A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

recuperemos as cidades e as vilas para a veciñanza
ante a situacion dos chamados ?accesos á cidade?

Non é nova a preocupación que existe na poboación polos problemas que está a xerar o crecemento sen control, sen planificación, da Coruña e a sua Área metropolitana. O que fai varios anos eran zonas de paso ou ?accesos, hoxe son barrios e zonas poboadas, onde misturánse as residenciais e as industriais; o exemplo mais claro desta situación é a chamada Nacional VI, Avda das Mariñas. Mas non é a unica, outro tanto acontece en toda Galiza, como o caso de Milladoiro ou Sigueiro na area de Compostela.

Mentras, as institucións corren tras os acontecementos. O Ministerio de Fomento, seguindo a lóxica neoliberal de ?cada quen que aguante a sua vela?, e querendo construir infraestructuras e estradas ate o infinito, e mais alo. Os concellos, pola sua banda, ancorados no municipalismo, non ven mais alo das fronteiras dos seus territorios; sen entender que a Galiza actual esta fortemente integrada, que esos concellos son reliquias do pasado e freos o desenvolvimento: o 40% da poboación activa galega movese dun municipio a outro para traballar (e non só, para o lecer ou estudar).

Neste cadro, Corrente Vermella rexeita todas aquelas obras de infraestructuras propostas polo Ministerio de Fomento, como a posible ampliación de Lavedra ou as rotondas na Avda da Mariñas, que detraen medios financieros de outras solucións ao servizo do ?deus? coche, e non están o servizo de humanizar a area, fomentando un sistema de mobilidade mais barato, sostible e a nivel humano, o transporte colectivo.

Ate o de agora todas as institucións, para xustificar as suas obras, agochabanse tras a manida ?falta de educación? no uso do transporte colectivo, como se os galegos e galegas fosen estupidos e quixeran gastarse 200 euros o mes para manter o coche privado, alen do pago da ORA, que é a privatización do chan urban. A realidade ven a desmontar esta falacia; a pesar do desmantelamento de moitas estacións intermedias e do seu alto prezo, cunha simple mellora nos tempos no tren entre A Coruña, Santiago, Vilagarcia, Pontevedra e Vigo, co ramal de Ourense, o seu uso aumentou un 330% según datos de Renfe. Onde queda a suposta ?incultura? da cidadanía? Non se usa o que non se ten!

O problema non é a ?falta de educación?, senon a inexistencia en moitos casos de transporte colectivo, ou a sua concepción subsidiaria respecto do ?deus? coche particular, con horarios e frecuencias que non respostan ás necesidades sociais, de ir o traballo ou centros de estudo, poligonos industriais, facultades, etc., o que fai imposible o seu uso. Tan subsidiaria é, que con so subir a un bus decatase que as persoas que o usan non son os homes maduros, son mulleres, estudantes e xubilados. O ?macho? non vai en bus ao traballo, el vai no ?seu? coche.

O desprezo polo transporte público e colectivo non é froito nin da ignorancia nin da ?mala uva?; senon dumha concepción polítíca no Estado na que o pobo traballador galego sumunistra man de obra para a emigración (os datos de perda democráfica son demoledores) e materias primas, ?somos un pais para vellos?... E para que quere un traballador ou traballadora galega e coruñesa un bo transporte publico, se o que ten que facer é emigrar?. Mentras, as clases medias galegas chegalles con que lles fagan boas estradas ou autoestradas, para chegar en ?5 minutos? onde lles pete.

Alen mais, é falsa a afirmación de que non ha recursos financeiros para facelo. Primero, se todos os medios que adicanse a construir mais estradas adicaránse ao transporte colectivo, é claro que si existen, é umha cuestión de prioridades: ou diñeiro ás constructoras ou ás necesidades sociais. Segundo, os gobernos do PPSOE adicaron miles de millóns de euros ao resgate da banca, de autoestradas privadas e quebradas, empresas, etc., que non imos recuperar. Novamente é umha cuestión de prioridades e de vontade política, ou á banca e empresas ou ás necesidades sociais.

Para Corrente Vermella, calquera proposta sobre os ?accesos? ten o obxectivo de recuperar as cidades para a o pobo, da sua humanización, e ten que partir dun Plan Integral de Transporte Publico Colectivo e Mobilidade, que teña como eixo o medio de transporte colectivo menos contaminante, mais rendible socialmente, o tren de proximidades.

Non podemos esquecer que a columna vertebral da área metropolitana está atravesada por umha vía que vai de A Coruña a Ferrol e Lugo, unindo unha poboación de perto de 800 000 habitantes. A partir de aquí, liñas de buses, barato e con horarios axeitados aos de traballo e estudo; e non como agora, que a xente que este en quendas tarde/noite teñen que gastar o seu soldo en taxis ou coches particulares, pois os ultimos buses son ás 10.30.

Esta racionalización pasa, obviamente, pola municipalización / nacionalización dos servizos; mentras manteña-se o sistema actual de concesións vai ser imposible, pois cada empresa vai tirar para o seu interese, e non o da sociedade: ?publico é servizo, privado é beneficio?. A constitución da área metropolitana, sen mais dilacións, é o marco no que este plan pode ser desenvolvido.

É evidente que o goberno, a través do Ministerio de Fomento, e do seu delegado na Galiza, a Xunta, non vai dar o brazo a torcer. Un goberno que ten desmantelado todos os servizos publicos, corrupto ate a medula, non é garantia de ningumha mellora; o contrario, calquera cousa que faga vai ser contra as necesidades sociaies. Por elo, só a través da mobilización social, unitaria, desde os barrios e vilas, poderemos conquistar un Transporte Colectivo Publico, Bo, Eficaz e Barato, que de solución real aos ?accesos?, e non promesas utopicas: mais estradas so traen mais coches, e cambian de lugar o atasco, non o resolven.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 15-01-2018 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0