A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SOLIDARIEDADE COA LOITA DOS E DAS XORNALERAS ANDALUZAS
Desde Corrente Vermella expresamos a nosa solidariedade cos xornaleiros e xornaleiras ameazados de multa e cárcere pola fraude empresarial, e apoiamos a súa mobilización en defensa dun emprego digno na súa terra.
En Galiza os pequenos e medianos gandeiros/as levan anos en loita contra as grandes multinacionais do sector, tanto na produccion como as cadeas distribuidoras, favorecidos polas políticas da UE e do goberno central, que fomenta a concentración en poucas mans da produción en orixe do leite, aínda que iso signifique o empobrecimiento de amplos sectores sociais, como os pequenos empresarios/as e os traballadores / as que teñen.
Tanto en Andalucía como en Galiza, o problema reside nas mesmas institucións ao servizo das grandes cadeas e industrias agroalimentarias como Nestlé, Lactalis, Leite Rio, etc., a Unión Europea e os gobernos de quenda; pero non podemos esquecer que os traballadores e traballadoras rurais non deixan de ter os seus propios intereses e necesidades, que os separan nas alternativas dos pequenos e medianos propietarios rurais. Para eles a única esixencia é a da subida do prezo do leite, para os asalariados / as son as xornadas, os salarios e a estabilidade no emprego. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|