A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Non á inhabilitación de Arnaldo Otegi |
|
O pasado 1 de marzo, Arnaldo Otegi, secretario xeral de Sortu, saía de prisión despois de cumprir unha pena de 6 anos e medio. Fora condenado por pertenza a ETA xusto cando buscaba recompor a esquerda abertzale coa finalidade expresa de pór fin ás accións e á propia existencia de ETA, para integrarse plenamente na política institucional. A condena de Otegi e os seus compañeiros/as daba continuidade á represión do Estado contra a esquerda abertzale e mostraba, unha vez máis, a conivencia entre os tribunais e o goberno.
Otegi foi agora inhabilitado como candidato de EH Bildu para as próximas eleccións vascas do 25 de setembro. Encabezaba a lista de Gipuzkoa e era o candidato a lehendakari da esquerda abertzale.
A súa inhabilitación é unha nova manifestación de represión política, un ataque escandaloso contra os dereitos democráticos da esquerda abertzale e unha nova proba de que a manoseada división de poderes é unha frase baleira. Ante esta actuación escandalosa, promovida desde o goberno do PP e acirrada por Cidadáns, non vale dicir, como fixo oficialmente o PSOE, que dan por bo o que digan os tribunais. A isto chámaselle complicidade. E tampouco é de recibo a actitude do PNV, que parece arroxar a responsabilidade da inhabilitación sobre as costas da propia esquerda abertzale.
Corrente Vermella, en nome da defensa dos dereitos democráticos, solidarízase con Arnaldo Otegi, denuncia a actuación represiva e antidemocrática do Estado e esixe que lle sexa restablecido o seu dereito a presentarse como candidato. Son os cidadáns e cidadás vascas os que deben decidir o futuro de Otegi co seu voto e non uns tribunais mediatizados polo Goberno. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|