A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
manifestación o 7 de maio |
|
Pola recuperación dos peiraos
POLA MUNICIPALIZACIÓN DOS CHAN E OS SERVIZOS PUBLICOS
A Comisión Aberta en defensa do Común convoca umha Manifestación para o 7 de maio, na Palloza, pola recuperación dos Peiraos ameazados pola Autoridade Portuaria, organismo dependente do goberno do PP, da sua venda para a especulación.
A venda dos peiraos foi umha idea do alcalde do PSOE, Paco Vázquez, para financiar a obra faraónica que é o Porto Exterior, a raíz do atentado do Prestige; e en vez de que fose financiada polo estado como se fai en outras ocasións (porto exterior de Xixón), o goberno de Aznar e o PSOE de Paco Vázquez tiveron a idea de que fose a cidadanía galega e coruñesa a que financiara a obra.
Moitos anos despois, e vendo a tremenda débeda que xerou a obra do Porto Exterior, volve a festa e a borracheira das recalificacións e a especulación, e o actual goberno do PP quere facer caixa coa venda dos peiraos.
Sen lugar a dubidas, é um motivo xusto para nos manifestar contra a volta aos dias de ?viño e rosas? da privatización do chan e a especulación urbanística a costa do patrimonio da sociedade; mas consideramos que a loita contra a privatización do publico non ten que se parar no que poda facer o PP.
A poboación traballadora da Coruña e a área metropolitana sufre todos os días as privatizacións de servizos publicos de competencia municipal; desde o transporte coletivo ate a recollida do lixo, pasando polo proprio chan urbán a través da ORA. Cando uma persoa de calquera dos barrios o municipios da comarca trasladase ao traballo, ao centro de estudo ou á compra, ou ben ten gastar no coche particular ou ten coller uns buses, como a Cia de Tranvias, á que se lle acaba de prorrogar a concesión por tres anos.
O gasto no coche particular todo o mundo o sufre, como a ORA; e a alternativa, os buses urbanos ou metropolitanos, en mans de empresas privadas, teñen uns horarios non axeitados as quendas de traballo ou estudo. A primeira hora da mañan e pola noite é imposible moverse pola área en transporte colectivo.
Para a veciñanza da Coruña a loita por uns equipamentos públicos nos peiraos, primeiro, non resolve o problema dos equipamentos nos barrios; e uns bos equipamentos nos peiraos, sen un transporte publico de calidade e barato, estando como están lonxe de moitos dos barrios mais dinámicos da cidade (Novo Mesoiro, Os Rosais, Agra do Orzan, Castrillon, ...) xunto coa ORA e os aparcadoiros privados (O Canton, Palexco,...) que os rodea, fai deles unha illa publica nun mar de privatización do chan.
Corrente Vermella considera que esto tamen ten que ser de todos e todas, do comun, e por iso chama a ir mais aló da recuperación dos peiraos, a loitar pola municipalización de todos os servizos públicos; non se pode actuar vendo a ?palla no ollo alleo e non ver a viga no proprio?.
Recuperemos os Peiraos, SI; municipalicemos todos os servizos publicos e o chan urban, tamen... Por iso, este ten que ser un primeiro paso na recuperación do publico para a poboación traballadora, que non se cingue á do ?centro? da cidade senon a toda ela e mesmo a área metropolitana, pois miles de persoas entran e saen da cidade para ir o traballo ou estudar.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|