A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
diante do proceso de Confluencia |
|
Comunicado da CV diante do proceso de Confluencia
Desde a dimisión do vello rei JC o pasado ano tras as mobilizacións do 22M, onde se manifestou na rúa toda a indignación social acumulada destos anos, e que cristalizaron nas eleccions europeas, viviemos, de facto, nun proceso constituinte non declarado: ate membros destacados do rexime como Margallo, Felipe Gonzalez ou o proprio PSOE falan da necesidade de reforma-la constitución para dar encaixe a Catalunya. Só o sector da burguesía do bunker neofranquista do PP nega esta posibilidade.
Por iso, porque a realidade entra ainda que non se queira, enfrentamos procesos electorais que, goste ou non, teñen un carácter plebiscitario. A primeira son as eleccions Catalanas do 27S, a segunda, as eleccions xerais de decembro, e no final as autonomicas galegas (e bascas).
Son plebiscitarias porque a poboación traballadora galega, como a do resto do estado, poñen nelas todas as ilusións de botar ó responsable das politicas austericidas, o PP, e de rebote ao PSOE, debilitando o bipartidismo que desde os 90 goberna no Estado Español, que ven desmantelando todas as conquistas sociais e laborais dos últimos anos; nun proceso agudizado tras a explosión da crise no 2007.
Ilusións lexitimas que pon a todas as forzas politicas, a todas as persoas que están pola transformación social, na obriga de facer todos os esforzos que sexan precisos para acadar a unidade que bote o PP dos gobernos, como comezaron a facer en moitos municipios; mas que impida tamen o paso ao PSOE. Porque a cuestión non é cambiar ?cromos?; senon cambiar as políticas e para iso precisamos cambiar as institucions.
Para CV a precondición para facer outras políticas é a de romper co rexime do 78. Non existe outra maneira de facelo sen ficar atado á ?lealtade? a umha constitución, a umhas institucións que teñen demonstrado dabondo o seu carácter. Os sucesivos gobernos ?progresistas?, desde o Bipartido ate a coalición andaluza do PSOE con IU demonstra os limites ate a saciedade: mentras exista este rexime, calquera que goberne tera que facer políticas de axuste e austericidas, ainda que sexa ?por imperativo legal?. O Estado Español é parte dun concerto de estados, a UE, cuxos principios constituintes (o Tratado de Maastricht) son absolutamente neoliberais, e onde, como vimos no caso Grego, non collen outras alternativas.
As candidaturas de Confluencia deben ter claro o marco institucional no que se moven, e que rexeitan, para poder avanzar nunha confluencia de todas as persoas que estean pola ruptura co rexime do 78, polo direito a decidir a relación do pobo galego co resto dos pobos e pola derrogación de todas as medidas do PPSOE; é dicer, pola apertura dun proceso constituínte que garanta estos obxectivos. Os procesos electorais, as candidaturas unitarias, o grupo parlamentar que se constitúa teñen que nos server para acumular forzas, para preparar a loita nese camiño; non son un fin en si, senon que teñen que se encadrar numha perspectiva de transformación social máis ampla.
Esto supon construir un movimento rupturista, unitario e aberto, que extenda as asembleas de Compostela a todas as cidades, vilas e barrios da Galiza, a centros de traballo e estudo, onde construir asembleas / comisións de apoio que debatan as politicas e os principios programáticos que den o perfil á confluencia. Neste cadro de autoorganización desde a base, a elección das candidaturas teñen que se facer apartir dun debate aberto das diferentes posicions, nun proceso de primarias que escollan ás persoas que van figurar nas listaxes.
Neste camiño, CV considera que a xente da clase traballadora, os que venden a sua forza de traballo por un salario, constitúen a forza dentral na transformación social pois concentran todos os males da sociedade (desemprego, precariedade, emigración...), como defenden milleiros de sindicalistas de Castela e Madrid no Chamado a umha Candidaturas de Confluencia. Mas non son os unicos, outros sectores sociais están sendo empobrecidos polas políticas da UE e os Gobernos. A clase traballadora ten que ser o suxeito fundamental movimento rupturista na procura dumha saída de clase e social á crise.
O camiño que estamos percorrendo de reconstrucción dum discurso realmente de clasista e de esquerdas só esta comezando, é longo; os vellos e novos aparatos actúan, e teñen todo o direito a facelo, mas a cuestión non é gañar con manobras nin declaracións publicas dirixidas ao publico en xeral, para gañar unhas eleccións, senon construindo o programa da transformación socialista da sociedade.
Galiza, 12 de setembro de 2015 |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|