A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TODO O APOIO Á LOITA DO TELEMARQUETING
NON O ERE DE EXTEL

Corrente Vermella apoia a loita das traballadoras / es do Telemarqueting polo seu convenio, paralizado tras 18 meses pola actitude da patronal, e no concreto, a do persoal de Extel contra o ERE, que só na Coruña afecta a 205 persoas.
É obvio que tras a aprobación das dúas reformas laborais, a do PSOE e despois outra máis dura, a do PP, a patronal de calquera sector síntese mais forte que nunca para destruír os direitos da clase traballadora. Non por casualidade, esta actitude da patronal do sector do telemarqueting é semellante á que esta a ter nestes días tamén, a dos hospitais privados (Quiron, Modelo, Rosaleda, etc.), tamén en loita polo convenio, e por motivos máis que parecidos, rexeitamento de calquera mellora nas condicións laborais, esmolas nas subidas salariais, etc.
A patronal, ao calor destas reformas laborais que lle dan todo o poder nas empresas, sinte que ten toda a legalidade para rexeitar as reivindicacións da clase traballadora, quen, desde que comezou a crise no 2007, viu como ano tras ano perdía conquistas e estabilidade no emprego, estendéndose a precariedade e as malas condicións laborais como umha mancha de aceite polo centros de traballo de todos os sectores: a precariedade, a vulneración de direitos, as rebaixas salariais non é privativo dun sector.
Desde fai tres anos, as cúpulas dos sindicatos maioritarios deixaron de mobilizar, rexeitaron o camiño da loita para confiar numha saída electoral que derrotara o PP; agora, tras dous anos de paz social, os traballadores e traballadoras temos que saír de novo á loita, pois a realidade demostrou que esa vía electoral é un calexon sen saída; chégalles co 30% dos votos para impor umha maioría absoluta parlamentar que manteña as reformas laborais exixidas desde a UE para maior beneficio da patronal.
Corrente Vermella considera que temos que retomar o camiño da unidade na loita, como se expresou o 22M do 2014, cando os traballadores e traballadoras de todos os sectores, os das mareas contra as privatizacións, os xornaleiros e xornaleiras, os mineiros, etc., tomaron ás ruas de Madrid e puxeron ao goberno contra as cordas.
Ese é o fio de onde temos que partir; xuntos somos todo, separados somos nada... E a patronal ben o sabe. Por iso, desde Corrente Vermella chamamos a toda a poboación traballadora a apoiar aos sectores en loita, as compañeiras e compañeiros do Telemarqueting, de Extel; mas tamén aos dos Hospitais Privados,...

Acudamos todos á manifestación do 6 de outubro, ás 20 h., na rúa Ramón y Cajal, diante da Tenda de Moviestar, ate a Pza de Pontevedra.

Solidariedade cos traballadores / as en loita

DERROGACION DAS REFORMAS LABORAIS

UNIDADE NA LOITA

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 06-10-2016 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0