NON QUEREMOS MIGALLAS: DENUNCIÉMO-LO SEU PACTO E AS SÚAS MENTIRAS!
A violencia contra as mulleres se recrudece en todo o mundo. Non pasa semana no estado español sen lamentar un novo asasinato machista. 44 mulleres segundo cifras oficiais (son máis), das cales o 20,5% denunciaran e 7 eran menores. O número máis alto dos últimos anos e a dramática evidencia de que o estado tampouco fai nada para protexelas de pais maltratadores, como o caso Juana Rivas deixou claro. Por iso este 25N a nosa resposta non pode ser outra que enche-las rúas para dicir: NON QUEREMOS MIGALLAS! e NON QUEREMOS NIN UNHA MENOS!
UN PACTO QUE NACE SEN ORZAMENTO NUN CONTEXTO DE RECORTES
Tras 6 meses de debate parlamentario, aprobouse o ?Pacto de Estado contra la violencia machista? que contén algunhas medidas elementais que levamos anos reclamando. Pero ningunha ten data de execución nin orzamento asignado. Únicamente o ?compromiso? de asignarlle mil millóns en cinco anos.
Un pacto que se aproba a maiores nun contexto de recortes en violencia machista, políticas de igualdade e noutras partidas fundamentais dende 2008. Para 2018 xa anunciaron novos recortes en sanidade e educación que comprometen os protocolos de detección de violencia machista en urxencias e atención primaria que ademais deixan fóra a inmigrantes sen papeis, ou a inclusión de asignaturas de igualdade na escola pública.
Isto contrasta cos 18776 millóns en Defensa (máis de 7 veces o presuposto para educación e 4 veces o gasto en sanidade) ou os 32000 millóns para paga-la débeda coa banca que nos impón a UE.
Con este panorama e cando a lei contra a violencia machista vixente segue sen desenrolarse, pretenden facernos crer que van atender un catálogo máis amplo de violencias, pór en marcha máis medidas para prevención e unha atención máis detallada ás vítimas?
...E SEN SOLUCIÓNS DE FONDO PARA REMATAR COA VIOLENCIA MACHISTA
Pero o máis importante é que este Pacto non vai rematar coa desigualdade entre homes e mulleres, que é unha das causas de que a violencia machista persista e bata con máis forza nas máis vulnerables. O pasado setembro o paro aumentou en casi 28000 personas das que o 71% eran mulleres. O noso demprego acada o 58% e foise ampliando coa crise.
A fenda salarial que aparece entre outros motivos por premiar unhas categorías ou ocupacións por riba doutras non deixa de medrar. A nosa menor taxa de ocupación, a desigualdade salarial e unha vida laboral precaria con períodos sen cotizar por cuidado de familiares, fan que as nosas prestacións sexan máis baixas, e as nosas pensións de media son un 37% inferiores.
Miles de mozas, desempregadas, en precario ou pensionistas seguimos sen recursos económicos nin do estado para actuar ante unha situación de violencia machista. Esas son las causas que ningún pacto de estado vai solucionar, polas que moitas non denuncian e teñen que manterse xunto ó seu maltratador.
O ESTADO E TÓDALAS SÚAS INSTITUCIÓNS SON CÓMPLICES
Este pacto segue sen recoñecer formas de violencia machista como a prostitución, a violencia a nenas e mulleres refuxiadas polo peche das fronteiras da UE, ou a que sofren mulleres trans. Ou de mulleres inmigrantes empregadas de fogar que soportan condicións precarias e en moitos casos deben afronta-lo acoso dos empregadores.
Esiximos o presuposto que sexa preciso para prevención e atención. Se hai cartos para a banca, a Igrexa, a monarquía ou enviar milleiros de policías e gardas civís a Catalunya, por qué non para protexe-las nosas vidas?
Esiximos que remate a impunidade e que asasinos e violadores cumplan condena. Denunciamo-las mentiras do goberno e da patronal sobre a súa recuperación económica á nosa costa.
Estamos fartas de promesas sen cumplir. Das súas declaracións baleiras e os seus minutos de silencio mentres día a día nos recortan dereitos e non cumpren as súas propias leis, como amosa a denuncia recente de decenas de mulleres por ter sufrido abusos sexuais no seno do propio Parlamento europeo!
Non haberá nin unha menos mentras o plan de axuste e os recortes sociais seguen en pé!
LOITAR PARA SEGUIR AVANZANDO
ATA MUDALO TODO
Este novembro cúmprese o centenario da Revolución Rusa. Unha revolución obreira e popular que nos deixou unha lección moi importante: non é posible elimina-lo machismo nas relacións familiares, afectivas e sociais, sen socavar primeiro as bases materiais e sociais que perpetúan a nosa opresión.
O principal obxectivo de este goberno e as forzas políticas agora no parlamento, é apuntalar ó réxime do 78, cada vez máis deslixitimado pola corrupción e a situación en Catalunya. Igual que o pobo catalán somentes conquistará o seu dereito á decidir se se organiza de forma independente sen dar confianza algunha ó govern burgués, as mulleres traballadoras somentes conseguiremos acabar coa nosa opresión e sobreexplotación, alicerces da violencia machista, se nos organizamos e mobilizamos.
Hai que convencer ós nosos compañeiros para que xunto de nós, dean a batalla cotiá contra o machismo. Precisamos que cada vez máis organismos de loita populares e de clase re collan as demandas para rematar coa violencia machista e se mobilicen por ellas.
Hai que botar abaixo este goberno e este réxime, coas súas institucións e cultura machista herdada do franquismo, que está ó servizo de mante-los privilexios e intereses dunha minoría. Abrir un proceso constituínte no cal poidamos decidir TODO e onde as mulleres traballadoras poñamos enriba da mesa as nosas demandas e reivindicacións, hoxe pisoteadas.
Plans integrais de igualdade contra toda violencia machista! Recursos abondo para atender e protexer ás mulleres!
Máis casas de acollida. Vivenda e emprego garantizado para mulleres maltratadas!
Educación sexual en igualdade para previ-lo machismo na xuventude. Fóra a Igrexa Católica da educación, basta de recortes en educación e derogación da LOMCE!
Abaixo as reformas laborais! Emprego e salarios dignos. Igualdade salarial xa!
Aumento do gasto social. Servizos públicos e de calidade que nos descarguen das tarefas de coidados. Lavanderías e comedores públicos!
Igualdade e visibilidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais!
Aborto público, libre e gratuíto na seguridade social!
Abaixo o goberno e a monarquía! |