A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O 25 DE XULLO EN COMPOSTELA |
|
Coa Clase Traballadora
O 25 de Xullo é o día no que o pobo galego reivindicase como nazón, para loitar por exerce-lo direito á autodeterminación; mas non todo pobo galego visualizase nese dia, a clase obreira, coas suas reivindicacións de xornadas, salários, convênios, ... desaparece, disolvendo-se nesa idea xeral de ?pobo? ou ?nazon?.
Os últimos meses a clase traballadora galega, desde diversos sectores, comezaron a espertar despois de anos paralisada polas políticas electoralistas das cúpulas sindicais... Todas, desde as traidoras como CCOO e UXT, ate as mais combativas como a CIG, puxeron as esperanzas de botar o PP e de cambio nuns resultados electorais. Agora, pasada a orxia do voto, veñen as resacas: a clase traballadora ve como todos os seus problemas (baixos salários, precariedade, longas xornadas de traballo,...) son exatamente os mesmos que antes de entrar nesa orxia.
Comezaron as precárias da Administración contra a funcionarización por decreto, e seguiron mais recentemente o metal de Coruña, Ourense e Pontevedra, o transporte, Ferroatlántica, Citroen, a poboación de As Pontes, Outes, e outros lugares. Houbo e há folgas e manifestacións obreiras em toda Galiza, e cara o 25 de Xullo todas elas desaparecen dos discursos dos convocantes, como se non existiran.
A clase traballadora tem a suas reivindicacións próprias (salario, pensions, xornada, convênios, condicions de traballo, etc.) que xuntanse ás que tem como pobo, a língua, a defensa da terra, o rexeitamento dos planos de infraestructuras ao servizo de reforzar a opresión nacional e o centralismo, como o AVE ou o plan de Ttes da Xunta. De feito, é a clase obreira a mais perxudicada pola inexistência dun transporte publico galego, integrador, pois moitos traballadores e traballadoras vense na obriga de ter coche particular, e detraer do seu salario 200 euros / mes para ir e vir o traballo. Faise carne de cañon da emigración.
O 25 de Xullo a clase Traballadora tem que visualizar o seu papel central na sociedade, as suas esixencias e reivindicacións, lles gosten ou non á pequena burguesia urbana e rural, aos que esas reivindicacións non lles importan nada, senon que beneficianse dela, das reformas laborais do PPSOE. As organizacións da clase obreira non teñen que subordinarse a ninguen: non chega com dicer que se defenden os interesse da clase traballadora, e cando chega o dia da Patria Galega, esquecer que existe.
As Marchas da Dignidade e as organizacións que fan parte delas, a CIG, e as organizacións que por motivos ideoloxicos non asumen que a opresión nacional influe sobre as condicions laborais da clase traballadora, como a CGT, alen das organizacións políticas que a reivindican como suxeito social do cambio, teñen que conformar un Bloque de Clase e Combativo, onde o centro sexa a loita da clase obreira polas suas reivindicacións especificas e pola unidade das loitas.
Um Bloque que levante como bandeira a derrogación das reformas laborais do PPSOE, a defensa dos servizos 100% públicos e a nacionalización dos servizos privados ou privatizados, a defensa de todos os postos de traballo, a defensa do sistema de Pensións públicas, a loita contra todo tipo de precariedade laboral, etc... E que estableza um ?cordon sanitário? ao redor das cúpulas sindicais de CCOO e UXT, que como demonstraron em Ferroatlántica ou no pacto do Transporte, son os responsabéis, dentro da classe traballadora, da situación actual.
A clase traballadora e o pobo non podem esperar nada de novas eleccións, ni de pactos sociais que so levan a novos retrocesos; o camiño é, como din as Marchas da Dignidade, a loita na rúa contra a Unión Europea e as políticas que desenvolve a Xunta e o Goberno Central.
Corrente Vermella chama ao pobo traballador galego a manifestarse este 25 de xullo ás 12 na Alameda. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|