A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
28S: DÍA GLOBAL POLA DESPENALIZACIÓN DO ABORTO |
|
Penalizar o aborto é violencia cara ás mulleres.
70.000 é o número aproximado de mulleres que morren cada ano por abortos clandestinos en todo o mundo, segun un informe de 2014 do Guttmacher Institute. 8 millóns sofren complicacións ao practicarse un aborto, pero só 5 reciben tratamento.
Prohibir ou restrinxir o aborto non reduce a súa incidencia. Só fai que sexa máis perigoso ou que se aborte cando este se atopa máis avanzado.
A dobre moral ou hipocrisía dos gobernos
Denunciamos aos gobernos en todo o mundo que prohiben ou restrinxen o aborto mentres recortan o orzamento en educación e saúde, negando o dereito das mulleres a unha educación sexual e o acceso a anticonceptivos fiables e gratuítos. Que recortan os orzamentos contra violencia machista, pese ao evidente aumento dos casos de violencia sexual que deixa consigo embarazos non desexados.
Que din protexer a vida dos ?non nados?, pero deixan morrer ou enfermar gravemente a miles de mulleres sen recursos en abortos clandestinos. Que aplican reformas e plans de axuste que nos condenan ao paro ou a precariedade, impedindo a millóns de mulleres unha maternidade digna e aumentando o risco de vivir nunha contorna de violencia familiar e pobreza, aos menores nados por unha maternidade imposta. Que protexen o negocio das clínicas privadas onde as ricas pagan e abortan, mentres as mulleres pobres non poden decidir.
No Estado español: A loita segue!
A derrota nas rúas da reaccionaria reforma da Lei do aborto de Gallardón do anterior goberno do PP, foi unha vitoria importante. Pero iso non significa que debamos baixar a garda nin que a día de hoxe os nosos dereitos sexuais e reprodutivos estean garantidos. Pois o 80% das interrupcións voluntarias do embarazo son derivadas ás clínicas privadas concertadas. A loita por aborto legal, seguro e gratuíto, é unha tarefa da clase traballadora, porque son as mulleres traballadoras, especialmente as máis vulnerables como son menores, inmigrantes sen papeis ou mulleres pobres, ás que o Estado debería protexer.
Pero os capitalistas e seus gobernos, utilizan o control sobre a sexualidade das mulleres para subxugalas, sobreexplotarlas e oprimilas. É por iso que a loita polo aborto libre é unha tarefa do conxunto da clase traballadora e non só das mulleres. Desde Corrente Vermella, chamamos a todas as organizacións políticas, sindicais, estudantís e populares de clase, a loitar todos os días para esixir:
Plans integrais de igualdade e contra toda forma de violencia machista, con recursos suficientes para atender e protexer ás mulleres.
Educación sexual e en igualdade para previr o machismo na mocidade. Fóra a igrexa da educación pública, basta de recortes en educación e derrogación da LOMCE.
Abaixo as reformas laborais. Emprego e salarios dignos que nos permitan a nosa independencia económica.
Aumento do gasto social. Servizos públicos e de calidade que descarguen ás mulleres das tarefas de coidados.
Igualdade e visibilidade de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais.
Aborto público, libre e gratuíto na seguridade social, sin obxección de conciencia. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|