A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

25N: DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Feminicidios: O Estado é responsable!

Os recortes no orzamento contra violencia machista alcanzan un 26% desde 2010, pese ao aumento, totalmente insuficiente, dun 6,3% este ano. Esta é a causa de que se pecharon moitos puntos municipais de atención á muller, da precariedade de recursos e a eliminación de moitos xulgados de violencia á muller, da escasa formación de xuíces e persoal que atende a estas mulleres, ou de que a protección a quen a teñen concedida baixase un 24%. Tampouco hai suficientes campañas de prevención, nin axudas económicas dignas. Non hai plans de emprego nin suficientes aloxamentos alternativos para que quen denuncian.


Novo goberno, máis recortes


O novo goberno do PP, aínda que será un goberno máis débil que o anterior, vén agravar aínda máis esta situación. A UE esíxelle un recorte adicional cuantificado entre 10.000 e 24.000 euros nos dous próximos anos, que sen dúbida vai recaer nas mulleres traballadoras. Recortes ao xa de seu exiguo orzamento contra violencia machista. Menos diñeiro en educación para servizos como aula matinal, comedores ou actividades extraescolares, imprescindibles para a nosa inserción laboral ou para que a educación sexual e en valores de igualdade deixe de ser unha materia pendente, mentres persiste o machismo entre a adolescencia e a mocidade. Recortes en políticas de igualdade que alcanzaron o 50% na anterior lexislatura, recortes en saúde e servizos sociais como a partida de Dependencia que deixou a máis de 300.000 persoas, na súa maioría mulleres, sen a axuda que lles pertence.


Moitas violencias, ningunha sen resposta


Unha das caras máis brutais do machismo, son as agresións sexuais e violacións colectivas. A histórica manifestación tras a agresión sufrida por unha moza nos pasados sanfermines, forzou a moitos Concellos a pór en marcha medidas durante as súas festas locais. Hai que organizarse para esixir que se manteñan e xeneralicen a outros municipios e que se considere e atenda a quen sofren algunha agresión sexual, como vítimas de violencia machista.

As sucesivas reformas laborais e a reforma das pensións, que son parte do plan de axuste, teñen consecuencias para as mulleres. Temos máis contratos temporais ou a tempo parcial, a brecha salarial mantense no 20%, as nosas pensións son 38% máis baixas, continúa o acoso laboral e os despedimentos a embarazadas e o paro feminino é 3,5 puntos maior. Esta situación é outra de forma de violencia cara ás mulleres traballadoras e dificulta a moitas saír dunha relación afectiva de malos tratos.

As condicións de miseria e pobreza, cada vez máis estendidas nos nosos barrios, son tamén un caldo de cultivo para que a violencia e malos tratos intrafamiliar se exacerbe cara ás mulleres e os menores, de cuxas necesidades o Estado non se está responsabilizando.

É hora de retomar a loita e a mobilización

Vimos dunha longa ?bebedeira electoral?, pero a realidade demostra que calquera medida a favor das mulleres é necesario arrincala a partir da mobilización. Este 25N ten que ser parte dun plan de loitas que comezan a organizarse para enfrontar os despedimentos que non cesan e o ?paquetazo? que se nos vén encima do goberno entrante, máis preocupado polo pago da débeda e o axuste ao déficit imposto pola UE, que pola vida das mulleres .É por iso que a diferenza doutras organizacións ou de parte do movemento feminista, nin pedimos nin cremos en ningún ?pacto de estado? contra a violencia machista. Tampouco nun aparello xudicial herdeiro do franquismo e ao servizo da burguesía, Pero hai que organizarse para esixir que se garanta a protección ás mulleres, que se acabe coa impunidade e que os culpables cumpran condena.


Contra toda forma de opresión, unidade da clase.


Calquera ataque ás mulleres, é un dereito menos para o conxunto da clase traballadora. Por iso as organizacións populares, sindicais e estudantís de clase, deben de tomar nas súas mans a bandeira pola loita contra toda forma de opresión. Un primeiro paso é organizarnos mulleres e homes en cada barrio e en cada lugar de traballo e estudo para combater toda discriminación e violencia e que mobilizacións como as Marchas da Dignidade, levanten o ?Nin Unha Menos?, como parte do programa da clase obreira. Nin unha menos por redes de trata, nin por abortos clandestinos, nin por feminicidios...

As recentes mobilizacións do mércores negro en Arxentina e outros lugares do mundo, marcan o camiño a seguir na unidade necesaria contra o machismo. Existe unha comprensión cada vez maior de que o causante dos males que afectan ao conxunto da clase traballadora, así como da opresión de mulleres, inmigrantes, colectivo LGBTI, ou novos, é o sistema capitalista en que vivimos e de que é necesario loitar unidas e unidos para enfrontalo e derrubalo.
Comentarios (0) - Categoría: Estado Español - Publicado o 16-11-2016 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0