A debilidade é grande e a tarefa ardua, pero a necesidade histórica de construir unha alternativa global ao capitalismo é mais evidente e urxente que nunca.

O meu perfil
correntevermelha@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

chamamos á manifestación do 25 Xullo en Compostela
Un 25 de Xullo

POLA RUPTURA CO REXIME DO 78


Non ha nengumha dubida de que estamos diante dun 25X moi especial. As condicións políticas na UE e a propria crise política no Estado Español, din que este 25 X prodúcese nas portas dun tempo novo.

O ano pasado, nestas datas, escribíamos: “Tras-la dimisión de Juan Carlos e o fracaso que obtiveron no intento de plebiscitar cun “baño de masas” a Felipe VI, Corrente Vermella, (...) considera que hoxe máis que nunca é preciso avanzar no camiño da unidade para enfronta-lo réxime do 78”.

O longo deste longo ano, semellaría que estes obxectivos teñen pasado a un segundo plano. Nada máis lonxe da realidade, a profunda crise do réxime non só mantense, senon que profundase. A tomadura de pelo que foi o referendo grego, no que ao NON da poboación respostaron co SI do acordo, pon un punto e aparte numha das institucións fundamentais de soporte do réxime español, a Unión Europea. Demonstra branco sobre preto que a democracia e a soberanía non existen nos dicionarios dos dirixentes europeos, desde Merkel ate Rajoy.

Frente a esta recorrente crise, desde as mais diversas forzas estase a propor a apertura dun Proceso Constituínte. Calquera proceso constituínte que realmente queira arranxar os problemas sociais xerados pola crise do capitalismo, ten que partir do recoñecemento aberto e claro de que a clase traballadora e os pobos non collemos nesta Unión Europa, inhabitábel para a “xente decente”, nin neste réxime, que ademais de todas as contrarreformas laborais, privatizacións e desmantelamentos, ven de dar umha puntilla aos direitos democráticos mais esencias coa lei Mordaza.

Mas tamén estamos diante dun 25 de Xullo moi especial, porque en setembro Catalunya vota numhas eleccións plebiscitarias o seu futuro na “España”, e en novembro, tamen produces un plebiscito entre o “bunker” en defensa da Constitución, PP/Ciudadanos, as forzas que prantexan umha reforma da Constitución para non mudar nada (PSOE) e os que de maneira clara ou ambigua, falan dun cambio de réxime.

Para CV o que ten que unir as forzas sociais e políticas e “enfronta-lo réxime”, cara a súa ruptura, que é ten que ordenar todos os aspectos da loita política, desde a mais concreta das loitas sociais ate as candidaturas de unidade popular, cara a apertura dun proceso Constituínte que garanta o seguinte plan contra a crise:

1.- que derrogue todas as medidas do PPSOE contra a clase traballadora e os pobos.

2.- que garanta o exercicio efectivo do direito a autodeterminación da Galiza, e o resto das nacións, no cadro dumha Federación de Repúblicas.

3.- que renacionalice / nacionalice os servizos públicos privatizados, baixo control dos traballadores / as e as asociacións de usuarios/as.

4.- que nacionalice a banca e as empresas estratexicas (electricidade, transporte, auga, farmacéuticas...) baixo control obreiro.

5.- que non pague a debede publica española, creada por imposición do artigo 104 do Tratado de Maastricht.

6.- que garanta a igualdade real de xénero e raza, garantindo os direitos individuais das mulleres a un aborto libre e gratuíto, na Seguridade Social, e direitos políticos e sociais para todos e todas.

7.- que derrogue toda a lexislación represiva (lei de partidos, mordaza,...) e decrete a amnistía para todas as persoas acusadas ou condenadas por loitar na defensa da clase traballadora e o pobo.

8.- que apoie o pobo grego na súa loita contra o acordo humillante, e chame á ruptura coa UE de todos aqueles pobos afectados polo austericidio da Comisión Europea/BCE/FMI.

9.- que aposte abertamente por umha outra Europa, a dos Traballadores / as e os pobos.


Para CV conquistar a Ruptura co Réxime non supón necesariamente a apertura dun só proceso constituínte, esixindo ás nacións a “espera” os demais,... Se algumha nazon comeza o seu proceso constituínte é sumamente progresivo, pois debilita ao réxime. Mas só coa unidade da clase traballadora galega, catalana, vasca, española e mesmo europea, se pode garantir chegar o final da nosa loita, a supresión da explotación e a opresión de todo tipo.

O réxime non dará nada gratuíto, a aprobación da Lei Mordaza é a blindaxe da súas institucións en crise, por elo, non abondan as candidaturas para as institucións; só coa loita unitaria e independente da clase traballadora e os pobo conquistaremos a ansiada Ruptura co Réxime do 78.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 22-07-2015 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal