A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EN DEFENSA DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN |
|
CONTRA O RECORTE DAS LIBERDADES
EN DEFENSA DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN
As medidas de recortes sociais e reformas laborais, de privatizacións e desmantelamento do público, de negación dos direitos do pobo catalán a decidir,... non son alleos ás medidas de retroceso nos direitos politicos, como a liberdade de expresión ou a imposición de censura nos medios de comunicación privados e públicos. Os gobernos, para impoñer os retrocesos sociais, teñen que recortar as liberdades da poboación.
A manipulación dos medios de comunicación públicos en Galiza é tan obvia nalgún caso, que chega a dar risa.
A ocultación dos lumes que cercaron Vigo o ano pasado (cando medios estatais levaban horas conectando en directo) ou os 50 seg. adicados á sentenza da Gürtel son uns dos exemplos mais destacables; mais son centos os casos de censura, manipulación e represalias contra profesionais que simplemente pretenden exerce-lo seu traballo de informar con veracidade.
Pódese afirmar que os medios de comunicación de masas non tanto crean opinión como reforzan opinións existentes. E neste sentido, están a ser usados para radicalizar a certos sectores da poboación con mensaxes xenófobos, anticataláns, etc., para que apoien sen moita reflexión ó sistema político xurdido da Transición: o que agora se chama o Réxime do 78. Corrupto, pailán, herdeiro e administrador do pasado fascista.
Coa manipulación informativa consiguen crear un ambiente óptimo para que unha parte significativa da poboación considere xustas ou acertadas medidas como o 155, a lei mordaza, os recortes, a represión sindical, a merma de dereitos de inmigrantes ou a non investigación a Juan Carlos de Borbón por ladrón. E a súa radicalización fai que se mobilicen físicamente para aplicalas, como fan as patrullas que co conto de retirar lazadas amarelas o que buscan, simplemente, é unha escusa para liarse a tortas.
As plantillas de CRTVG e CRTVE levan tempo pelexando por non seren obrigadas a mentir á poboación, e nesa pelexa coinciden nunha loita por un dereito universal, unha loita política, con un movemento dirixido por personas da clase traballadora. Unha loita, como levan traballadores/as de do sector público (sanidade, educación..) e das empresas privadas, no camiño de unifcar todas as loitas.
Que xusto somos as que sufrimos as políticas da Xunta e os gobernos centrais de reformas laborais, destrucción do público e retroceso de dereitos pero ó mesmo tempo pola nosa función no sistema sómo-las únicas que podemos exercer unha presión eficaz para esixi-las nosas reivindicacións e facer dimitir o goberno da Xunta, e derrubar este tinglado corrupto pactado no 78. Pois as nosas esixencias non son compatibles con este réxime que encorseta liberdades. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|