A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Solidariedade con LAURA BUGALHO |
|
Desde Corrente Vermella mostramos toda a nosa solidariedad coa compañeira Laura Bugalho que este martes 7 de xuño celébrase xuízo contra ela, onde a fiscalia acúsa-a dun suposto delito de falsificación documental continua, piendo 3 anos de carcel.
Na 2009 Laura Bugalho, sindicalista da CIG, técnica do Departamento de Migración e membro da dirección, militante desta organización desde hai 24 anos. O seu labor dentro deste departamento era atender tanto ás persoas emigrantes retornadas como a inmigrantes en cuestións laborais, tambien na escolarización de nenos e nenas, asistencia médica, vivenda, etc.
Laura axudou a destapar en 2009 un armazón que desembocou na denominada Operación Peregrino, que investigou a chegada de 57 persoas de orixe marroquí, traídas ao Estado baixo promesa dun emprego, previo pago de preto de 10.000?. Tras ser abandonadas literalmente durante un mes en Andalucía, foron reclamadas por diferentes empresas do metal galego para traballar por menos da metade do soldo que figuraba nas súas nóminas. Nesta trama, ademas do empresario estaba implicado un traballador do Centro de Información para Traballadores Estranxeiros de CC.OO e tamén alguén de Estranxeiría da comisaria de Compostela. Desde ese momento, denuncia publicamente a mafia empresarial e policial, e comenza a sufrir un acoso continuado por parte da policía, é vixiada, hai un roubo na súa casa. A policía irrompe no seu despacho da CIG, confisca o seu computador e detena durante 48 horas, onde sofre vexacións relacionas coa súa condición de trans e galego falante. O comisario xefe diríxese a ela cun "por fin collinche, Laura".
O seu historial de activista pasa por ser a cara visible do movemento trans galego, feminista, independentista, de defensa dos dereitos das persoas presas e daquelas presas políticas vinculadas á soberanía dos pobos, especialmente galego e vasco. Por mor desta traxectoria, Bugalho recibe agora o apoio de centos de colectivos e miles de persoas que, a nivel internacional, piden que a súa causa sexa desestimada xudicialmente, xa que consideran que este proceso é unha vinganza por toda esta traxectoria e concretamente por axudar a destapar a trama mafiosa que operaba en Galicia en conivencia con parte do empresariado e axentes de policía.
Este xuízo contra Laura é un máis dos centos de xuízos políticos que, desde hai anos, veñen-se producindo contra a clase traballadora e os sectores oprimidos, desde os traballadores de Vigo Carlos e Serafin, pasando polos traballadores do mar aos que lles piden 48 anos de cárcere, até Bodalo, Alfon,?, a represión e os xuízos son a resposta que desde o goberno e o réxime teñen para os movementos sociais que enfrontan os seus politicas de recortes e austeridade.
Como non é un problema individual non chega con pedir indulto a indulto, desde as organizacións sindicais, sociais e politicas a loita pasa por esixir ao novo goberno que decrete a amnistia total para todas as persoas activistas procesadas ou sancionadas por defender os dereitos laborais, sociais e políticos da poboación.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|