A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CORRENTE VERMELLA DIANTE DA PROPOSTA DE FOLGA XERAL DA CIG

A CIG ven de propor a convocatoria dumha folga xeral para o 19 de xuño, dirixida en prinicipio a CC OO e UXT, "que obrigue ao PP a retroceder nas suas posicións antisociais, antigalegas e antiobreiras". Sen lugar a dúbidas, a situación de "emerxencia social e nacional" de fai varios anos non non se resolveu, mas tamen agravouse. Hoxe todos os indicadores en direitos sociais e políticos na Galiza e no Estado Español están baixo mínimos.
Os gobernos do PP, tanto o central como a Xunta, debilitados pola corrupción, están mais debiles que nunca e o partido en fase de descomposición. Ate o de agora, desde que o PP xurdera nos 90, nunca tiveran alternativa na direita, era o que se chamou o "bipartidismo" co PSOE, mas a aparición de Cs como recambio pola direita, fai que a descomposición agudícese
A pesar da súa debilidade, contan co apoio do PSOE, de Cs e do PNb nas suas politicas fundamentais, como os orzamentos, e están a agravar as condicions de vida e laborais da clase traballadora e os sectores sociais oprimidos (mulleres, pensionistas, ...). Motivos ha dabondo para convocar, non umha, senon varias Folgas Xerais! É mais que evidente.

Mas a proposta da CIG ten dúas lagoas. Unha a quen se dirixe e dúas, a proposta cingida a Galiza.
Non é de recibo que a CIG chame á convocatoria dumha folga xeral aos que fan parte do problema e non da solución. Os que aceptaron as reformas das pensións e fan parte do fracasado Pacto de Toledo, os que levan decadas asinando reformas laborais, EREs, salarios á baixa, os que asinan Acordos na Administración que son verdadeiros EREs encubertos con consecuencias demoledoras para miles de traballadoras e traballadores publicos, os que na Galiza, non fai ni dous dias, traizoaron a folga da Xustiza, ...

Non ten moito sentido facer esta proposta, porque o NON será a contestación mais evidente, como xa fixo a UXT. Un NON porque nin UXT nin CCOO van cuestionar ao goberno que lles da de comer, e ao que apoian sen nengun remordimiento.

A CIG tería que ollar á sua esquerda, onde existen sindicatos de clase, combativos, e están xurdindo agrupamentos sindicais en sectores en ruptura co sindicalismo de xestión; proporlles a eles a unidade para facer un plan de asembleas de centros de traballo e sectoriais, para convocar mobilizacións conxuntas que constrúan a resposta contundente que supón umha folga xeral.
En segundo lugar, cinguir a proposta de Folga Xeral á Galiza é limitado. Non é que "non serva para nada" como dixo a UXT para rexeitar a proposta, e xustificarse de non convocar nada; o invés, si sirve, pois pon a politica no posto de mando, obriga a discutir como frear as politicas do PP e camiñar no sentido de derrubar estes gobernos corruptos e dos recortes, maxime tras a sentencia do caso Gurtel; mas para evitar que sexa a rua quen os derrube, xa xurdiron propostas de eleccións anticipadas (Cs) ou mocion de censura (PSOE/Podemos),
Claro que sirve!, mas só se fai parte dun calendario de mobilizacións discutido e aprovado en asembleas de centro de traballo e estudo, que insira-se nun proceso de loitas estatal cara a convocatoria dumha Folga Xeral Política que apunte o derrubamento destes gobernos; que non sexa um mero desgaste electoral deles a través da mobilización.
A uns gobernos que levan máis de 7 anos recortando, que seguen saqueando as contas do estado como se non houbera un maña; uns gobernos dun partido declarado como organización criminal, non se lles pode pedir outra cousa que "se vaian". Non hai nada mais nin nada menos que esixir; todo o demáis é pensar que vivemos nun estado de "normalidade democrática", e iso é umha ilusión. O Estado Español vive nunha situación de "excepción".

Mas teñamos claro que umha folga xeral non é un día de feriado, senon que ten que ser parte dun plan de loita sostida no tempo, para que "goberne quen goberne", impoña unha "saída obreira e democrática á crise". Nos ultimos anos ha moitas experiencias de gobernos progresistas, aos que se lles chegou a berrar "non nos falles", que fallaron, e convertironse en parte do problema e non da solución.
Corrente Vermella apoia toda mobilización que apunte neste sentido, por iso chamamos á CIG, ao sindicalismo alternativo, aos movimentos sociais que hoxe ocupan a rua (pensionistas, mulleres,...) a xuntarse urxentemente, e acordar un plan de mobilizacións para levar ás asembleas de centros de traballo, de estudo, aos barrios, onde se decidan as accións a levar adiante. Neste cadro apoiariamos a folga xeral do 19.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-05-2018 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0