A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Comunicado de Corrente Vermella |
|
Baixo este lema, 'Isto vai de democracia' y 'Demokraziaz ari gara' ?'Esto va de democracia', varias organizacions politicas e sindicais de Galiza e Euskadi teñen convocada mobilizacións de apoio ao proceso soberanista catalán.
Corrente Vermella apoia esta convocatoria, e chama a participar na que mañan, sabado, ás 12, desenvolverase na Pza do Obradoiro de Compostela.
Galiza, como Catalunya ou Euskadi, ten direito á decidir a sua relación co resto dos pobos, para reconstruir a unidade da clase traballadora; non confundamos ?unidade? do estado opresor coa ?unidade? da clase obreira. A ?unidade? do estado opresor basease na división da clase traballadora entre nacions, sexo, raza ...
O goberno, no nome do rexime centralista do 78, confunde a ?lei? coa democracia, cando a verdadeira esencia da democracia é xusto o direito o voto da pobación. Leis foron as racistas de Sudafrica, do franquismo ou as que permitiron o holocausto, e non por iso eran democracias.
O pobo traballador galego ten que apoiar a esixencia catalana como parte da loita contra un rexime, o do 78, que manten a sua marxinación, coa burguesia galega e os seus partidos, o PPSOECs, ao fronte. Por elo, as forzas politicas e sindicais galegas teñen que poñerse á tarefa para comezar umha campaña polo noso direito a decidir. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|