A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POLA NOSA SEGURIDADE: ACUDE Á CONCENTRACIÓN O 26 N
Hai 15 dias, na Fábrica, en Oleiros, houbo umha asemblea para debater sobre os fallos dos semáforos que há na Avda das Mariñas, na antiga Nac VI á altura de Perillo, que poñen en perigo a miles de veciños e veciñas de Oleiros e Cambre, alen dos traballadores e traballadoras das ducias de empresas que alí están instaladas.
O semáforo en cuestión estropease cada vez que ha umha tormenta, e desde o Ministerio de Fomento en Madrid lle negan á policía local de Oleiros mesmo cambiar umha bombilla. Nun alarde de prepotencia centralista, o Ministerio arrogase o direito a decidir sobre a seguridade de miles de galegos e galegas, que teñen que “suplicar” que cambien a bombilla para que funcione o semáforo.
A asemblea acordou convocar concentracións XA, para esixir do Ministerio solucións, e que pola urxencia que teñen, non se podían adiar para xaneiro, que era a proposta inicial.
Corrente Vermella apoia as mobilizacións, mas considera que esas medidas urxentes, e mesmo o plan explicado polo alcalde na asemblea, non van o fondo do problema: o tráfico, os 90 000 automóbiles e camións que a pasan todos os días pola zona, co conseguinte risco para a poboación.
A solución pasa por retirar vehículos da circulación, favorecendo o transporte colectivo e publico, aumentar as frecuencias, alonxar os horarios mais alo das 22.30 horas que pasa o ultimo. Establecendo conexións para ir e voltar dos centros de traballo ou estudo.
Retamatar xa obras como a Via Artabra e quitando a peaxe de Guísamo, para desviar o tráfico, especialmente o pesado, cara os polígonos sen necesidade de atravesar unha zona urbana como esa.
E por último, o resgate das Avda para a poboación, sobre a base dun bulevar desde o Temple ate a Ponte do Pasaxe, que conecte e humanice as dúas beirarrúas dá Avda das Mariñas, hoxe desconectadas pola Nacional VI.
Estas esixencias sitúan o problema na consideración da Avda das Mariñas como o que é nos feitos, umha Vía Urbana, onde ha barrios e empresas, e non umha estrada como fai o Ministerio de Fomento. Por elo, para nós, a única solución real pasa por la recuperación das competencias para o Concello no cadro da Area metropolitana.
Umha Area que integre un verdadeiro Plan de Transporte Urbano, que combine os diferentes medios de transporte (o mais que necesario Tren de Proximidades cos buses), con paradas dentro dos polígonos e centros de estudo, e horarios axeitados ás necesidades da xente traballadora, e non dos interese das contas de resultados das empresas como Cal Pita, Tranvias, Arriva,..., as compañías de combustible (Repsol, Cepsa,….), etc.
De non ser así, seguiremos co mesmo problema, se adopten as medidas que se adopten, e dentro duns anos estaremos discutindo, de novo, sobre a perigrosidade da Nacional VI.
E que non digan que non ha diñeiro, que costa moito, pois a seguridade da poboación non ten prezo; e gastáronse miles de millóns de euros en resgatar bancos e empresas, que xa dixeron que non ían devolver. Ademais, facer un verdadeiro plan, serio e con proxección de futuro, non é mais custoso que facer hoxe un, e dentro de cinco anos ter que facer outro.
Diñeiro ha, so que regalado aos bancos e empresas; por iso ese non pode ser o problema, salvo que se admitan as políticas de recortes dos gobernos do PP. A cuestión é de prioridades, ou resgatar aos capitalistas e banqueiros, ou garantir a seguridade da veciñanza.
O mesmo tempo que se convocan estas mobilizacións, a poboación de Guísamo e Sada están a cortar a Nacional VI para esixir medidas de seguridade e a súa consideración como Vía Urbana, pola cantidade de vivendas e empresas que ha o longo do seu percorrido.
A Nacional VI ten que deixar de seren un pesadelo para a veciñanza e os usuarios / as, e é un máis dos casos do sángrante centralismo que os galegos e galegas temos que soportar no Estado Español… Ate para cambiar umha bombilla temos que “suplicar” a Madrid que deixe facelo.
Para CV temos que dar os pasos necesarios para respostar dun xeito unido ao que é un perigo para a poboación, acordando asembleas conxuntas das zonas afectadas, para levar adiante un calendario de mobilizacións ate que Fomento ceda, e conquistemos a recuperación para nós a Nacional VI.

Non basta con protestar, pola nosa seguridade temos que gañar

ACUDE Á CONCENTRACIÓN O 26 N, NO CRUCE DE SOLYMAR CARA MONTROVE, ÁS 12 h.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 24-11-2016 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal