A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

4 F: CONTRA O DESMANTELAMENTO DA SANIDADE PUBLICA
Corrente Vermella chama ás traballadoras e traballadores, aos usuarios e usuarias, a participar na Manifestacion do 4 de febreiro, na Alameda de Compostela, ás 12, convocada por Sos Sanidade.

Alguén dúbida que o plan da Xunta, de ?caos organizado? no Sergas é para destruir o servizo de saíde público. Centos de camas pechadas, urxencias saturadas, servizos en desmantelamento ou privatización (desde a limpeza ate servizos médicos), umha lei de Garantias Sanitarias que neste cadro é un alimento para a privada, a través das derivacións os hospitais ?concertados?.

Para rematar a tarefa, umha lei de Sanidade que pecha catro áreas, que pon os servizos de I+D ao servizo da industria privada, os gastos en investimento corren por conta da sociedade a través dos orzamentos publicos, os beneficios levaa a privada, etc. ? e 7.660 vacantes entre os traballadores e traballadoras da sanidade,... Nun plan que desde fai dez anos ven desmontandoa.

Neste tempo desde a maioria da sociedade e as suas organizacións so fixeron algumhas grandes manifestaciones, ou umha folga na Sanidade no 2013, ? Pasaron 4 anos, e o pasado novembro convocouse outra limitada á ?recuperación dos direitos?, sen falar da Lei de Sanidade que estaba cociñandose na Xunta.

Frente a ela, saltaron mobilizacións en todas as areas afectadas, desde A Mariña ate Valdeorras, asi como o reciente peche no CHOU de Ourense, o a manifestación do 18 de novembro contra a Lei, xunto coa Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña, sindicatos como Sagap, Prosagal, CGT, SOS Mexoeiro, e asociacións de usuarios / as.

Está claro que é imprescindible non só umha manifestación unitaria, mas tamen un plan de mobilizacións que coordine as mobilizacións e lles de continuidade, ate derrotar a Xunta e os seus plans de destrucción da Sanidade Publica; un plan debatido e aprobado en asembleas e reunións nos centros de traballo, e incorporando aos usuarios e usuarias a través das suas asociacions, das Asociacións Veciñais, etc.

Tamen é necesario coordinar os esforzos na defensa dunha sanidade 100% pública co resto do estado, e mesmo a Unión Europea, porque a sua destrucción non é umha tolemia nin de Feijoo nin de Rajoy; non é umha mala xestión que resolvese cun cambio de xestores: o caso Grego demonstra como un cambio na xestión non mudou a política de desmantelamento da sua sanidade, o goberno de Syriza segue as ordes da UE, dos recortes e o austericidio que impón.

Por isto, de Andalucia, onde goberna do PSOE, ate Catalunya, onde fixoo a direita catalá, pasando por Madrid, onde como na Galiza, faino o PP, os problemas da sanidade son moi parecidos, e a resposta só pode ser igual, a loita por umha sanidade 100% publica, de calidade, o que na Galiza supón

- Rexeitamento rotundo da Lei de Sanidade proposta pola Xunta; diante dela non collen negociacións nin pactos, a Xunta só quere destruir a sanidade publica ao servizo da privada, e iso non é negociable.
- Reapertura de todas as camas pechadas e recuperación do carácter público de todos os servizos privatizados, sanitarios ou non.
- Consolidación dos postos de traballo en interinidade e OPE para cubrir non só todas as vacantes, mas tamen ate resolver as listaxes de espera. Acabar coas derivacións.


Os planes da Xunta e o Goberno central teñen um marco legal; primeiro a lei 15/97, na que se abre a porta aos hospitais concertados, segundo, o decreto do 2012, que anula o carácter universal da sanidade, e terceiro, mas quizais a mais importante, o artigo 135 da Constitución, onde todos os recortes nos servizos publicos (non só a sanidade, desde a dependencia ate o transporte colectivo) ponse en funcion do pago da debeda publica aos bancos: os seus beneficios están por riba das necesidades sociais.

A derrogación destas leis son chaves para avanzar na DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA.


Vide con nós, tras o lema ?NON A DESTRUCCIÓN DA SANIDADE PUBLICA?.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 31-01-2018 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0