A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O 24 O, todos e todas a Compostela |
|
sen traballo, sen casa, sen sanidade nin pensións, sen estudos
déixannos sen futuro e sen vida
Por moito que os gobernos do PP e os voceiros do capital repitan ata a saciedade que a economía recuperase, este 24 de Outubro, tras a convocatoria das Marchas da Dignidade, imos voltar ás rúas para esixir dos gobernos Pan, Traballo e Teito.
A tan repetida recuperación só afeta aos beneficios empresariais, comezando polos do IBEX 35, os que fai 15 dias xuntáronse na Coruña, que como din o ministro Montoro, están contentos con el. A costa dos salarios e as condicións de vida da poboación traballadora da sociedade, a riqueza dos capitalistas cresceu un 67%. A recuperación basease no incremento das desigualdades sociais, que desmente a falacia da ?política do derrame? dos gobernos do PP, segundo a cal, a riqueza acumulada polos mais ricos chegaría ao conxunto da sociedade. A realidade é xusto a contraria.
Diante dista situación, á poboación traballadora non lle queda outro camiño que a loita social, a mobilización na rúa; non depositando nengunha confianza en que umha simple mudanza de persoas nos gobernos garantan, mais aló dos programas electorais, umha outra política ao servizo das necesidades da maioría traballadora.
O rotundo NON en Grecia, que o goberno de Syriza converteu en si, demonstra que as institucións que se manteñen dentro dos marcos da Unión Europea están condenados a facer políticas de recortes e austeridade para que gañen os bancos e os empresarios.
A conquista do Pan, do Traballo e do Teito, así como a defensa da sanidade e os servizos sociais públicos ou dos direitos laborais da clase traballadora só poden garantirse enfrentando aberta e claramente os gobernos e ás institucións que aplican as medidas, e que poñen á sociedade en risco de pobreza xeralizada.
No Estado Español e na Galiza, desde o pasado ano, tras o 22M, vívemos unha situación excepcional de crise dun réxime caduco, que cristalizou na dimisión do vello rei e a tomada o cargo polo seu fillo, mais presentable e ?vendido? como a renovación.
Desde ese momento, todas as institucións e partidos do réxime, incluídos os que creceron prometendo o cambio, procuraron a paz social, o encarreiramento da mobilización social nas vías estreitas das eleccións. Mas, a sociedade real segue a se empobrecer, a perder salarios e condicións de traballo, a ver a destrución dos servizos públicos e sociais, mentres asistimos a umha bolla especulativa ao redor dos seguros privados.
O 24O é umha mobilización social que ten nos servir para artellar umha verdadeira MAREA DE UNIDADE POPULAR, para construír desde a base, desde os centros de traballo e estudo, desde os barrios e vilas, a unidade da loita social contra estes gobernos e este réxime caduco. O 24O ten que ser un paso na coordinación dos movementos sociais, da clase traballadora e a maioría social en loita contra as consecuencias da crise capitalista.
O remate da Marcha ao Obradoiro tería que se converter numha verdadeira Asemblea Popular onde se senten as bases desa Unidade. Temos que facer o posible por acordar, ?en vivo e en directo?, como imos levar a esos centros de traballo e estudo, a eses barrios e vilas, a necesidade de nos organizar en asembleas populares para loitar.
Corrente Vermella chama á participación na Marcha ao Obradoiro, o vindeiro 24O, polo Pan, polo Traballo, polo Teito, SI!... Mas tamen, na defensa dos servizos públicos e das condicións laborais da clase traballadora, pola derrogación da Reforma Laboral e o Non Pagamento da Débeda, pola desobediencia desde as institucións nas que entrou a ?nova política? da lei Mordaza, dos desafiuzamentos, etc. En fin, POLA APERTURA DE PROCESOS CONSTITUINTES QUE GARANTAN UMHA SAÍDA DE CLASE E SOCIAL Á CRISE.
Non collen medida paliativas, senon medidas radicais, que vaian á raiz do problema, o sistema capitalista e as suas institucións, os gobernos, o réxime e a Unión Europea.
UNIDADE PARA LOITAR
POLA DIMISIÓN DOS GOBERNOS
POLA RUPTURA CO REXIME DO 78 E A UE
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|