A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
26-O: Dez razóns para que pais e nais fagamos folga contra as reválidas |
|
1. Son un modelo pedagóxico arcaico. As reválidas son a expresión dun modelo pedagóxico basado nunha sucesión continua de exames configurados como barreiras que pretenden impedir a maior cantidade posible de alumnado que poida exercer o dereito á educación. Foron eliminadas no noso país en 1970 por ser consideradas unha práctica nefasta que impedía a permanencia na educación da meirande parte do alumnado.
2. Os nosos fillos e fillas quedarán fora do sistema educativo. As reválidas terán como consecuencia directa que unha boa parte do alumnado, aínda que teña todas as ensinanzas superadas, quede fora do sistema educativo. Sen títulos ós que ten dereito, o seu futuro académico e laboral quedará gravemente afectado.
3. Deslexitiman ó docente. As reválidas supoñen a deslixitimación do docente e do cuestionamento total da súa avaliación continua. A súa función queda minusvalorada e posta en tela de xuízo ata que un exame externo corrobore, se é que o fai, que a súa avaliación é correcta. Ademais, fan empregar un tempo valioso na súa preparación, obrigando a desvirtuar os obxectivos primordiais da educación.
4. Son realizadas por persoas alleas ós nosos fillos e fillas. As reválidas serán realizadas por persoas que non coñecen en absoluto ó alumnado que avaliarán, xerando ademais un estrés innecesario a quen sometan ás probas porque xogarano todo con elas. Aqueles que as realicen non poderán saber nin valorar o seu progreso educativo, o esforzo de moitos anos de estudo, as circunstancias persoais que lles fan especiais en moitas facetas da súa vida que non serán avaliadas en absoluto, e a pesar diso, a nota que saquen determinará o seu futuro. Estas probas poden tirar ó lixo o traballo dun mínimo de 13 anos para o título da ESO e de 15 para o de Bacharelato.
5. Negaranlles unha titulación ós nosos estudantes. As reválidas son un método de negación da titulación que non existe ó finalizar a ESO en ningún país do noso entorno do que tomar bo exemplo. Neses países tampouco ó finalizar o bacharelato se lles nega o título a quen superase tódolos seus estudos, nin o acceso a estudios superiores.
6. Frean o acceso ó Bacharelato e a Universidade. As reválidas só teñen un obxectivo, impedir que acceda ó Bacharelato e logo a Universidade un porcentaxe tan alto como na actualidade. Forma parte do recorte do dereito á educación pública e do ataque o noso precario Estado de Benestar.
7. Están cuestionadas por toda a Comunidade Educativa. As reválidas foron cuestionadas seriamente por tódolos sectores da Comunidade Educativa, así como por moitos gobernos autonómicos e da inmensa maioría dos responsables políticos. Só quen forma parte do goberno actual, e o partido que o sustenta, insisten en impoñer antidemocráticamente estas probas externas.
8. Buscan un negocio para uns poucos. As reválidas permitirán un suculento novo negocio para empresas que se queiran dedicar a presentarse a concursos para que lles encarguen a súa realización. É só mero negocio para uns poucos a costa do sufrimento dunha parte importante da sociedade.
9. Son precarias e sen tempo de preparación. As reválidas, ademais, nin sequera foron desarrolladas a tempo para que o alumnado saiba de que se lle vai examinar, nin para que o profesorado saiba como axudarlle. Son unha auténtica chapuza lexislativa que xera inseguridade xurídica ó alumnado.
10. Loitamos pola educación das nosas fillas e fillos. As reválidas póñennos ante un dilema: ou defendémo-los dereitos dos nosos fillos e fillas, ou pode que teñamos que pedirlles desculpas a toda a vida por non telo feito.
Asegúrate de ter unha boa resposta á pregunta: ¿que fixeches ti para evitalo?
OU CONSEGUIMOS A SÚA DEROGACIÓN, OU CANDO CHEGUE A DATA FARANSE, AINDA QUE LOGO AS ADMINISTRACIÓNS AUTONÓMICAS PIDANNOS DISCULPAS POR NON PODER EVITALAS
O 26 DE OUTUBRO FAGAMOS FOLGA BALEIRANDO AS AULAS
NON ÁS REVÁLIDAS! |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|