A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Corrente Vermella diante do desafiuzamento do CSO A Insumisa |
|
1.- Rexeitamos a represión ordenada polo goberno municipal de Marea Atlántica no Concello de A Coruña, contra o CS A Insumisa.
2.- Umha forza que se din do cambio, nunca pode recurrir á represión para impoñer os seus proxetos a compañeiros e compañeiros, ainda que non se partillen os seus obxetivos. Contra a direita ningumha paciencia, mas frente á esquerda, toda a paciencia do mundo, por moito que non gusten as suas opinións, a democracia é lenta.
3.- A decisión do Concello ven dada pola presión de Fomento de resolver a situación, que xa ten acordado 1 millón de euros con empresas (umha UTE) para facer as reformas.
4.- Non partillamos os obxectivos nin os metodos do movimento okupa; para nós a ocupación de terreos ten que ser parte dumha ampla mobilización social para esixir ás institucions (Fomento, Concellos, ou a que sexa), para poñelos o servizo da veciñanza do barrio, de todas as suas organizacións sen exclusións (AA VV, sociais, sindicais, politicas, etc.), autoxestionado desde as asemblea sen restriccións.
5.- A utilización da represión demonstra que, por moita vontade de cambio que se poda ter, as institucións do rexime como os concellos e a sua policia, terminan por impoñer os seus metodos. Non se pode cambiar o Vaticano, facendonos todos curas e monxas.
6.- Consideramos, en fin, que a utilización da represión é dumha gravidade que implica a dimisión inmediata do concelleiro / a responsabel, pois vulnera todos os principios democráticos da esquerda. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|