A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

No 1º de Maio FORA OS GOBERNOS DA CORRUPCIÓN E OS RECORTES
?Vívemos tempos revoltos? neste 1º de maio. A vitoria de Trump e o ascenso da extrema direita na Unión Europea, ameazas de guerra na Corea do Norte e bombardeos em Siria ou Afganistán... Folga Xeral em Brasil, e Folga indefinida na colonia francesa da Guyana. Países em venda por imposición da UE como Grecia, Brexit británico ao respecto da Unión Europea, provocando umha verdadeira crise de identidade no proxecto central do capital europeo. É obvio que son ?tempos revoltos?.

Pola sua banda o Estado Español o principal partido do capital afúndese numha charca de corrupción, despois de ter desmantelado todas as conquistas obreiras e populares dos últimos anos: reformas laborais que converten en soños do pasado a xornada de 8 horas, a estabilidade no emprego, as vacacións, etc., privatizacións de todos os servizos públicos e sociais, recortes nas liberdades, reducindo á mínima expresión os direitos democráticos (expresión, reunión, manifestación...).

Os governos do PP, o central e a Xunta, ?administradores? como son da herdanza do franquismo, herdaron a sua maneira de enriquecerse que baixo a ditadura se convertera em ?política de estado?, o ?capitalismo castizo? chámanlle ao saqueo sistemático de todos orzamentos das institucións, desde o concello mais pequeno ate o goberno central.

A corrupción no Estado Español é umha ?política de Estado? da que o PP éo seu máximo expoente; o PSOE, que tamén tivo e tem moitas ?aventuras? na corrupción (EREs, AVE, ...) é, coas cúpulas de CCOO e UXT, os cómplices necesarios para manter a ?paz social?, evitando que estos gobernos caiam.

A estas alturas dos ?tempos revoltos? no estado, non basta com esixir recuperación dos direitos, que si, como a derrogación das reformas laborais, a renacionalización dos servizos privatizados, da Banca ou das empresas estratéxicas ou non pago da débeda; há que ir mais alo, esixir a dimisión imediata destos governos de corruptos e ?recortadores?, a expropiación dos bens dos políticos e empresários corruptos para que non sexa o pobo traballador que pague os seus roubos, e a imposición de penas exemplares por tribunais populares; non nos fiamos da xustiza neofranquista, com fiscais anticorrupción que son verdadeiros avogados defensores dos corruptos: por isso há que facer umha limpeza no aparello xudicial.

Dadas estas características do réxime do 78, estas esixencias non son posibles se non se da umha fortísima mobilización obreira e popular. O chamado ?capitalismo castizo? é o núcleo duro do capitalismo español (as grandes construtoras, as eléctricas, as compañías de servizos,...), polo que a loita contra a corrupción, ligado á loita contra os recortes, vai contra uns dos piares fundamentais do seu enriquecemento e poder.

Por elo, se a classe obreira e os pobos queren recuperar os direitos roubados, e conquistar novos direitos, tem que romper com este governo e este réxime; non se lle pode esixir aos corruptos e ladróns que repoñan os direitos que desmontaron, é encamiñar a loita nun vieiro sem saída. A clase obreira e os pobos teñen que enfrontar os governos e o réxime como única garantía para recuperar eses direitos e gañar novos.

Temos unha oportunidade o 1º de maio, e o vindeiro 27 maio na convocatoria da Marcha a Madrid convocada polas As Marchas da Dignidade de xuntar forzas para berrar forte e claro: FORA OS GOBERNOS DA CORRUPCIÓN E OS RECORTES, no camiño dun proceso constituínte que rompa co Réxime do 78. Dende a base, dende os centros de traballo e estudio, barrios e vilas, a través de asembleas e votacións vinculantes, há que construír umha fronte de loita amplo para impoñer unha saída obreira e popular á crise.

Corrente Vermella sempre denunciou que no 1º de Maio obrigarase á classe traballadora a escoller baixo que siglas quere se mobilizar; o 1º de maio no é patrimonio de ninguén, mas tamén de toda a classe traballadora em loita. O exemplo dado polas compañeiras de Política Social/Consorcio e outros sectores da administración (bibliotecas, forestais, etc.) na Marcha do Persoal Precario da Administración o 16 de marzo, superando as divisións por siglas e o corporativismo dos diversos sectores da administración, é o que debemos seguir na procura dessa Frente de Loita.

Por isso, chamamos a participar com nós na manifestación convocada pola CUT/SAGAP/CNT/STEG/FORO INMIGRACIÓN, ás 12.30 na Porta do Camiño de Compostela.

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-04-2017 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0