A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1º de maio |
|
Baixo a Unión Europea e o Rexime do 78
Goberne quen goberne, non ha direitos laborais nin sociais
Este 1º de Maio, Dia Internacional da Clase Obreira, ven marcado pola pantasma da explosión da UE, onde voltan a crescer as fronteiras e os muros, os alambres de espiño, o racismo e a xenofobia.
Tras anos de políticas de axuste e austeridade, que teñen empobrecido á clase traballadora de todo o continente, e especialmente nos estado do Sul de Europa, a UE ten dado un paso máis na sua crise e desvergoña ao asinar o Tratado con Turquia, para a deportación masiva de centos de miles de persoas refuxiadas, que fuxen das guerras e a miseria por eles provocadas.
Na Galiza, como no Estado Español, levamos ano e medio de paralise da mobilización social, co foco posto nos procesos electorais e na ?aritmetica? para a formación, ou non, dun goberno. Levamos catro meses cun goberno en ?funcións? que continúa adoptando medidas como o tratado con Turquia, negandose a dar explicacións ao suposto orgao da ?soberanía?, o Parlamento, e non pasa nada... Catro meses cun réxime corrupto desde as mais altas institucións ate o último concello, e non pasa nada. Mentras isto sucede, as cúpulas sindicais e políticas maioritarias seguen empeñadas en desmobilizar á poboación traballadora.
Neste cadro, a clase traballadora ve como os salarios seguen baixando na devaluada negociación colectiva (o convenio do metal estatal denunciado pola CIG), como a precariedade e a emigración seguen a ser a norma, como continúan os recortes no conxunto dos direitos laborais e sociais, con resultado de morte. Todo elo sostido por umha campaña de criminalización contra centos de traballadores e traballadoras que decidiron saír a loitar, con penas de prisión, con nomes que todos e todas coñecemos, como Serafín ou Carlos en Vigo, a reciente entrada na cárcere do compañeiro andaluz Andrés Bodalo ou o compañeiro madrileño, Alfon.
A UE xa amenazou hai que seguir recortando; goberne quen goberne, se non están dispostos a plantarlle cara á UE e o Réxime -todo indica que non- e dicirlles que aquí remataron as políticas de axuste e austeridade... non serán mais que un goberno de moncreques da Troika, como demonstra o exemplo da Syriza en Grecia.
O 1º de Maio hai que saír á rúa, non é unha festa, é un día de loita pola Derrogación das reformas laborais, polo Traballo para todas e todos, Sanidade e Educación 100% públicas; pola Vivenda e acabar cos desafiuzamentos.
O 1º de Maio é un día de solidariedade con todos os traballadores/as que loitan na defensa dos seus postos de traballos e os seus direitos, como as eventuais do Sergas, os bombeiros na defensa do carácter público do servizo ou, nomeadamente, a poboación traballadora viguesa na defensa do carácter público da Sanidade.
Un 1º de Maio solidario cos centos de miles de persoas refuxiadas aos que esta Unión Europea dos ricos e os banqueiros negan a máis elemental solidariedade e trátaos como gando, loitando por abrir as fronteiras para converter Europa numha terra de asilo.
Un 1º de Maio solidario cos traballadores/as e os mozos/as franceses que están a dar un gran exemplo saíndo á rúa contra a Reforma Laboral do goberno de Hollande. E solidario cos que hoxe sofren cárcere e represión por loitar: pola amnistía total.
A Unión Europea é un barco que ten moitas vias de auga froito do seu carácter de alianza capitalista contra a clase traballadora e os pobos, baixo ela é imposible garantir os direitos sociais e laborais da clase obreira e os pobos. Neste 1º de Maio temos que nos reafirmar na perspectiva da unidade internacional na loita contra o proxeto que une a todos os ?IBEX 35? de Europa, a Unión Europea dos capitais, por unha verdadeira Europa, a dos Traballadores e as Traballadoras, e dos Pobos.
O IBEX 35 e os seus representantes, o Rexime e a Xunta do PP na Galiza estan tranquilos porque as rúas estan tranquilas; saben que a ninguen se lle vai ocurrir propoñer a unica medida democrática que enfrente o problema de raíz, a convocatoria dumha Asemblea Constituinte que rompa con este Rexime corrupto.
Neste cadro temos que retomar a unidade nas loitas o camiño da mobilización, do 15M, das Folgas Xerais, do 22M e Mareas de loita que provocaron á dimisión do vello rei e unha profunda crise do Réxime, agora freado polas ilusións electorais. O camiño da organización das asembleas populares desde a base, dende os centros de traballo, institutos, universidades, barrios, para enfrentar a Unión Europea o Réxime coa ferramenta da mobilización social. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|