A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O 16 DE MARZO, DIANTE DO PARLAMENTO EM COMPOSTELA |
|
CORRENTE VERMELLA SUMASE Á CONVOCATORIA DA PRIMEIRA MARCHA DO PERSOAL PRECARIO DAS ADMINISTRACIÓN PÚBLICAS
Este mes de marzo fai un ano que o persoal eventual do Sergas convocados polos sindicatos de SAGAP e PROSAGAL, sairon á rúa para denunciar a precariedade de seus contratos e a falta de direitos como persoal de segunda respeito ao persoal do fixo, todo elo contra das cúpulas dos sindicatos maoritarios no sector.
Este 16 de marzo a esta marcha sumanse outros coletivos, como Forestais, Política Social, Consorcio de Igualdade e Benestar, Bibliotecas Públicas, traballadores da CRTV, ....á invitación feita, vendo que ten en fronte ao mesmo patrón, a Xunta.
Dende que se "declarou" a crise económica, os e as traballadoras de todas administracións do Estado español estamos sufrindo grandes recortes en dereitos laborais.
O goberno da Xunta, como ven demostarndo dende fai 8 anos é un alumno aventaxado aplicando as políticas do goberno central e da UE, para reducir o déficit, entregando ás empresas privadas os servizos públicos. Este ano coa lei de acompañamento prantexase a funcionarización do persoal laboral da Xunta, um suposto ?agasallo? que nas súas mans convertinse unha ferramenta para destruir postos de traballo, un ERE encuberto.
Con esta funcionarización do persoal laboral da Xunta non ofrece estabiliade nun sector onde a eventualidade en alguns casos chega ata 90% dos cadros de persoal, negan a posibilidade de indemnización de miles de contratos en fraude de lei, e también significa a perdida de dereitos e condicións salariais, anulando melloras como a incorporación das traballadores do Consorcio de Igualdade ao V Convenio de laborais.
O pasado mes de decembro as traballadoras de Política Social comenzaron a se mobilizar contra esta lei, ante o silencio cómplice das cúpulas dos sindicatos maioritarios. Elas coñecen ben o que supon este caramelo envenenado.
¡Usuarios/as e traballadores/as, defendamos os servizos públicos, defendamos os postos de traballo !
A falta do persoal afecta á calidade dos servizos prestados e por ende a todos e todas as usuarias.
A defensa dos postos de traballo e recuperar os que se perderon é inseparable do rexeitamento da súa privatización, e esixir uns servizos 100% públicos
Por iso os e as usuarias xunto cos traballadores/as dos sectores afectados ten que unirse e participar desta mobilización, como nas que veñan NA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO E OS SERVIZOS PUBLICOS. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|