A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ante a situación do Tte Colectivo na Area de A Coruña
Comunicado da Corrente Vermella

Nos últimos días a Xunta ben de anunciar que os buses da área metropolitana de A Coruña entrarán na cidade. Xunto a esta nova, o Ministerio de Fomento (tamen do PP) acordou a renovación da Avda de Lavedra co Concello de A Coruña (Marea Atlántica), cumha ampliacion a 11 carrís, un carril bici, e, sorpresa, ningún carril bus. Paralelamente, concellos da área metropolitana, como Oleiros, aprobaron resolucións a prol dunha racionalización dos servizos de transporte colectivo.
1.- É un feito que os traballadores e traballadoras e a poboación da área coruñesa -e galega, que sofren o mesmo desprecio polo transporte colectivo- pagan un imposto por ir a traballar, estudar ou mesmo o lecer. Manter un coche privado ten un coste, de media, de 200 euros o mes, que sae dos salarios, pois o combustible ha que engadirlle seguros, mantemento, e cotas do prestamo para a sua compra. A elo hai que sumarlle a ORA -privatización do chan publico- que relixiosamente impoñen en moitas zonas de traballo ou esparcimento.
2.- Os anuncios como os que a Xunta, o Concello, ainda que éste se reserve atuacións nos márxenes e en Elviña, e o Ministerio de Fomento teñen un cheiro a campaña electoral a kms de distancia, pois no respostan a un Plan Integral do Transporte Colectivo e Mobilidade. Presentanse medidas illadas umha doutra, como se cada unha de elas non tiveran nada que ver. Por umha banda ampliase a Avda Lavedra para que entren mais automóbiles, por outra, anuncian a entrada dos buses ate o centro da cidade -sen carril bus-, que, se supón, é para reducir a afluencia de automobiles privados. O resultado, ou faise unha obra para nada, ou a segunda só é un saúdo á bandeira electoralista.
3.- Nos anuncios de todos eles falase das entradas na cidade, mas non ha ningumha referencia a traxectos nos poligonos industriais que a rodean, desde Piadela ate Sabon, pasando por Agrela ou Alvedro, nin nos horarios, tendo en conta que os buses da área metropolitana terminan, como moito ás 10.30 da noite, de tal xeito que quen traballe en quenda de noite, ou ten coche ou gasta o salario en taxis. Está claro que non teñen como obxectivo resolver necesidades sociais reais, senon de cómo garantirlle ás compañias privadas, Cal Pita, Asicasa, Cia de Tranvias, Arriva,... os beneficios.
4.- Como non é un Plan Integral non parte do medio de transporte colectivo menos contaminante, mais rendible, e que coas ultimas medidas de Fomento -o que acordou co Concello a ampliación de Lavedra-, vai camiño de desaparecer, o tren de proximidades. Non podemos esquecer que a columna vertebral da área metropolitana esta atravesada por unha vía que vai de A Coruña a Ferrol e Lugo, atravesando e unindo zonas de alta densidade de poboación (perto de 800 mil habitantes).
5.- Que as medidas adoptadas non partan deste eixo ferroviario, da reivindicación dun Tren de Proximidades que leva ate o centro da cidade sen necesidade de facer ningumha obra (San Diego, cuase desmantelado, e San Cristobal), e ven de Santiago -outro imposto mais, agora de Renfe. A viaxe a Santiago, que moitos usan como proximidades, pagase a prezo de Media Distancia-, Ferrol ou Lugo atravesa ás zonas que aportan centos de coches privados á cidade: non seria mais lóxico que se estableceran estacións (que xa existen, e estan en desmantelamento ou convertidas en restaurantes) disuasorios, con horarios axeitados ás xornadas laborais e de estudo.
6.- Obviamente, este desprezo polo transporte publico e colectivo por parte de todas as Institucions non é froito nin da ignorancia nin da “mala uva” de ninguen; é froito dumha concepción politica na que o pobo traballador galego suministra man de obra para a emigración e materias primas... E para que quere un traballador ou traballadora galega e coruñesa un bo transporte publico se o que ten que facer é emigrar?. E os que teñan traballo aquí, que paguen. Mentras, as clases medias galegas chegalles con que lles fagan boas estradas ou autestradas, ampliandoas ate o infinito e máis, para chegar en 5 minutos onde lles pete; total teñen diñeiro suficinte para soster os 200 euros mensuais que costa un automobil privado.
7.- Para CV os acordos dos concellos pola racionalización do transporte colectivo son saúdos á bandeira, se non son parte dun Plan Integral de Transporte Colectivo e Mobilidade, que teña como eixo a esixencia dun Tren de Proximidades, en combinación cos diferentes medios de tranporte, no concreto os buses urbanos e metropolitanos, cun billete único para todos eles; non é preciso que entren na cidade, para chegar a todos os barrios e poligonos, con boas combinacións e horarios chega. O que se necesita é un Consorcio Metropolitano, onde esten os sindicatos, as AA Veciñais e colectivos sociais, que planifique á medida das necesidades da poboación traballadora e non dos interese da compañias privadas de transporte, beneficiarias directas das concesións, e das constructoras, beneficiarias das obras de ampliación.
8.- A clase traballadora, os estudantes, a veciñanza, o que precisa é un transporte axeitado ás suas necesidades, bo, eficaz e barato, con horarios axeitados, e ista racionalización pasa pola municipalización dos servizos; mentras manteñase o sistema de concesións privadas, esta racionalización vai ser imposible de levar adiante, pois cada empresa vai tirar para o seu interes e non para o da sociedade.
9.- Nas últimas eleccións municipais berrouse, “si se pode”; e isto significa vontade política de se enfrentar os poderes económicos e politicos que defenden a realidade actual de costes sociais e ecoloxicos, ao fomentar o automobil privado con mais estradas ou ampliacións das xa existentes. O “si se pode” non se pode transformar no “non se pode facer”, e temos que pactar cos poderes; porque só podremos, se a xente traballadora mobilizase e organizase desde os barrios e as vilas, en asembleas populares, para conquistar un Transporte Colectivo Publico, Bo, Eficaz e Barato.

Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 07-07-2016 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal