A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A clase traballadora galega e a do Estado co referendum catalán do 1-O |
|
Din os nosos compañeiros e compañeiras de Corrent Roig, Corrente Vermella en Catalunya:
?Se o referendum se realiza e conta cunha participación popular masiva, será unha victoria democrática enorme do pobo de Catalunya e do resto dos pobos do estado, pois permitiría abri-las portas ás reivindicacións sociais e cuestionaría con feitos un réxime político e social que nunca rachou co franquismo, que está ó servizo dunha pequena minoría de empresarios e banqueiros e menosprecia a vontade da inmensa maioría. Asentaría as bases reais para plantexar unha unión libre de pobos e non esta unión forzada. A primeira interesada pois en que o referendum vaia adiante é a clase traballadora, que debe intervir nesta crise con vontade propia, e evitar converterse en furgón de cola do nacionalismo español e do nacionalismo catalán?.
A clase traballadora galega xógase moito mais do que parece neste referendum catalán do 1 de Outubro. Este desafío do pobo catalán ó chamado réxime do 78 podería abri-las portas a un referéndum pola República, que suporia, por exemplo, a derrogación do artigo 135 da Constitución que nos condena a destina-lo que aportamos ó pago da débeda antes que a sanidade ou pensións, ou a calquera outra reivindación que enterre para sempre a herdanza da dictadura.
A garantía do referendum é a mobilización xeral, resistindo masivamente ás medidas do Estado para impedilo, e á represión que seguirá. O Sindicalismo Alternativo, CIG, CCOO e UXT teñen a obriga de convocar á folga cando comece o ataque represivo. Toda a esquerda galega, catalana e estatal debería secundala se quere ser digna dese nome.
Por iso, a clase traballadora galega debe apoiar á súa irmá catalana, e as organizacións politicas, sindicais e sociais galegas teñen que abrir o noso camiño de ruptura co réxime do 78, polo direito a decidir e a Unión Libre de Pobos Libres.
Este é o mellor apoio á clase traballadora e o pobo catalán. Impulsar todas a mobilizacións unitarias que sexan precisas na defensa dos direitos democráticos, conculcados polo goberno do PP e os seus aliados, e do exercicio efectivo do direito a decidir, como está a facer o pobo catalán.
ACUDE AS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|