A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
17 M: TODOS E TODAS ÁS CONCENTRACIONS EN DEFENSA DAS PENSIONS PUBLICAS |
|
QUÉRENNOS ROUBAR UN DEREITO PARA CONVERTELO NUN NEGOCIO
O pasado 22-F miles de pensionistas saíron á rúa para rexeitar rotundamente a esmola do goberno do PP, que non subida, do 0.25% das pensións públicas. A subida do IPC, un 1.45, e o incremento de prezos en artigos básicos, como da alimentación, a electricidade (55% no últimos catro anos) ou os medicamentos vía copago, explican a xusta indignación xerada.
Desde todos os medios insístese en que ?o sistema está en perigo?, ?non hai diñeiro para as pensións?, ?aforrade desde mozos nunha cervexa para un plan privado?. Isto é o que din os que baleiraron o fondo de pensións! É o discurso de todos os que desde a Unión Europea e os seus gobernos levan a cabo o desmantelamento do sistema público de pensións, o roubo manifesto dun dereito, dun ?salario diferido? que a clase traballadora conquistou hai anos, como unha garantía de tranquilidade na súa vellez.
Dinnos á cara que "non hai diñeiro" , mentres rescatan autoestradas privadas, dan por perdidos os 60.000 millóns de euros entregados á banca (esa que, din, non foi rescatada), impulsan unha política que beneficia aos empresarios, a través de subvencións ao emprego, deducións da seguridade social e reformas laborais, ou sosteñen unha política fiscal da que se benefician todas as empresas do IBEX 35, onde recalan os políticos do PP e do PSOE a través das portas giratorias. Non hai diñeiro para os pensionistas, pero se o hai para os empresarios, para os gastos da Casa Real e gastos militares e os que gardan os seus intereses, as chamadas ?forzas da orde?, ás que lles subiron os salarios dunha maneira importante.
O ?sistema non está en perigo?, puxérono en perigo para obrigar a subscribir fondos privados de pensións, pero os grandes prexudicados non somos só os/as xubilados/as actuais, senón todos/as os que se incorporan ao mercado laboral, comezan a traballar ou xa están a traballar, que verán como, senón loitamos agora, terán que traballar ata o último día da súa vida.
O rexeitamento unánime da política miserable dos gobernos do PP non nos debe facer esquecer que o responsable da última reforma, a que ampliaba a xubilación aos 67 anos, foi o PSOE. Por iso, calquera que non esixa, con todas as letras, A DERROGACIÓN DA LEI DO 2011, non só non é de fiar, senón que pretende dividir o movemento en defensa do sistema de pensións públicas, posto que foi ela a que abriu a porta, de pao a pao, ás medidas que agora sufrimos do goberno do PP.
Non nos poden enganar de novo con manobras, chapuzas improvisadas ou "reunións de emerxencia da comisión do Pacto de Toledo" dicindo que a solución pasa por unha nova reedición do Pacto de Toledo. Foi ese Pacto o que serviu para separar o pago das pensións dos Orzamentos Xerais do Estado, impulsar o negocio das pensións privadas e incorporar ás cúpulas de CCOO e UXT á xestión dos fondos privados de pensións.
Por iso non se pode ter nin a menor confianza nos que como os dirixentes do PSOE, CCOO e UXT, son parte do problema e non da solución. Hai que manterse firmes no que son as reivindicacións das Coordinadoras e Mareas de Pensionistas, a defensa do sistema público de pensións, a revalorización automática das mesmas, a subida da pensión mínima a 1.080 euros... só pódese garantir ligándoas aos Orzamentos Xerais do Estado, facendo ?pagar mais o quen mais ten?.
A loita pola defensa do sistema público de pensións ten que implicar non só aos actuais pensionistas senón a toda a clase traballadora, por iso, chamamos a unidade na defensa das Pensións Públicas: o ataque ven do Goberno do Estado e da Unión Europea, polo que dividir a resposta é facerlle un fraco favor a loita. Neste sentido o 17 de marzo, hai que volver encher e máis masivamente as rúas en todo o estado e volver unha e outra vez ata torcer o brazo do goberno do PP e do que veña.
- FÓRA A ESMOLA DO 0.25%
- REVALORIZACIÓN AUTOMÁTICA DAS PENSIÓNS CO IPC
- PENSIÓN MÍNIMA DE 1.084 EUROS
- XUBILACIÓN Aos 65 ANOS, VOLUNTARIA Aos 60 CON CONTRATO DE SUBSTITUCIÓN
- CONTRA A BRECHA SALARIAL NAS PENSIÓNS.
- PENSIÓNS PÚBLICAS A CARGO DO ESTADO: NON AOS PACTOS DE TOLEDO |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|