A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CONTRA O PECHE DE CEIP |
|
Corrente Vermella apoia a concentración contra o peche de CEIPs en varios concellos de Galiza, decretados pola Xunta un dia antes do fin de curso.
Com estos peches, ?unificación? chamanlle, queren empeorar o ensino público, porque Xunta do PP sigue fielmente a sua folla de ruta de desmantelar todo o público ao servizo do negocio privado; importalle ben pouco todas as preguntas parlamentarias, eles só teñen que respostar ás preguntas que lles fagan desde a Igrexa, os banqueiros e capitalistas. Non se deben a ningum Parlamento, senon os interesse dos que lles puxeron aí.
Tampouco lles move a conciencia os ?chamados? das cúpulas sindicais á ?responsabilidade? e a poñer orde na planificación do ensino. Non é um problema de ?planificación?, mas tamen de organiza-lo caos, para ?em rio revolto, gaño de pescadores?. O ?caos? organizado beneficia a aqueles diante dos que respostan Feijoo e os seus conselleiros, a Igrexa, os donos da privada.
A única responsabilidade que teñen é garantir que a privada fai negocio. Para elo teñen as medidas que desde o Goberno central e a Unión Europea, como o control do déficit, lles dictan.
Por isso, só a mobilización sostida no tempo ate gañar pode frear os planes de peche, sem nengunha confianza que ningun governo, Xunta ou Central, vaian facer algo distinto. Calquera pacto parcial so conduce a alongar o sufrimento, pois mais cedo que tarde, voltarán cos peches... so que xa terían conseguido a división entre os que apoian um pacto e os que non.
A loita contra os peches tem que ser, como sempre fixo a classe traballadora, ?ou todos ou ningún?; non collen ?salvese que poda?, porque o final, como din o poeta, viran a por min... so que mais débil. Os demais xa estarían derrotados.
Corrente Vermella chama á poboación traballadora a acudir á concentración, o 29 de xuño, ás 11 da mañan, na Consellería de Educaciòn (San Caetano), Compostela.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|