A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTRA O TRATADO UE - TURQUIA


DIREITO DE ASILO XA, PAPÉIS PARA TODOS E TODAS


A sinatura do Tratado da UE con Turquia para a devolución das persoas refuxiadas nos Balcanes e Grecia, polo ?módico prezo? da posibilidade da sua incorporación á UE, uns miles de millóns de euros de axudas,... so ten un nome: vergoña. Vergoña duns estados que alardean de seren civilizados e democráticos. É a demonstración do seu verdadeiro carácter, unha unidade de mercaderes e capitalistas que convirten o sufrimento de miles de persoas en moeda de cambio cun réxime, o turco, que é, entre outros, o responsable da destrucción dun país Siria e do asesenato sen rubor dos unicos que, ate o de agora, enfrentaron con éxito aos fascistas do ISIS, o pobo e as guerrilleiras kurdas.
A chegada de centos de miles de persoas expulsadas pola forza dos seus países, fuxindo das Guerras que arrasan Oriente Próximo e o mundo árabe, desde Afganistá/Iraq ate Siria, pasando por Libia ou Iemen, veñen a xuntarse ao todos aqueles que teñen que emigrar por mor da pobreza inducida do seus países. Porque non o esquezamos, os mesmos que impuxeron as políticas de austeridade en Europa, o desmantelamento dos servizos sociais públicos, coas consecuencias directas de mortes por enfirmedades das que existen vacinas como a meninxite ou a hepatite C, os que desafiuzaron familias enteiras, os que empobreceron á clase traballadora, provocando que hoxe ter un traballo fixo non é sinónimo de saír da pobreza, son os que queren se beneficiar da destrucción de paises enteiros en Africa e o mundo árabe para saquear as suas riquezas, a maior gloria dos bancos e multinacionais europeas.
Son os que manteñen un vergoñento acordo co réxime marroquino para seguir saqueando o Sahara, como o Estado Español, son os que envían forzas militares a Centroafrica, como os franceses e os belgas, para protexer o seus negocios, son os que financian ?guerrillas? para extraer riquezas en forma de coltan ou diamantes, son os que envian exercitos a Somalia para protexer o saqueo das pesquerías da zona, contra a ?piratería?, son os que, como Italia, está preparando o envio de tropas a Libia para protexer os seus intereses petroleiros, contra o que o sindicalismo combativo italiano convoca umha folga xeral para o 18 de Marzo. A clase obreira italiana da o primeir paso de pór-se ao frente da loita contra as guerras imperialistas que levan a paises enteiros á barbarie.
Estes demócratas son os que fixeron un bazar coas vidas de milleiros de refuxiados sirios, iraquianos ou afganos, a cambio de convertir Grecia e Turquia nun inmenso campo de refuxiados, onde os mais elementais direitos que din defender, os direitos dos menores a umha vida digna, das mulleres a non ter que dar a luz entre o barro e a pobreza, das persoas a umha vivenda, a un traballo, á dignidade, caen baixo a presion dos intereses dun capitalismo en crise e umhas clases medias acomodadas, onde o racismo e a xenofobia comeza a medrar.
Corrente Vermella chama á clase traballadora a solidarizarse activamente coas persoas refuxiadas, son parte da clase obreira, non por caridade cristiá, filantrópica, senon porque son explotados coma nós; como recoñece cinicamente o proprio Deustche Bank, ?son persoas que poden traballar por salarios inferiores ao salario minimo?. O capital e os seus gobernos queren man de obra barata, semiescrava, para presionar á baixa os dos nativos. A clase obreira ten que ver nas persoas refuxiadas o que son, compañeiros e compañeiras de clase: NATIVA OU EXTRANXEIRA, A MESMA CLASE OBREIRA!
As organizacións da clase obreira, sindicatos, partidos e asociacións, teñen que esixir dos seus gobernos o direito democrático básico de asilo e papéis para todos e todas; mas tamen medidas concretas de integración que rompan coa división entre nativos e estranxeiros, como a repartición do traballo, sen reducción de salarios. Europa alardea de seren a zona mais rica do mundo, e mentras os capitalistas europeos, cos españois á cabeza, teñen superbeneficios, condenan a miseria a centos de miles de persoas; se loitamos, ha traballo para todos e todas.
Hai millons de vivendas baleiras en mans dos bancos; os concellos do ?cambio? teñen a oportunidade de demonstrar ese ?cambio? nos feitos, declarando as suas ?cidades abertas ás persoas refuxiadas? e abrindo esas vivendas, gustelles ou non aos gobernos e banqueiros, non só para os desafiuzados galegos e galegas, senon para os ?desafiuzados/expulsados? do seu proprio pais, as persoas refuxiadas.
O Tratado UE Turquia so pode ser derrotado, e derrogado, se imos á raiz do problema, umha Unión Europea que non é umha Libre Unión de pobos, senon umha unidade de capitalistas para mellor oprimir e saquear; e só poñendo no centro a loita na sua contra, é posible resolver o problema das persoas refuxiadas. O espazo Schengen é umha apariencia de abolición de fronteiras, que revogan cando queren; a clase traballadora non ten fronteiras, e menos para aqueles que fuxen da guerra e a barbarie do imperialismo e de reximes criminosos como o sirio: NON Á UE ?FORTALEZA?, ABAIXO AS FRONTEIRAS.


AS POLITICAS EUROPEAS PODEN RESUMIRSE NUMHA PALABRA: XENOCIDIO
Comentarios (0) - Categoría: Internacional - Publicado o 16-03-2016 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0