A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

COMUNICADO DA CORRENTE VERMELLA DIANTE DAS ELECCIÓNS
Para o vindeiro 25 S novamente, e despois de dous anos electorais sen tregua, a poboación está chamada a votar, agora para decidir que vai estar na Xunta nos vindeiros anos, se o PP, ou umha alternativa de progreso.

Ha 8 años que o PP voltou á Xunta, despois da experiencia da Xunta Bipartita. O inves que esta, que fixo umha política tímida por seren benevolentes incapaz de sentar as bases para resolver os problemas endémicos que sufre a poboación traballadora, o PP non so destruíu o pouco que fixeran a Bipartita, mas, en aplicación das políticas de UE de recortes e austericidio, foi mas aló. Comezou a demolición definitiva dos servizos sociais, dos servizos públicos, mal vendeu as caixas de aforro, freou calquera intento de industrialización da Galiza, puxo aos sectores produtivos primarios en situación de debilidade fronte os interese das grandes cadeas agro alimentarias... despreza a cultura e o idioma galego como so pode facelo un submiso e paleto. A Xunta do PP é un desastre para Galiza, que se demonstra pola perda de 200 mil xovenes que saíron á emigración; o seu paso significa a demolición da sociedade galega; por iso, “hai que botalos”.

Despois de 8 anos do PP as tarefas de reconstrución nacional non se cinguen a medidas “rexeneradoras”. O Bipartito demostrou, e non foi ha tantos anos, que as medias tintas, as medidas para contentar a “tirios e troianos” só abren as portas a volta do PP e do neofranquismo á Xunta, se é que daquela queda Xunta, porque o réxime do 78, as suas institucións fundamentais (a monarquia, o exercito, a xudicatura, o goberno), ten umha tendencia recentralizadora que quere converter mesmo as CC AA en meros aparellos administrativos do estado: o ultimo ataque é a pretensión do goberno central de asumir as competencias en pesca e marisqueo nas rías, que constitúen case o 10 do PIB galego, ao servizo das grandes cadeas de acuicultura. O Estado Español quere asumir o pouco de control sobre as nosas riquezas que xa temos, coa consecuencia dum maior empobrecemento, emigración e desmantelamento social.

O problema do pobo traballador galego chamase Estado Español e Unión Europea, as súas medidas austericidas, de recortes e recentralizadoras, que nese camiño suicida que é a “concentración e centralización de capital” (o “mais madeira que é a guerra”) destrúe ás nazóns periféricas, os direitos e as conquistas dos pobos desas nazons. Por elo, calquera perspectiva de defensa destes direitos pasa sen escusa polo enfrontamento con eles. Silenciar diante da poboación esta contradición debilita calquera alternativa, anunciando un final desastroso como foi a Xunta Bipartita.

Para Corrente Vermella umha proposta de “progreso” que “prometa” mesmo a resolución das medidas mais urxentes da poboación traballadora, ten que respostar á pregunta: cando a UE e o goberno central exixan a disciplina aos limites do déficit, é dicer, mais recortes nos servizos públicos e sociais; cando a UE e o goberno central exixan aplicar as reformas laborais, as xa vixentes e as que veñan; cando a UE e o goberno central exixan as institucións o pagamento da débeda en nome do artigo 135 da Constitución,... Que se vai respostar?. Admitirase a chantaxe como fixo Syriza en Grecia o ano pasado, ou vaise seguir o exemplo da clase traballadora británica e exixirase un “Galexit”.

Para Corrente Vermella o voto está en función desta perspetiva de preparar a mobilización obreira e popular contra as medidas que desde a UE e o réxime, a través do seu goberno, van a querer impoñer. Comprendemos as ilusións da poboación traballadora no “hai que botalos”, tras 8 anos de demolición social. É certo, mas tamén é certo que a realidade impón ir mais alo dos limites dumha lexislación feita á medida das políticas de austeridade e de recortes; por iso, para Corrente Vermella, vote o que se vote, é preciso comezar a agrupar forzas para eses enfrontamentos.

Para Corrente Vermella, a partir do recoñecemento de que o inimigo non é so o goberno do PP, Xunta e Central, senon a Unión Europea e o Réxime do 78, si considera que é preciso levantar un verdadeiro plan de emerxencia obreiro e popular, que permita á clase traballadora e o pobo resolver as súas necesidades a través da súa loita e organización. Este programa ten catro eixos centrais:

1.- Resolver as necesidades sociais da clase traballadora a través da derrogación das reformas laborais, das privatizacións de servizos públicos e sociais, e de todas as medidas antiobreiras e antipopulares dos gobernos PPSOE.

2.- Sentar as bases para blindar políticamente as conquistas sociais a través da nacionalización baixo control obreiro das industrias estratéxicas, das grandes multinacionais, da Banca e as empresas en crise, o que supón a inmediata renacionalización dos servizos públicos privatizados, e os que sempre foron privados (transporte publico).

3.- Polos direitos individuais e de xenero a través da derrogación de todas as medidas que manteñan a opresión das mulleres e recorten as liberdades das persoas, e adopción de medidas que fomenten as liberdades individuais desde o dereito o aborto na seguridade social ate a ruptura definitiva da dependencia do estado da Igrexa Catolica, etc.

4.- Polos direitos políticos que parte da derrogación das medidas de excepción como a Lei Mordaza, de Partidos, etc. O problema da Galiza é o problema da constitución actual do réxime do 78 e a sua pertenza á Unión Europea, por iso a loita polo exercicio inmediato do direito á autodeterminación da Galiza e a saída da UE é fundamental para que estas conquistas sociais teñan umha garantía política: calquera conquista baixo este Rexime e a UE esta hipotecada pola sua mesma existencia.


Corrente Vermella é conscente de que as forzas que enfronta a clase traballadora e o pobo galego son moi poderosas; ademais, é conscente de que as mesmas forzas económicas e políticas, o capital, a UE e os seus gobernos, que impoñen a demolición da sociedade galega, son os que aplican as medidas que destrúen todas as conquistas de todos os pobos de Europa, desde Grecia ate Gran Bretaña, pasando por Francia, Italia ou o resto do Estado Español.

Poren, para Corrente Vermella non pode haber umha solución para o pobo traballador galego se non é a través da unidade cos seus compañeiros e compañeiras da clase traballadora española e europea, baixo a exixencia dumha Federacion de Republicas no cadro dumha Europa dos Traballadores e as Traballadoras e dos pobos.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 19-09-2016 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal