A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O 25 DE XULLO |
|
A UNIDADE NA LOITA É O ÚNICO CAMIÑO
O 25 de xullo é unha data importante na política galega, e un bo momento para xuntar ao pobo traballador galego e facer visible as loitas que illadamente están defendendo cada sector, leite, gando, pesca, empresas afectadas de peches, EREs, ou servizos públicos e os recortes coas políticas de austericidio impostas desde Bruxelas e Madrid, e desenvolvidas pola Xunta do PP.
Este 25X producese neste cadro de ataque en toda regra no so contra os direitos sociais e laborais do pobo traballador galego e europeo, mas tamen contra as liberdades democráticas mais elementais, destruidas pola "lei Mordaza" permitindo que traballadores/as e activistas sociais sexan encarcelados, ou a declación do estado de excepción na Franza, baixo o que teñen proibido manifestación contra a Cumbre do Clima o ano pasado ou contra a reforma laboral neste.
Nestas condicións o pobo traballador galego non pode sair ben parado. Un pobo condenado históricamente polo estado español a ser suministrador de materias primas, man de obra barata e emigración. A Xunta do PP, como bo axente dos intereses do capital español e europeo aplican conscientemente os plans de desindutralización, perdas de postos traballo e privatizacións. Feijóo alegrase e dinlle ao pobo traballador ferrolano que ten que agradecerlle que Alemanía de carga de traballo a Navantia, hai ter cara dura, o din quen boto por terra o Plan Eólíco galego ou permitiu a venda de Barreras, a privatización das Caixas de Aforro, etc., etc.
Galiza, o seu pobo traballador e as suas condicións de vida e traballo, incluida a emigración masiva, non só non son alleas, mas tamen fan parte do que está a acontecer na UE, onde a Europa do Capital vive un momento tremendamente convulso, tras o Brexit que ameaza a unidade do Reino ?Unido?, os resultados das eleccións no Estado Español ou as folgas francesas, etc. O que aconteza nas rúas de Francia, Gran Bretaña, Grecia ou o resto do Estado Español afecta, e de que maneira a un pobo como o galego que non pode nin tan siquera decidir sobre seu futuro.
O 25 X, como histórica data de loita polos direitos nacionais da Galiza, é preciso que se escoite clara e rotundamente o berro de ?queremos decidir?, é dicer, exerce-lo direito á autodeterminación que non é outra cousa que tomar nós as decisions sobre como queremos relacionarnos co resto dos pobos e sobre as nosas necesidades, na defensa dos nosos direitos sociais e politicos, como clase e como pobo.
Para CV a loita pola soberanía nacional da Galiza é inseparable, nas datas actuais, á loita contra a Europa do Capital que é a Unión Europea e contra o Rexime do 78; esto supon facer todo o posible por unir ambas loitas; a defensa dos postos de traballo, o reparto do traballo, a renacionalización dos servizos privatizados, etc. etc., só é posible baixo a unidade da clase traballadora de toda Europa.
Por elo, desde Corrente Vermella consideramos que mais alo das saídas que hoxe vexamos, é preciso comezar a construir desde a base, desde os centros de traballo e estudo, barrios e vilas, a tavés das asembleas e votacións vinculantes, esa unidade; un frente amplo de loita contra as políticas de recortes e austeridade dos gobernos,.... contra o rexime do 78 e por un proceso constituinte que rompa con él, e impoña umha saída obreira e popular á crise.
Este ten que ser o cemento que umha esa confluencia, e non a confianza en que a través do voto van mudar as cousas. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|