas, con miles de postos de traballo perdidos, e a xuventude ou en precario ou na emigración.
Por iso é inaceptable que as negociacións sexan entre sindicatos, empresa e estado, marxinando aos comités de A Coruña e Avilés. Porque non contan cos representantes lexítimos dos traballadores / as?... Porque é mais fácil que as cúpulas sindicais, alonxadas dos centros de traballo, asinen o que á empresa e o estado lle convén; COMO SEMPRE.
A loita contra o peche de Alcoa ten que extenderse; manifestacións como a do sábado teñen ser un paso nesa loita, na súa extensión o conxunto da poboación traballadora, coa convocatoria de tantas Xornadas de Loita Xerais que sexan precisas para conquistar que ALCOA NON SE PECHA.

Ningunha confianza nos gobernos
Inespal foi vendida a Alcoa polo goberno de Aznar co silencio da Xunta de Fraga. Ningún goberno posterior, sexa da cor que fose, nin galego nin central, prantexaronse a necesidade de recuperar ás fábricas para o estado; era o triunfo do neoliberalismo. Como agora, que diante da intención da empresa, o mais que se propón e a "tarifa eléctrica galega", como se fose o bálsamo de Fierabrás para resolve-los problemas de Alcoa, e da industria galega.
Alcoa xa dixo que son "problemas intrínsecos", e eses son que xa ten aberta a factoría en Arabia Saudí (a teocrática, homófoba e asasina de iemenís), que ten umha capacidade produtiva superior á suma de A Coruña e Aviles. Ademais, China, tras a guerra comercial cos EE UU, inunda o mercado con aluminio máis barato.
Por iso o problema de Alcoa, como da industria en xeral, non é umha "tarifa eléctrica" que lles permita competir no mercado, senón que chamase CAPITALISMO. Sempre haberá alguén que compita en "mellores" condicións, destruíndo condicións laborais, producindo mais barato (saudís ou chinesas, neste caso)
A única perspectiva posible é romper con esta dinámica cara abaixo nas condicións de traballo e sociais, na que a competencia entre os empresarios teñen metido o mundo, é NACIONALIZANDO as industrias esenciais como a electricidade, ... e poñéndoa baixo o control democrático da clase traballadora, que planifique a produción de bens e servizos en función das necesidades sociais e non dos beneficios patronais.
Os gobernos, o central e Xunta, nunca van tomar ningumha medida que rompa esta dinámica destrutiva dos nosos direitos: con cada posto de traballo perdido, un direito vaise polo desalgue; por iso non podemos confiar e ningún deles. Os gobernos son parte do problema pois aplican as políticas que desde os centros reais de poder, os consellos de administración das empresa, as Bolsas, os Bancos centrais, deciden.
A única garantía de que todos os postos de traballo se manteñen, que a fábrica non pecha, é a que están levando adiante os traballadores / as de Alcoa, manter eles a produción,... é ESIXIR A NACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS; chamado ao apoio activo de toda a clase traballadora.


A sua loita é a nosa loita!


Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 24-10-2018 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0