A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 25 F na Defensa das Pensions Publicas
CONTRA O SAQUEO DO FONDO DE PENSIONS
AS PENSIONS SON UN DIREITO E NON UN NEGOCIO


O goberno do PP, non contento con darlle según contas oficiais, 60 mil millóns á banca para o seu resgate, co correspondente aumento da debeda, ven de saquear sistemáticamente o Fondo das Pensións, que pasou de 66 mil millóns ha 5 anos, 15 mil hoxe. E logo din que as pensións están en“perigro”... Como non va a estar ameazadas, ¡se o PP é como raposo gardando-lo galiñeiro!
Este goberno, como antes o do PSOE, aplican as directrices da UE e do FMI, que teñen como maxima convertir nun negocio todos os direitos sociais conquistados pola clase traballadora. Destrúen a sanidade publica, os servizos sociais, a educaciòn, venden o mellor postor o chan urbán, e calqueira servizo básico como o transporte público ou a electricidade, é unha fonte de negócio. Nesta cadro, as pensión tamen son carne de privatización.
Para empurrar á poboación traballadora a asumi-lo, rebaixan a cuantía das pensións forzando ao empobrecimento social. As pensións no estado español son, na maioria das ocasions, de mera supervivencia, cumha media enganosa de 900 euros. A estadística agochan diferenzas entre os 1100 do Pais Basco e os menos de 800 na Galiza ou Extremadura. A politica sicopata do PP -a sua empatia co sufrimento non existe- faise o servizo do 10% da poboación, dona do 50% da riqueza do Estado.
As pensións son o resultado de que aforran os traballadores e traballadoras desde as primeiras retencións nas nominas. Non é ningumha graciosa concesión de ninguen, nin tampouco é que os xovenes actuais lle paguen as pensións aos que se xubilen hoxe; é umha mentira interesada para dividir entre xeracións, alem de desmobllizar á xuventude, como se a xubilación non fose o seu problema, porque xa vira outra xeraciòn que llo pague: cada xeración pagase as suas pensions a través das cotizacións que fan o longo da sua vida de traballo.
Por moito que os medios, o PP, o PSOE e demáis axentes do capital alardeen, os bancos e as empresas precisan de seguir sendo resgatados polo estado. A taxa de ganancia segue baixo minimos, e o goberno aprestase a darlles diñeiro para cubrir o que non son capaces de sacar na producción de bens e servizos. Ben directamente, dandolles diñeiro a fondo perdido como a Banca ou exencions do pago de impostos de sociedades, ben indirectamente, en rebaixas nas cotizacións da Seguridade Social, subvencións prezos de productos como Plan Pive da industria do automobil que pagamos todos e todas. Este diñeiro vai á conta da Debeda Publica, que cada vez engorda mais, cun pagamento de xuros feito obriga constitucional polo artigo 135 pactado polo PPSOE.
O Pacto de Toledo foi a porta de atrás pola que comezou a entrar a privatización das pensión, ao permitir a xestión privada dumha parte delas. Esta xestión transformouse numhas empresas onde estan a Banca, as aseguradoras e os Sindicatos maioritarios, e moven miles de millóns de euros dos aforros dos traballadores e traballadoras. E agora, o goberno pode roubar impunemente os nosos aforros do Fondo, porque no 2012 suspendeu as limitacións legais de disposición de diñeiro.
As pensions, frente a esta loxica e politica privatizadora do Pacto de Toledo, son un direito e teñen que ser umha obriga do Estado non suxeita ás contribucións anuais, senon garantidas na política Orzamentaria e a partir dumha política fiscal progresiva, “que pague mais quem mais ten”.
O roubo do Fondo de Pensións é o roubo dos aforros dos traballadores / as que desde a primeira nomina lles descontan umha parte, por iso afecta o conxunto de todos e todas, polo que non pode ficar numha loita meramente sindical, é umha loita política. Á sua cabeza non so teñen que estar os sindicatos, mas tamen as organizacións políticas que rexeiten o desmantelamento do público, para coordenar dun xeito unitário a mobilizaciòn contra estas medidas da UE e o governo. Neste cadro, tense que incluir com destaque as reivindicacións e a loita da mulleres cara o 8 de marzo.
Corrente Vermella chama a participación na Manifestación convocada polas Marchas da Dignidade, para o 25 de Febreiro, ás 12, na Coruña; onde saíran duas columnas, umha do Pza do Opera e outra do Campo da Leña.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-02-2017 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal