A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

30-S: Manifestación en Santiago ás 12 na Alameda
Galiza Con Catalunya convoca umha manifestación baixo o lema "Democracia é Decidir", o 30 S, ás 12 na Alameda de Compostela

NA DEFENSA DAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS

A CGT, IAC e a Intersindical-CSC presentaron preavisos de folga do 2 ate o 13 de Outubro, que xa se concretaron nun dia de Folga Xeral para o 3 O; pola sua banda os e as estudantes catalanas teñen convocadas manifestacións e estan realizando xa ocupacións de universidades. É necesario que o sindicalismo galego, a CIG, a CUT, que asinaron o Manifesto de apoio ó direito a decidir, e o sindicalismo alternativo, alen das organizacións estudiantís, convoquen mobilizacións e xornadas de loita, nomeadamente o día 3 O, de apoio á folga xeral en Catalunya. O pobo traballador galego, condenado a perpetuidade polo Estado Español á emigración, á precariedade, á desindustrialización,... ten un interes particular na crise do Rexime do 78, pois por esa porta debe entrar a nosa esixencia do noso direito a decidir o noso futuro.

A actual situación do conflito catalán está marcada polo enfrontamento entre umha burguesia españolista e outra burguesia nacionalista de direitas que xamais pensou chegar tan lonxe nas suas demandas. Foi a actitude do goberno central, que insiste en chamar ?democráticas? ás suas decisións represivas contra o direito a decidir do pobo catalán, a que levou o conflito a este punto.

O mesmo goberno que robou 40 mil millóns de todos e todas, para resgatar os bancos, o que o longo de catro anos, todos os venres, aprovaba decretos contra as condicións de traballo e os nosos salarios (reformas laborais), os direitos sociais e os servizos públicos (dependencia, educación, sanidade,...). Este goberno que impide umha comisión de investigación polo accidente do Alvia en Compostela, cuxo presidente é o que cando a crise do Prestige falou a todos os galegos e galegas dos ?hilillos de plastilina?; o goberno que mintiu ás familias dos militares) dos resultados das probas de ADN tras o YAK 42. Este é o goberno que ten as narices de chamar ?ilegal? o referendo catalán, cando eles teñen 800 cargos imputados por corrupción, incluidos todos os seus responsabéis de finanzas. O goberno dun partido que é cualificado por un xuiz valenciano como ?organización criminal?. O goberno dun partido que aprobou a ?lei mordaza? contra os piquetes de folga e que ten procesados a centenas de activistas sindicais (en Vigo, en Pontevedra,...), chegando o encarcelamento de moitos de eles (Bodalo, Alfon...).
Por qué o PP, apoiado polo PSOE, C?s e sectores do PCE, non queren permitir que se celebre o referendo? Porque a celebración suporìa debilita-lo rexime e abri-la porta a outros como a derrogación do artigo 135 da Constitución, que condenanos a mais recortes e austeridade, a derrogación das sucesivas reformas laborais e mesmo a abolición da monarquía, que desmontaría a herdanza do franquismo no que basea-se o seu tinglado institucional. 
Pero porqué é tan importante apoiar á clase traballadora e o pobo catalán, se isto semella un apoio a un referendo auspiciado polos representantes da burguesia catalana, tan corruptos e amigos dos recortes como o PPSOE? Tanto se enfrentan-se entre eles, como se están unidos (non fai tanto cando aprobaron o decreto de privatización da estiba) quen leva as de perder é a xente da clase traballadora, de Lleida ou de Huelva,? salvo que nese enfrentamento construamos o noso proprio bando, en función dos nosos intereses, os da clase traballadora e os oprimidos, que non son outros que acabar cos recortes, a precariedade, os baixos salarios, as privatizacións.

A defensa do direito a decidir do pobo catalán frente o réxime do 78 non debe facernos perder de vista que a Unión Europea e os gobernos nos que se apoia, incluida a actual Generalitat, son os inimigos mortais dos direitos sociais, laborais e politicos da clase traballadora e do pobo galego. Por elo non é de recibo que desde sectores da esquerda lle neguen o direito dun pobo a decidir, porque todos estamos mal; en todo caso, habéria que dicer, apoiemosnos entre todos frente o inimigo común, o goberno do PP e o rexime.

A sua defensa das libertades democráticas, como o direito a decidir, é ?opcional?, hoxe poden defendelo, mas mañan, se a mobilización obreira e popular desborda os seus interese, non dubidarán en reprimir, como fixeron xa cando os Mossos de Esquadra cargaron contra os acampados do 15M. Mas para a xente da clase traballadora a defensa das liberdades é imprescindible, primeiro para poder se organizar mellor para defender os seus direitos sociais, laborais e politicos, e segundo, para debilitar e mesmo derrubar o réxime que impón os recortes e a austeridade, e abri-la via dun proceso constituinte que rompa co Réxime e a Unión Europea, responsabéis dos nosos retrocesos sociais e laborais, e avanzar no dereito a decidir como pobo.

Por que xogamosnos as nosas condicions de traballo e vida nelo, temos que apoiar e participar as mobilizacións na defensa do direito a decidir e na das liberdades democráticas, facendo asembleas decisorias, reunións nos centros de traballo e estudo, en solidariedade coa clase traballadora e pobo catalán. 
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 29-09-2017 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0